xoves, 14 de maio de 2015

Concerto a beneficio de proxectos de Mans Unidas

O vindeiro domingo día 17 de maio de 2015, ás oito da tarde, no Salón Rexio do Círculo das Artes de Lugo, celebrarase un Concerto no que intervirá a Banda Municipal de Lugo, dirixida por Rosendo Ivorra Jover, e o Orfeón Lucense, dirixido por Marcos Manuel Fernández Mosquera. 
As entradas poden adquirirse no local de Mans Unidas situado na rúa da Cruz, 1 B, 1º en horario de 11 a 13 horas, teléfono 982 25 55 67; ou no propio Círculo das Artes desde unha hora antes do concerto.
Todo o diñeiro recadado cos 5 euros de donativo que custa cada unha, será destinado aos dous proxectos que se financian este ano por parte de Mans Unidas da diocese de Lugo no terceiro mundo: o primeiro en Ghana consistente na construción dun pavillón cirúrxico, e o segundo en India de mellora da situación sanitaria en 15 pobos co 95% da súa poboación por baixo do limiar da pobreza.

En: A nosa voz 257 (14.05.2015)

mércores, 13 de maio de 2015

Concerto solidario

Como é tradicional, o Orfeón Lucense e a Banda Municipal ofrecerán dentro de poucos días un concerto benéfico a prol da organización solidaria Manos Unidas.
Será no Círculo das Artes de Lugo o próximo domingo, 17 de maio, a partir das 20'00 horas.
O programa escollido é o seguinte:
Christus factus est (Martín de Villanueva)
Qui, presso a Te (W.A. Mozart)
Dulcis Christe (Michelangelo Grancini)
Gabriel's oboe (Ennio Morricone. Da película A Misión. Arr.Paulo Rowlands)
La flor (popular asturiana. Arr. E.M. Torner)
Eu de Marín ausenteime
Os teus ollos (Letra: Curros Enríquez. Música: José Castro González "Chané")
Cando vexas (Xosé Castiñeira)
Swing Low (spiritual negro)
Bullerengue (Ritmo colombiano. Poesía: Jorge Artel. Música: J.A. Rincón)
Hallelujah (Letra e música: Leonard Cohen. Arr. Roger Emerson)