domingo, 17 de outubro de 2021

Concerto de outono

   Por invitación do Orfeón Xoán Montes este sábado concurrimos a Coral Polifónica de Agolada e ambos Orfeóns para dar un concerto de outono no Círculo das Artes.

 Ante unha gran afluencia de público, a pesar da climatoloxía adversa, cada coral interpretou o seu repertorio, comezando pola pontevedresa, dirixida por Alejandro Piñeiro. A continuación actuou o Orfeón Lucense dirixido por Marcos Fernández Mosquera e por último o Orfeón Xoán Montes baixo a batuta de Miguel Ángel Mouriz.

 Finalmente as tres corais, Coral Polifónica de Agolada, Orfeón Xoán Montes e Orfeón Lucense interpretaron xuntos, acompañados da gaita galega, a peza popular galego-portuguesa A saia da Carolina.

  Ao remate do concerto o coro anfitrión entregou sendos agasallos aos representantes das corais convidadas.

   A continuación enlazamos o tríptico  do concerto no que figuran os tres repertorios interpretados no acto así como unha breve historia das tres agrupacións corais.










mércores, 6 de outubro de 2021

Misa de San Froilán

  Como é habitual o Orfeón actuou na Misa solemne do patrón de Lugo acompañando a liturxia cos seus cantos.

   A celebración, á que asistiron as autoridades, estivo presidida por Monseñor Carrasco Rouco; o acompañamento musical de órgano correu a cargo do Mestre de Capela, Luís Varela Castiñeira e a dirección coral foi de Marcos Fernández Mosquera.

   O repertorio interpretado foi o seguinte:

   - Procesional de entrada. J. Molejón.

   - Señor ten piedade. Misa Galega. X. Castiñeira Pardo.

   - Gloria. Misa Galega. X. Castiñeira Pardo.

   - Salmo: Amósame, Señor, os teus camiños. A. Fernández León.

   - Aleluya. I. García Ramos.

   - Santo. Misa Galega. X. Castiñeira Pardo.

   - O pan do ceo. X. Portas Ferro e I. G. Ramos.

   - Non vou só. M. Carneiro e I. García Ramos.

   - Himno a San Froilán. J. Molejón.