venres, 31 de decembro de 2021

O Orfeón anima as rúas no Nadal

   Tal como estaba previsto, os días 27 e 30 de decembro saímos ás rúas da cidade para animar e acompañar con panxoliñas a vida dos lucenses.

   Percorremos os fermosos recantos do recinto histórico: Rúa de San Pedro, Rúa da Raíña, Praza Maior e Praza do Campo. Lugares con engado que coas luces e os cantos de Nadal adquiren un calor e ambiente diferente.

    Agradecemos sempre a todos os que se paran a escoitarnos a súa xentileza e  atención nestes días de ir e vir, de encontros con amigos e de paseos e xogos infantís.

   O repertorio interpretado polo Orfeón nestes días foi o seguinte:

       - En una choza. M. Praetorius.

       - Linda Noite. Popular do Algarve.

       - Noiteboa. X. Castiñeira.

       - Ya viene la vieja. Trad. español. Harm.: A. Parker e R. Shaw.

       - Nosa Señora. Recollida popular.

       - Na Noite máis fermosa. Adap.: V. R. Abeijón.

       - Adeste fideles. J. Reading.

       - Noche de Dios. F. X. Gruber. Harm.: X. Castiñeira.


Animación na rúa. Nadal 2021

   O Concello de Lugo patrocina a actividade cultural de Animación nas rúas da cidade durante os días de Nadal. A nosa formación coral participará aportando interpretacións das panxoliñas máis populares do noso repertorio coa finalidade de atraer a atención dos viandantes e facer máis belos se cabe os recantos, fermosos en si mesmos, do centro histórico de Lugo

    As distintas agrupacións vocais lucenses amenizarán a vida dos seus conveciños que o desexen nos días e horas que figuran no seguinte calendario:




luns, 27 de decembro de 2021

Concerto de Nadal 2021

   A cita habitual que tén o Orfeón Lucense con todos os seus seareiros celebrouse este ano na Catedral. Nun día que invitaba pouco a saír da casa foron numerosas as persoas que acudiron a escoitar o noso Concerto de Nadal.

  Estivo dirixido por Marcos Fernández Mosquera, o seu titular, quen artellou un repertorio moi atractivo para os ouvintes. Foi o seguinte:

    - Qué bonito niño chiquito. Cancioneiro da Colombina. Anónimo s. XV.

    - Dadme albricias. Cancioneiro de Upsala. Anónimo s. XVII. 

             Solista: Sara Pérez Cruz.

    - Drop, drop slow tears. O. Gibbons.

    - En una choza. M. Praetorius.

    - Linda Noite. Popular do Algarve.

    - Noiteboa. X. Castiñeira.

    - Ya viene la vieja. Trad. español. Harm.: A. Parker e R. Shaw.

    - Nosa Señora. 

    - Na Noite máis fermosa. Adap.: V. R. Abeijón.

    - Campana sobre campana. Popular de Andalucía. Harm.: J. L. Blasco.

    - Adeste fideles. J. Reading.

    - Los Reyes Magos. A. Ramírez e F. Luna. 

             Solistas: Dayana Pérez Brandón (charango).

                          Manuel Alejandro Varela González (guitarra).

                          Guadalupe Enríquez Parga (tamboril).










luns, 20 de decembro de 2021

Concerto e misa. Igrexa de San Froilán

    Debido á situación de pandemia que estamos a padecer o Orfeón viuse obrigado a cambiar o lugar habitual de ensaio. A parroquia de San Froilán, e en particular os seus párrocos, Gerardo Arias López e José Manuel Penela Campos, brindáronnos o seu estupendo local parroquial que vimos utilizando desde o comezo de curso. 

 Con este motivo gañamos amigos aos que agradecemos de corazón a súa xenerosidade e cos que  colaboramos cantando unha misa e ofrecendo un pequeno concerto.

 O Orfeón estivo dirixido por Marcos Fernández Mosquera, director titular, coa colaboración de Silvia Nadela Villarino en dúas das das pezas.

  Repertorio da misa:

- La Virgen sueña caminos. C. Erdozáin.

- Señor ten piedad. Misa Alrededor de tu Mesa. F. Palazón.

- Santo. Misa Pascual. X. Castiñeira.

- Cordero de Dios. A. Taulé. 

- O pan do ceo. X. Portas Ferro e Isauro G. Ramos.


Repertorio do pequeno concerto:

En una choza. M. Praetorius.

- Adeste fideles. J. Reading.

- Na noite mais fermosa. Adap.: V. R. Abeijón.

La vieja. Trad. español. Harm.: A. Parker e R. Shaw.

- Noche de Paz. F. X. Gruber. ( conxuntamente cos nenos do Coro da parroquia de San Froilán).





domingo, 19 de decembro de 2021

Clausura da novena da Virxe da Esperanza

   O Orfeón foi invitado á clausura da Novena da Virxe da Esperanza un ano máis  A misa celebrouse na igrexa da Nova e a nosa coral aportou a parte musical da cerimonia con este repertorio:

   Repertorio da misa:

    - La Virgen sueña caminos. C. Erdozáin.
    - Kirie en Re M. J.P.Lecot.
    - Alleuia. Isauro G. Ramos.
    - Santo. Misa Pascual. X. Castiñeira.
    - Agnus Dei. Misa Peuples de la Terre. J. P. Lecot.
    - Alma Redemptoris Mater. G. P. da Palestrina.
    - Hija de Sión. L. Deiss.

   Repertorio do concertiño:

    - En una choza. M. Praetorius.
    - Na noite máis fermosa. Adap. V. R. Abeijón.
    - Adeste fideles. J. Reading.
    - La vieja. Trad. español. Harm. A. Parker e R. Show.



domingo, 12 de decembro de 2021

Inauguración do Belén da Catedral

   Este Nadal a catedral estrea un novo belén. Tén novas figuras e múltiples elementos que compoñen un fermoso conxunto ubicado na Capela da Virxe do Pilar.

   O prelado da diócese, Monseñor Carrasco Rouco, bendeciu a instalación e de seguido o Orfeón ofreceu un pequeno recital de panxoliñas. Este foi o repertorio:

       - En una choza. M. Praetorius.
       - Na Noite máis fermosa. V. R. Abeijón.
       - Noche de Paz. F. X. Gruber.
    
    Monseñor Carrasco Rouco e Marcos Fernández Mosquera, director do Orfeón,  felicitaron o Nadal aos presentes, quedando así inaugurado o Nadal 2021 na Catedral lucense.


     Imaxe central do Belén

venres, 10 de decembro de 2021

Axenda Nadal 2021

Así se presenta o noso Nadal 2021. Non convén perder ningunha das citas. Non queda tempo para moito máis!!!

Enlazamos o texto agarimoso de felicitación do noso Presidente, Xulio Xiz e o cartaz elaborado con esmero pola nosa compañeira Sara Pérez Cruz.

              O Orfeón Lucense – Coro da Catedral de Lugo- celebra este Nadal cos máis  fermosos cantos desta época tan especial, dos máis diversos tempos e orixes, co denominador común de ledicia e festa polo Nacemento do Señor. 
Coas nosas cancións desexamos a todos os que nos escoiten unhas felices festas e un mellor ano 2022, agardando nel saúde e paz para todos.
Xulio Xiz

Cartaz de Nadal 2021
Autora: Sara Pérez Cruz

xoves, 9 de decembro de 2021

Misa da Inmaculada

   O Orfeón estivo presente na misa da Inmaculada Concepción celebrada na Catedral de Sta. María.

 A liturxia estivo presidida por Monseñor Carrasco Rouco, actuando como organista Xavier de Acosta e como director coral Marcos Fernández Mosquera.

  O repertorio interpretado foi o seguinte:

       - Hija de Sión. L. Deiss.

       - Kyrie en Re M. J. P. Lécot.

       - Gloria de Lourdes. J. P. Lécot.

       - Alma Redemptoris Mater. G. P. da Palestrina.

       - Santo. Misa Pascual. X. Castiñeira.

       - Agnus Dei. Misa Peuples de la Terre. J. P. Lécot.

       - La Virgen sueña caminos. C. Erdozáin.



                                                Inmaculada Concepción

                                                    (Esteban Murillo)





   


domingo, 5 de decembro de 2021

O Orfeón no Belén de Begonte

  O sábado pasado inaugurouse por quincuaxésima vez o Belén de Begonte. En 1972 Xosé Domínguez Guizán e Xosé Rodríguez Varela empezaron a traballar na idea de construir un belén coas peculiaridades dunha aldea do interior de Galicia. A idea fructificou, engadíndolle cada ano novos elementos ata o que coñecemos na actualidade, cincuenta anos despois.

  Deu comezo o acto coa presentación a cargo do noso Presidente e membro do Colectivo Egeria, Xulio Xiz, que salientou a particularidade  de dita celebración e fixo unha semblanza da historia do Belén.

   Por ser unha celebración especial e por ser o primeiro ano do seu mandato como prelado da diócese, Fernando García Cadiñanos, bispo de Mondoñedo - O Ferrol, foi o pregoeiro do nadal begontino. 

  O ilustre pregoeiro convidou aos presentes a ver o 'pequeno milagre' que é o belén cos ollos dun neno e adicoulle ao Neno que nace un poema de Manuel Regal titulado Que ben que viñeses, Xesús como acollida ao seu nacemento.

 O Orfeón dirixido por Marcos Fernández Mosquera e a banda Sons e Soños por Armando Morales puxeron o acompañamento musical ao evento, en ocasións conxuntamente.

 A nosa agrupación coral acompañou a misa  e ao final ofreceu un pequeno concerto. O repertorio foi o seguinte:

   Misa:
     - El tamborilero. K. K. Davis.  (Acomp. pola banda Sons e Soños).
     - Señor ten piedad. Misa Alrededor de tu Mesa. F. Palazón.
     - Aleluya. I. García Ramos.
     - Santo. Misa Pascual. X. Castiñeira.
     - Cordero de Dios. A. Taulé.
     - Noche de Paz. F. X. Gruber. Arr. X. Castiñeira. (Acomp. pola banda Sons e Soños)

   Concerto:
      - En una choza. M. Praetorius.
      - Linda noite. Popular do Algarve.
      - La vieja. Trad. española. Harm. A. Parker e R.Shaw.






   

   

sábado, 4 de decembro de 2021

Concerto en Pontedeume

  A Coral Polifónica de Chantada e o Orfeón Lucense foron invitados pola Coral Polifónica Eumesa para celebrar o Concerto de Santa Icía.

 O concerto tivo lugar na Igrexa Parroquial Monumental de Santiago de Pontedeume. Un amplo e fermoso templo no que se mesturan o neoclásico, o barroco e o gótico tardío e que alberga no seu interior o sepulcro de Fernando de Andrade entre outros elementos de gran valor artístico. Causounos unha moi grata impresión ver o marco no que iamos cantar, despois dunha viaxe na que o bo tempo non acompañou.

   Orfeón Lucense, Coral Polifónica de Chantada e Coral Polifónica Eumesa dirixidas por Marcos Fernández Mosquera, Marcos Fernández Varela e Xosé Paz Fernández, respectivamente, interpretaron os seus programas tal como figuran no díptico que se adxunta máis abaixo.

   Ao final do acto a coral eumesa entregou unha placa conmemorativa a unha das súas coralistas que cumpría 25 anos na formación e sendos agasallos ás agrupacións invitadas. Rematou a xornada cun ágape de confraternidade entre todos os membros.

    A continuación enlazamos o audio dunha das nosas pezas do concerto: La flor ( E. M. Torner). Pica na imaxe superior para escoitalo.