mércores, 18 de maio de 2022

Letras Galegas 2022

  Despois do parón cultural provocado pola pandemia, reanudamos, por fin, un dos actos senlleiros da nosa literatura. No eido da música, cunha xuntanza de todos os coros de Lugo na Praza Maior para honrar as Letras Galegas cantando fermosas pezas na nosa lingua.

 Cada unha das agrupacións corais interpretou dúas pezas no temprete e para finalizar todos xuntos cantamos outras dúas composicións nas escaleiras do fondo da Praza, tal como figura no programa do acto.

 Foi unha estupenda tarde de confraternización na que cantores e asistentes desfrutamos ata o final da música coral en galego. 

 Eventos así deben repetirse con este motivo e con outros porque fomentan a boa relación que xa existe entre as distintas agrupacións á vez que contribúen a que sintamos e respiremos conxuntamente  a Música todos os que somos amantes dela.

 As dúas pezas interpretadas polo Orfeón Lucense foron dirixidas por Marcos Manuel Fernández Mosquera e Silvia Nadela Villarino, respectivamente:

     - Canto de berce para unha princesa negra. A. R. Sabanés.

     - Ao pasar por Camariñas. Trad. galega. Arr.: Julio Domínguez.


  Na imaxe un momento da actuación conxunta de todos os coros no fondo da Praza Maior: