domingo, 21 de agosto de 2022

O Orfeón busca novas voces

 O Orfeón Lucense prepárase para comezar un novo curso. Os obxectivos que nos propoñemos acadar este ano requiren recursos humanos en número e diversidade suficientes. Precisamos cantores masculinos principalmente, aínda que as voces  femininas serán benvidas.

 Se che gusta a boa música coral traballada con rigor á vez que de forma amena, ven presenciar un ensaio calquera martes despois do día 6 de setembro ás 19:30 no local parroquial de San Froilán e, se che gusta, fai unha sinxela proba de canto para poder pertencer ao noso colectivo.

 Anímate¡!!Seguro que será unha experiencia positiva e gratificante.

 A continuación enlazamos o anuncio publicado en El Progreso para tal fin.




martes, 16 de agosto de 2022

Misa de Nosa Señora

  Presidida polo prelado da diócese, monseñor Carrasco Rouco, e coa asistencia de distintas autoridades e numerosos fieis celebrouse a misa solemne de Nosa Señora dos Ollos Grandes, padroa da cidade de Lugo.

  O Orfeón Lucense dirixido por Marcos Fernández Mosquera, fiel á súa cita, puxo música á solemnidade acompañado por Xavier de Acosta ao órgano.

  O repertorio interpretado foi o seguinte:

   - Himno a la Virgen de los Ojos Grandes. J. Ortiz Peña.

   - Kyrie en Re Majeur. J. P. Lécot.

   - Gloria de Lourdes. J. P. Lécot.

   - Aleluya.I. García Ramos.

   - Ave María. T. L. de Victoria.

   - Sanctus de Lourdes. J. P. Lécot.

   - Agnus Dei. Messe Peuples de la terre. J. P. Lécot.

   - Hija del pueblo. A. Taulé.

   - O salutaris hostia. P. de la Rue.

   - Salve Regina. Gregoriano.

   

   Rematada a cerimonia, celebrantes, asistentes e Orfeón trasladámonos ao camarín da Virxe dos Ollos Grandes onde unha concelleira presentou unha ofrenda floral á padroa mentras o coro interpretou a cantiga nº 72 de Afonso X O Sabio, Da que Deus mamou, na que se narra o milagre da curación dunha muller tolleita atribuído á Virxe e acontecido en Lugo.

   Na imaxe, un momento da actuación do Orfeón Lucense.