Falta ben pouco para que dé comezo o XI Festival Internacional de Órgano do Corpus Christi que xa é unha respectada e celebrada tradición na cidade de Lugo, na que se trata de salientar a beleza e grandiosidade da música para este instrumento e a gran calidade sonora dos órganos da nosa Catedral.
O Orfeón Lucense aceptou a invitación e participará ofrecendo un repertorio complexo e fermoso que brindaremos encantados aos nosos seareiros o vindeiro luns, 16 de xuño, na Catedral de Sta. María, compartindo o concerto que protagonizará Stanislav Surin, organista da catedral de Bratislava (Eslovaquia).
Estamos moi ledos por formar parte deste evento e convidamos aos lucenses a asistir a todos os magníficos concertos desta edición.
Na imaxe unha reseña do xornal El Progreso do 5/06/2025 na que aparece Stanislav Surin ao órgano xunto co resumo das actuacións que conformarán o Festival deste ano.
Ningún comentario:
Publicar un comentario