venres, 29 de decembro de 2023

Corais de Nadal

    Baixo o patrocinio da Deputación Provincial e Tradigalu vén sendo habitual desde hai anos a animación das rúas lucenses  durante o Nadal a cargo das agrupacións corais da cidade. Nesta ocasión o programa botou a andar coa nomenclatura de Corais de Nadal.

   O Orfeón deu resposta á convocatoria cultural, como acostuma, actuando os días 26 e 28 de decembro cantando panxoliñas de distintas épocas e lugares de procedencia nos emprazamentos do centro histórico que lle foron asignados. 

   Na primeira das datas actuamos na rúa da Raíña e na rúa de San Pedro e na segunda na Praza de Santo Domingo e na Praza Maior. En ambos casos o repertorio foi o seguinte:

   - Gaudete. Piae Cantiones. S. XVI.

     Solistas:

       Carlos Rodríguez Otero

       Carlos Sánchez Carrera

       Abraham Sánchez Pujante

     Percusión:

       Guadalupe Enríquez Parga

   - Es ist ein´Ros´entsprungen. M. Praetorius. S. XVI-XVII.

   - Ecce novum gaudium. 17th century Scottish song-books.

   - Eu hei-de m´ir ao presépio. M. de Sampaio Riveiro. S. XIX-XX.

   Natal de Elvas. (O Menino que nasceu). M. de Sampaio Riveiro. S. XIX-XX.

   - One horse open sleigh. J. Pierpont. S. XIX.

        Solista: 

                Francisco Javier Pérez-Schofield

        Percusión:

                Guadalupe Enríquez Parga

    - Na noite máis fermosa. J. E. Spitman. Adap. V.R.Abeijón.

    - Chiquirriquitín. Pop. de Córdoba. Harm. O. Martí.

    - Noche de Dios. F. X. Gruber / Arr. J. Castiñeira. S. XIX-XX

    - Adeste fideles. J. F. Wade. S. XVIII.

   Este ano tivemos a sorte de contar en varias pezas coa colaboración inestimable de dous frautistas membros do Orfeón, David Ocón Ruiz e Abraham Sánchez Pujante, que interpretando acompañamentos, preludios ou interludios contribuiron de maneira especial  a facer máis rica a intervención do coro no nadal lucense.

   Na imaxe un momento da actuación na rúa San Pedro.






   


      


sábado, 23 de decembro de 2023

Concerto de Nadal 2023

   O 22 de decembro tivo lugar na Catedral o concerto de Nadal que o Orfeón Lucense, dirixido por Marcos Fernández Mosquera, acostuma a ofrecer nestas datas.

 Dada a situación sociosanitaria e climatolóxica, bastantes membros da agrupación estaban afectados por doenzas respiratorias que non facilitaron o noso cometido, pero aínda así puidemos ofrecer o mellor de nós mesmos aos nosos seareiros cantando un repertorio variado no espazo e no tempo:

   - Gaudete. Piae Cantiones. S. XVI.

      Solistas:

              Abraham Sánchez Pujante

              Silvia Nadela Villarino

              Carlos Sánchez Carrera

      Percusión:

               Guadalupe Enríquez Parga

   - Los Reyes siguen la estrella. F. Guerrero. S. XVI.

   - Es ist ein´Ros´entsprungen. M. Praetorius. S. XVI-XVII.

   - Ecce novum gaudium. 17th century Scottish song-books.

   - Eu hei-de m´ir ao presépio. M. de Sampaio Riveiro. S. XIX-XX.

       Solistas:

               Ana Manuela de Acebedo

               Abraham Sánchez Pujante

               Silvia Nadela Villarino

               Nuria Fernández Álvarez

   - Natal de Elvas. (O Menino que nasceu). M. de Sampaio Riveiro. S. XIX-XX.

   - Christmas Lullaby. J. Rutter. S. XX-XXI.

   - O Magnum Mysterium. Evan Ramos. S. XX-XXI.

   - One horse open sleigh. J. Pierpont. S. XIX.

        Solista: 

                Francisco Javier Pérez-Schofield

        Percusión: 

                 Guadalupe Enríquez Parga

   - Na noite máis fermosa. J. E. Spitman. Adap. V.R.Abeijón. 

   - El tío Pascual. C. Vila de Forns. S. XIX-XX.

   - Chiquirriquitín. Pop. de Córdoba. Harm. O. Martí.

      

   Na imaxe un momento da actuación.







   

   

    

Proxecto ´Cantamos´ no Auditorio de Galicia

   O 21 de decembro, tal como se dixo nun post anterior, tivo lugar en Santiago de Compostela un concerto colaborativo de dez coros galegos dirixidos por Javier Fajardo e acompañados pola Real Filharmonía de Galicia.

   O proxecto´Cantamos´, que botou a andar en setembro convocando ás corais que estiveran interesadas nel, foi traballado de maneira individual en cada agrupación e posto en común en tres ensaios no Auditorio de Galicia, dous deles vocais con acompañamento de piano e o último coa orquestra.

   Participamos neste acto as seguintes agrupacións:

   - Orfeón Terra a Nosa
   - Grupo Vocal Sólo Voces
   - Coral Harmonía Stellae
   - Coro de Cámara Thalassa
   - Coral Polifónica Salcedo
   - Coro do Hospital de Lugo
   - Coro Fingoi
   - Orfeón Lucense
   - Coro Asubío
  -  Coro de adultos da Escola Municipal de Música de Santiago

   O chamamento foi respondido coa asistencia duns 270 coralistas, cuxa colocación na escea requeriu unha instalación de gradas, quizáis nunca experimentada no Auditorio, rodeando as tres paredes que conforman o espazo de actuacións. Merece ser felicitada a persoa que organizou tanto o emprazamento dos cantores como os movementos de entrada e saída na escea pola precisión e rapidez coa que se executaron.

   As obras interpretadas foron:

   - Fidelio. Obertura. L. van Beethoven.
   - Misa em honra do Apóstolo Santiago. Xoán Montes. Arr. Joam Trilho.
   - Merry Christmas Beethoven. Juan Durán.

   Abriu o concerto a Real Filharmonía coa Obertura de Fidelio que deu paso ás obras corais todas elas seguidas con gran atención por un numeroso público que encheu o aforo.

  Cabe destacar a sonoridade de toda a Misa de Xoán Montes e a emotividade do Benedictus interpretado sotto voce sen acompañamento orquestral. En canto á obra de Juan Durán, encantounos a idea de artellar panxoliñas universais sobre melodías de Beethoven ben coñecidas para rematar cun FELIZ NAVIDAD!!! sonorísimo de todos os participantes.

   Merece unha mención especial quen organizou todo este complexo proxecto, Javier Fajardo, pola súa valía persoal e profesional, pola idea de achegar aos coros amateurs á profesionalidade dunha gran orquestra como é a Real Fliharmonía e pola afabilidade e a cercanía coa que fomos tratados en todo momento.

   Ao remate da actuación foron chamados á escea os directores de todos os coros e Juan Durán, compositor de Merry Christmas Beethoven, que foron obsequiados co aplauso dos asistentes.

   Non é fácil expresar con palabras a emoción de formar parte deste acto nun marco tan memorable e percibir a vibración de cada son que emitimos  potenciado polas distintas harmonías vocais e instrumentais de tantos músicos e cantores.

    Sentímonos moi recompensados polo noso traballo e esperamos que haxa unha nova ocasión.

    A imaxe corresponde ao momento final do concerto no Auditorio de Galicia.




   


   

   

   

   
 


   

   

   

martes, 19 de decembro de 2023

Misa de clausura da novena da Virxe da Esperanza

   O 18 de decembro celébrase a clausura da novena da Virxe da Esperanza na igrexa da Nova. Este ano tamén o Orfeón acudiu á cita para cantar esta misa.

   Nesta ocasión o repertorio foi o seguinte:

   - Hija del pueblo. (Letra adaptada por Ángeles R. Fontela) L. Deiss.

   - Kyrie. Misa de Lourdes. J. P. Lécot.

   - Aleluia dit Irlandais. L. Deiss.

   - Ave Verum. J. P. Lécot.

   - Sanctus. Misa de Lourdes. J. P. Lécot.

   - Cordero de Dios. Messe Peuples de la Terre. J. P. Lécot.

   - Na noite máis fermosa. J. L. Abeijón.

   - Adeste fideles. J. F. Wade / J. Reading.

   

   Para finalizar, dada a proximidade das datas navideñas, o Orfeón obsequiou aos presentes con tres panxoliñas:

   - Noche de Dios. F. X. Gruber. Adap. J. Castiñeira.

   - Natal de Elvas. Trad. portuguesa.

   - Chiquirriquitín. Pop. de Andalucía.


                  
                                          Imaxe da Igrexa da Nova


   

Misa da Inmaculada 2023

   Ás 13:00 h. deu comezo na Catedral a misa da Inmaculada, presidida polo prelado da diócese D. Alfonso Catrasco Rouco, asistido por varios coengos, con D. David Varela como salmista, D. Luís Varela Castiñeira como organista e o Orfeón Lucense dirixido por Marcos Fernández Mosquera no coro aportando a parte musical.

    O repertorio  para esta ocasión foi o seguinte:

  - ¡Qué hermosa sois! F. Schubert.

  - Señor ten piedad. Misa Alrededor de tu Mesa. F. Palazón.

  - Gloria. Misa Alrededor de tu Mesa. F. Palazón.

  - Cantad al Señor un cántico nuevo. Salmo.

  - Aleluya. I. García Ramos.

  - Ave María. T. L. de Victoria.

  - Hija de Sión. L. Deiss.

  - Ave Verum. W. A. Mozart.

  - Salve Regina. Gregoriano.




                         Detalle da imaxe de Nosa Señora dos Ollos Grandes