Amosando publicacións coa etiqueta Coros por la Paz. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Coros por la Paz. Amosar todas as publicacións

luns, 28 de marzo de 2022

Coros pola Paz

 Coros por la Paz é unha iniciativa que naceu coa pretensión de unir a través da Música a persoas de toda Europa no desexo de que termine a guerra de Ucraína e todas as demais guerras que existen no mundo. 

  A idea era que o sábado 27 de marzo ás 12:00 toda Europa entoase o canon de Mozart Dona Nobis Pacem.

  Os coros de Lugo non podían faltar e entre eles o Orfeón Lucense. Todos reunidos na Praza de Santa María á hora convida, dirixidos por Pablo Rico Echegaray, cantamos coa voz e o corazón nun acto de gran respecto e emoción para facer realidade o desexo de PAZ.

 Enlazamos o vídeo do momento.