domingo, 16 de agosto de 2020
xoves, 13 de agosto de 2020
Concentus Lucensis. Bach
Formando parte do Concentus Lucensis, membros das agrupacións corais Sólo Voces e Orfeón Lucense e a soprano Lidia Basterretxea, dirixidos por Fernando G. Jácome, interpretaron na catedral de Sta. María unha selección de cantatas de J. S. Bach, alternándose con versións instrumentais ofrecidas polo organista Giulio Mercati.
Eis o repertorio vocal:
- An Wasserflüssen Babylon
- Sollt'ich meinen Gott nicht singen
- Herzlich tut mich verlangen
A continuación enlazamos o vídeo da que figura en segundo lugar.
domingo, 9 de agosto de 2020
I Festival da Asunción
Este ano celébrase en Lugo do 10 ao 12 de agosto o I Festival Musical da Asunción. Trátase dunha serie de eventos musicais que teñen como obxectivo poñer de relevo a música sacra nas súas diferentes manifestacións.
O día 10 actuarán na catedral as sopranos Marina Malvasi e Lidia Basterretxea acompañadas ao órgano por Giulio Mercati, interpretando un programa adicado principalmente á liederística sacra romántica, con amplas referencias marianas.
E os días 11 e 12 serán dous coros lucenses, Sólo Voces e Orfeón Lucense, compoñentes maioritarios do Concentus Lucensis, os que poñan o son da marabillosa polifonía de J. S. Bach na noite da cidade.
Inserimos aquí o cartel anunciador do Festival.