Amosando publicacións coa etiqueta Vodas de Ouro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Vodas de Ouro. Amosar todas as publicacións

luns, 30 de xaneiro de 2023

Vodas de Ouro en Castelo

 Unha voda sempre é motivo de celebración, canto máis se falamos das vodas de ouro. Este último sábado de xaneiro tivemos a honra de ir cantar por esta circunstancia para Marina, Víctor e os seus convidados á igrexa parroquial de Castelo (Outeiro de Rei).

 Nunha mañá fría, de ceo luminoso, chegamos á fermosa  igrexa, un templo pequeno e acolledor, con tempo suficiente para ver a maneira de acomodarnos no seu coro e facer as probas de son pertinentes.

 Á hora acordada chegaron os noivos e acompañantes e deu comezo a cerimonia que estivo colmada de momentos emotivos e graciosos, especialmente nos parlamentos do oficiante e dos contraíntes.

  O repertorio elixido por Marcos Fernández Mosquera para este acto foi o seguinte:

  - Ven, Señor, ás nosas almas. L. de Olano.

  - Señor ten piedad. Misa Alrededor de tu Mesa. F. Palazón.

  - Aleluia dit irlandais. J. P. Lécot.

  - Deus do universo. L. de Olano.

  - Santo. Misa Pascual. X. Castiñeira.

  - Cordero de Dios. Misa Alrededor de tu Mesa. F. Palazón.

  - Pescador de hombres. B. Corona.

  - Cantico dell' Agnello. M. Frisina.


  Unha vez finalizada a emotiva cerimonia, os compoñentes do Orfeón achegámonos a Uriz para degustar un xantar de confraternidade.

  Máis abaixo acompañamos dúas instantáneas deste día en Castelo.