venres, 26 de abril de 2019

In memoriam: Manuel María Castiñeira Pardo

Vimos de despedir ó Ilmo. Sr. D.  Manuel María Castiñeira Pardo, coengo máis antigo da Santa Igrexa Catedral Basílica e irmán de D. José Castiñeira Pardo, refundador do Orfeón Lucense e Prefecto de Música da Catedral ata o seu falecemento.
Despois de case medio século de adicación total á garda e custodia deste templo, D. Manuel descansa no cemiterio capitular do mesmo.

O Orfeón acompañou a solemne cerimonia de funeral na que interpretou as seguintes composicións:
  • Salmo
  • Interleccional (José Castiñeira)
  • Santo. Misa Pascual. (José Castiñeira)
  • Cordero de Dios. Misa Pascual (José Castiñeira)
  • Yo soy el pan de vida (Suzanne Toolan)
  • Más cerca, oh Dios (Lowell Mason)
O Excmo. Sr. Bispo e  o Ilmo. Sr. D. Luís Castiñeira, sobriño do coengo extinto, pronunciaron emotivas palabras na honra de D. Manuel. Enlazamos aquí a semblanza que o noso Presidente, Xulio Xiz, adicou en nome do Orfeón Lucense ó finado.


                                      Imaxe tomada de La Voz de Galicia

xoves, 25 de abril de 2019

350 anos da Ofrenda do Antigo Reino de Galicia ao Santísimo

O colectivo Egeria co apoio da Xunta de Galicia organiza a Exposición 350 anos da Ofrenda do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado.

Esta Ofrenda é un acto solemne que tén lugar na Oitava do Corpus na Catedral de Lugo e correspóndelle facela cada ano a unha das cidades que compoñían o Antigo Reino de Galicia:  A Coruña, Lugo, Ourense, Mondoñedo, Betanzos, Santiago e Tui,

Dirixida polo presidente do Orfeón Lucense, Xulio Xiz e coordinada por Antonio Giz, baixo a asesoría histórica de Marcos Calles, mostra en 12 paneis dobres diversas fotografías e gravados alusivos aos 350 anos do inicio do proceso que deu lugar á Ofrenda, así como unha antoloxía de textos poéticos sobre o Santísimo escritos por Valentín Lamas Carvajal, Díaz Castro, María Rosa de Vega Araújo, Calderón de la Barca, Evaristo Correa Calderón e Manuel Rodríguez López, entre outros.

A exposición pode visitarse do 16 ao 30 de abril, de 8:30 a 20:15 na Biblioteca Pública Miguel González Garcés de A Coruña.





luns, 22 de abril de 2019

Semana Santa 2019: Domingo de Pascua de Resurrección

Nesta solemne celebración o Orfeón interpretou o seguinte repertorio:
  • Jesús nuestra Pascua (CLN)
  • Cantemos al Amor de los Amores (I.B. de Sagastizábal)
  • Gloria, Santo e Cordero de Dios. Misa Pascual. (J. Castiñeira)
  • Rocíame, Señor (A. Bravo)
  • Este es el día en que actuó el Señor (LDS 129)
  • Aleluya (I.G. Ramos)
  • Amén (A. Hoese)
  • Yo soy el pan de vida (M. S. Toole)
  • Reina del cielo (J. Castiñeira)

domingo, 21 de abril de 2019

Semana Santa 2019: Vixilia Pascual

Á hora prevista comezou a Vixilia Pascual do Sábado Santo coa bendición do lume e da auga no atrio da Catedral. De seguido a procesión polo interior ata o altar maior onde continuou a celebración durante a cal interviu o Orfeón co seguinte repertorio:

  • Gloria. Misa Alrededor de tu mesa. (F. Palazón)
  • Aleluya (Estévez)
  • Rocíame, Señor (A. Bravo)
  • Cristo resucitado (S. Toolan)
  • Non nobis domine (A. Burrows)
  • Santo (F. Palazón)
  • Cordero de Dios. Misa Alrededor de tu mesa. (F. Palazón)
  • Nós tamén imos resucitar (X. Portas Ferro)
  • Más cerca, oh Dios (L. Mason)

sábado, 20 de abril de 2019

Semana Santa 2019: Venres Santo

Nos oficios deste Venres Santo colaboramos musicalmente cos seguintes cantos:

  • Padre, a tus manos (LDS 112)
  • Christus factus est (M. Villanueva)
  • Pasión según S. Juan (J: Castiñeira)
  • Mirad el árbol de la Cruz
  • Victoria, tu reinarás (CLN)
  • Gustad y ved (CLN)
  • Tradiderunt me (T. L. de Victoria)

venres, 19 de abril de 2019

Semana Santa 2019: Xoves Santo

O Orfeón Lucense acompañou os oficios do Xoves Santo celebrados na Catedral de Santa María interpretando o seguinte repertorio:


  • El cáliz que bendecimos (F. Palazón)
  • A palabra do Señor (J. Castiñeira)
  • Jesús el Señor (J. Castiñeira)
  • Vero amor è Gesù (anónimo)
  • Un mandamiento nuevo (CLN)
  • Sanctus (T. Aragúes)
  • Amen Doxología (A. Hoese)
  • Cordero de Dios (A. Taulé)
  • Pan de vida nueva (M. Frisina)
  • Sicut cervus (G.P. da Palestrina)
  • Pange lingua
  • Alabado sea el Santísimo
  • Tantum ergo

domingo, 14 de abril de 2019

Semana Santa 2019: Domingo de Ramos

Pasadas as 11:30, despois da bendición dos ramos, comezou a Misa na que o Orfeón interpretou o seguinte repertorio:


  • Dios mío, Dios mío (salmo)
  • Cristo por nosotros (F. palazón)
  • In Monte Oliveti (Jouzas Naujalis)
  • Sanctus. Missa brevis St. Joannis de Deo. (J. Haydn)
  • Amén Doxología. (A. Hoese)
  • Cordero de Dios. Misa Alrededor de tu mesa. (F. Palazón)
  • Hágase tu voluntad (I. Yepes)
  • Cristo al morir tendea (Marc´Antonio da San Germano)

sábado, 13 de abril de 2019

Semana Santa 2019: Vía Crucis

Por primeira vez o Orfeón Lucense acompañou cos seus cantos a celebración dun Vía Crucis na Catedral. O acto comezou no adro, continuou o seu percorrido polas naves laterais e finalizou cunha representación do Auto da Paixón de Cristo no claustro a cargo dun grupo de fregueses das parroquias de Antas de Ulla e S. Miguel de Esporiz-Monterroso.

O Orfeón interpretou o seguinte repertorio:
    - In Monte Oliveti (Jouzas Naujalis)
    - Tradiderunt me (Tomás Luis de Victoria)
    - Cristo al morir tendea (Fra Marc' Antonio da San Germano)
    - Stabat Mater (Zoltán Kodaly)


Imaxe tomada de Facebook. Jesús Burgo. Semana Santa 2019

mércores, 10 de abril de 2019

Semana Santa 2019: Concerto no Pregón

Esta tarde no Círculo das Artes o Orfeón interpretou o preludio musical á Semana Santa lucense. Asistiron diversas autoridades civís e eclesiásticas, ante as cales cantou o repertorio que xa se mencionou no post anterior. 

A continuación D. Federico Fernández de Buján, Doutor en Dereito Romano e membro da Real Academia de Doutores de España pronunciou o Pregón sobre a vida e Paixón de Xesucristo desde o punto de vista do Dereito.

Aquí unha imaxe da actuación, tomada de www.circulodelasartes.org


venres, 5 de abril de 2019

Semana Santa 2019: Pregón

Estamos a punto de entrar na Semana Santa. O Orfeón, como todos os anos, intervirá nos diferentes actos que están programados. O primeiro deles será o Pregón de Semana Santa que este ano será pronunciado por Federico Fernández de Buján, Doutor en Dereito Romano e membro da Real Academia de Doutores de España.
O acto terá lugar no Círculo das Artes o mércores 10 de abril ás 20:30 h. Eis o cartel e o programa do concerto:





xoves, 4 de abril de 2019

Semana Santa 2019

Vén de presentarse o cartel e o programa da Semana Santa 2019. O Orfeón Lucense acompañará musicalmente os actos e oficios máis importantes. Para máis información, consultar o programa picando no cartel que figura a continuación: