domingo, 30 de decembro de 2018

Nadal na rúa 2018

Participamos na actividade Nadal pola provincia, organizada pola Deputación de Lugo, animando a rúa cos nosos cantos o 28 de decembro na Porta do Bispo Aguirre, na Praza Maior e na Praza de Santa María. Aquí as imaxes:





venres, 28 de decembro de 2018

Solistas do Concerto de Nadal 2018 (2)

Continuamos cos nosos solistas do Concerto de Nadal:


Sara Cruz e Silvia Nadela, sopranos. Divertiron e sorprenderon aos presentes interpretando con boa impostación e expresividade o Duetto buffo di due gatti de Gioachino Rossini. Estiveron acompañadas ó piano por Carlos Rodríguez, aportando entre os tres a nota máis humorística do concerto.







Marcos Manuel Fernández Mosquera, director do Orfeón Lucense. Ademais das funcións propias do seu cargo, interpretou coa súa voz cálida e expresiva un vilancico con texto tomado do folklore español que adaptou e compuxo o portorriqueño Amaury Veray. O seu título, Villancico yaucano. Ó piano, Carlos Rodríguez.





Nacho Samena,
pianista e mago. Actuou como pianista acompañante en diversas pezas e ademais púxolle o acento máxico ó noso Nadal. Co fondo musical do Hallelujah de Leonard Cohen cantado polo Orfeón, asombrou aos asistentes facendo xurdir da nada a iluminación dunha árbore de Nadal.





xoves, 27 de decembro de 2018

Solistas do Concerto de Nadal 2018 (1)

Sempre nos gusta destacar por mérito propio aos nosos solistas. Neste Concerto de Nadal participaron, por orde de intervención, os seguintes:

Javier Rodríguez, baixo. Acompañado polas voces femininas do Orfeón interpretou na súa tesitura profunda e ben timbrada Noites frías de Nadal, unha bela melodía rusa arreglada por Aleksandr Sveshnikov para a que adaptou unha fermosa letra Toño Núñez, poeta, prosista e docente, a quen agradecemos a súa colaboración.






Carlos Rodríguez, pianista e violinista. Estreou unha peza delicada e complexa composta por el mesmo para esta ocasión titulada El Nacimiento de Jesús que interpretou ó violín con sensibilidade e virtuosismo.








Javier Schofield, tenor. Deleitounos como acostuma cunha das súas mellores interpretacións. Esta vez foi Annie´s song, precioso tema folk rock e country dos anos setenta con letra e música de John Denver. Acompañouno ó piano Nacho Samena.


martes, 25 de decembro de 2018

Novas incorporacións ó repertorio

Inserimos aquí os vídeos dalgunhas pezas que foron estreadas no Concerto de Nadal celebrado o pasado día 22 de decembro na igrexa da Nova. En primeiro lugar unha peza escrita e composta por Larry Sue titulada I see the power of God:


 
Gabriel, el Ángel é unha melodía inglesa con arreglo de Edgar Pettman que foi traducida para o Orfeón Lucense por Carlos Rodríguez, violinista e pianista galego residente en Bristol (Reino Unido):

 
   
   
       Para rematar, unha cantiga de Nadal tradicional do Algarve, Linda noite:

mércores, 19 de decembro de 2018

Programa do Concerto de Nadal 2018

Este é o programa co que vos felicitaremos estas festas se asistides ó noso Concerto de Nadal o vindeiro sábado, día 22 de decembro, ás 20:30 h  na Igrexa da Nova. ESTADES CONVIDADOS E CONVIDADAS!!!! Merece a pena!!!


martes, 11 de decembro de 2018

Reseña e recoñecemento

Queremos agradecer a Ramón Cabarcos las bonitas palabras que nos dedica en la prensa de hoy. Seguiremos disfrutando de la música coral!!!!!!! que queda mucho y bueno.
In bocca al lupo, compañeros





El Progreso (11.12.18)

domingo, 9 de decembro de 2018

Concerto de Nadal do Orfeón Lucense

O próximo 22 de decembro, sábado, ás 20,30 h., o Orfeón Lucense ofrecerá o seu tradicional Concerto de Nadal, na igrexa de Santiago-A Nova, ao que invita a todos os lucenses.

O Orfeón, Coro oficial da Catedral de Lugo, que estará dirixido polo seu titular, Marcos Fernández Mosquera, ofrecerá un recital con panxoliñas do folclore galego e de todo o mundo, no que a agrupación estará acompañada por Carlos Rodríguez, violinista galego residente en Bristol (Reino Unido), colaborador do Orfeón nestes últimos anos, que viaxa á capital lucense para disfrutar das vacacións de Nadal.
Dúas actuacións máis ofrecerá o Orfeón aos  lucenses antes do remate do ano, xa que o próximo 27 de decembro, dentro da campaña “CANTOS DE NADAL 2018” que promove a Deputación Provincial de Lugo,  cantará a misa vespertina (19,30h.) e dará un recital de cantos de Nadal na igrexa parroquial de A Milagrosa, e o 28, ás 20,00h. cantará panxoliñas polo centro da cidade.

venres, 7 de decembro de 2018

Solidariedade



Como en anos anteriores, o Orfeón Lucense participará en Polifonía por Kilos, a campaña solidaria de recollida de alimentos, cantando o próximo domingo, 9 de decembro, ás 12.30 na parroquia de San Francisco Xavier, e primeiro lugar a misa, e a continuación un concerto, segundo o seguinte repertorio: 

MISA

Señor, ten piedad (Palazón)
Sanctus (Schubert)
Cordero de Dios (Taulé)
Ven, Señor, ás nosas almas
Más cerca, oh, Dios, de Ti 

CONCERTO

Gabriel, el Ángel del Señor
Linda noite
Meu amor é mariñeiro (Alegre-Pousa-Rivas)
Aurtxuo Seaskan (Olaizola-Sagarzazu)
Perhaps love (John Denver)
Ó linda rama (Popular portuguesa, arr. Adelino Martins)
Chantez alleluia! (Dave e Jean Perry)