Sara Cruz e Silvia Nadela, sopranos. Divertiron e sorprenderon aos presentes interpretando con boa impostación e expresividade o Duetto buffo di due gatti de Gioachino Rossini. Estiveron acompañadas ó piano por Carlos Rodríguez, aportando entre os tres a nota máis humorística do concerto.
Marcos Manuel Fernández Mosquera, director do Orfeón Lucense. Ademais das funcións propias do seu cargo, interpretou coa súa voz cálida e expresiva un vilancico con texto tomado do folklore español que adaptou e compuxo o portorriqueño Amaury Veray. O seu título, Villancico yaucano. Ó piano, Carlos Rodríguez.
Nacho Samena, pianista e mago. Actuou como pianista acompañante en diversas pezas e ademais púxolle o acento máxico ó noso Nadal. Co fondo musical do Hallelujah de Leonard Cohen cantado polo Orfeón, asombrou aos asistentes facendo xurdir da nada a iluminación dunha árbore de Nadal.

Ningún comentario:
Publicar un comentario