Amosando publicacións coa etiqueta Nadal 2021. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Nadal 2021. Amosar todas as publicacións

venres, 31 de decembro de 2021

O Orfeón anima as rúas no Nadal

   Tal como estaba previsto, os días 27 e 30 de decembro saímos ás rúas da cidade para animar e acompañar con panxoliñas a vida dos lucenses.

   Percorremos os fermosos recantos do recinto histórico: Rúa de San Pedro, Rúa da Raíña, Praza Maior e Praza do Campo. Lugares con engado que coas luces e os cantos de Nadal adquiren un calor e ambiente diferente.

    Agradecemos sempre a todos os que se paran a escoitarnos a súa xentileza e  atención nestes días de ir e vir, de encontros con amigos e de paseos e xogos infantís.

   O repertorio interpretado polo Orfeón nestes días foi o seguinte:

       - En una choza. M. Praetorius.

       - Linda Noite. Popular do Algarve.

       - Noiteboa. X. Castiñeira.

       - Ya viene la vieja. Trad. español. Harm.: A. Parker e R. Shaw.

       - Nosa Señora. Recollida popular.

       - Na Noite máis fermosa. Adap.: V. R. Abeijón.

       - Adeste fideles. J. Reading.

       - Noche de Dios. F. X. Gruber. Harm.: X. Castiñeira.


Animación na rúa. Nadal 2021

   O Concello de Lugo patrocina a actividade cultural de Animación nas rúas da cidade durante os días de Nadal. A nosa formación coral participará aportando interpretacións das panxoliñas máis populares do noso repertorio coa finalidade de atraer a atención dos viandantes e facer máis belos se cabe os recantos, fermosos en si mesmos, do centro histórico de Lugo

    As distintas agrupacións vocais lucenses amenizarán a vida dos seus conveciños que o desexen nos días e horas que figuran no seguinte calendario:




domingo, 12 de decembro de 2021

Inauguración do Belén da Catedral

   Este Nadal a catedral estrea un novo belén. Tén novas figuras e múltiples elementos que compoñen un fermoso conxunto ubicado na Capela da Virxe do Pilar.

   O prelado da diócese, Monseñor Carrasco Rouco, bendeciu a instalación e de seguido o Orfeón ofreceu un pequeno recital de panxoliñas. Este foi o repertorio:

       - En una choza. M. Praetorius.
       - Na Noite máis fermosa. V. R. Abeijón.
       - Noche de Paz. F. X. Gruber.
    
    Monseñor Carrasco Rouco e Marcos Fernández Mosquera, director do Orfeón,  felicitaron o Nadal aos presentes, quedando así inaugurado o Nadal 2021 na Catedral lucense.


     Imaxe central do Belén

venres, 10 de decembro de 2021

Axenda Nadal 2021

Así se presenta o noso Nadal 2021. Non convén perder ningunha das citas. Non queda tempo para moito máis!!!

Enlazamos o texto agarimoso de felicitación do noso Presidente, Xulio Xiz e o cartaz elaborado con esmero pola nosa compañeira Sara Pérez Cruz.

              O Orfeón Lucense – Coro da Catedral de Lugo- celebra este Nadal cos máis  fermosos cantos desta época tan especial, dos máis diversos tempos e orixes, co denominador común de ledicia e festa polo Nacemento do Señor. 
Coas nosas cancións desexamos a todos os que nos escoiten unhas felices festas e un mellor ano 2022, agardando nel saúde e paz para todos.
Xulio Xiz

Cartaz de Nadal 2021
Autora: Sara Pérez Cruz