Sempre nos gusta destacar por mérito propio aos nosos solistas. Neste Concerto de Nadal participaron, por orde de intervención, os seguintes:
Javier Rodríguez, baixo. Acompañado polas voces femininas do Orfeón interpretou na súa tesitura profunda e ben timbrada Noites frías de Nadal, unha bela melodía rusa arreglada por Aleksandr Sveshnikov para a que adaptou unha fermosa letra Toño Núñez, poeta, prosista e docente, a quen agradecemos a súa colaboración.
Carlos Rodríguez, pianista e violinista. Estreou unha peza delicada e complexa composta por el mesmo para esta ocasión titulada El Nacimiento de Jesús que interpretou ó violín con sensibilidade e virtuosismo.
Javier Schofield, tenor. Deleitounos como acostuma cunha das súas mellores interpretacións. Esta vez foi Annie´s song, precioso tema folk rock e country dos anos setenta con letra e música de John Denver. Acompañouno ó piano Nacho Samena.
Ningún comentario:
Publicar un comentario