martes, 22 de abril de 2025

Domingo de Pascua 2025

     A Semana Santa culmina coa celebración do Domingo de Pascua. A cerimonia, presidida polo prelado da diócese, estivo precedida pola procesión do Santo Encontro de Xesús coa Virxe María, tras a cal deu comezo a misa.

    O Orfeón, dirixido por Marcos Fernández Mosquera e acompañado ao órgano por Nemesio Gutiérrez e o seu fillo Andrés Gutiérrez, interpretou o seguinte repertorio:

  • Cantemos al amor. I. B. de Sagastizábal.
  • Misa Pascual. J. Castiñeira.
  • Este es el día en que actuó el Señor. Salmo.
  • Alleluia dit irlandais.  F. O´Carroll / L. Deiss.
  • O salutaris. L. Perosi.
  • Nós tamén imos resucitar. X. Portas Ferro.
  • Ave verum. J. P.Lécot.
  • Reina del cielo. J. Castiñeira.
    Con esta actuación rematamos a Semana Santa, un dos períodos máis intensos da actividade do Orfeón, que este ano contou coa colaboración de persoas moi queridas deste colectivo, Silvia Nadela e Nemesio Gutiérrez, e a presencia sempre estimada de Carlos Rodríguez; que sabemos que sempre están aí, aínda que sexa na distancia.

    Acompañamos unha fermosa imaxe da Catedral neste día co Orfeón ao fondo, tomada da web da Diócese de Lugo.





    

    
    

luns, 21 de abril de 2025

Semana Santa 2025

    Os días centrais da Semana Santa, Xoves, Venres e Sábado, adquiren un atractivo especial tanto para os asistentes como para o Orfeón, pois ao significado relixioso engádeselle a vistosidade das procesións e dos cantos e ritos propios da celebración. 

    Todos os actos estiveron presididos polo bispo da sé, Monseñor Carrasco Rouco, quen concelebrou cos coengos e auxiliares habituais en todas as solemnidades.

    Contamos no altar coa colaboración nesta Semana dun querido amigo da nosa coral, Carlos Rodríguez Otero, que habitualmente reside no Reino Unido, pero do que desfrutamos cada vez que vén. Del reproducimos no enlace unha entrevista realizada por María José Campo López-Barcia, directora de Comunicación da Diócese de Lugo, na que explica a súa traxectoria como músico e a súa querencia pola Catedral, polo Orfeón e por esta cidade.

    Ademais na celebración do Venres Santo contamos coa presenza como cantores de dúas persoas moi estimadas vencelladas ó coro: Silvia Nadela Villarino, que por mor do seu traballo reside lonxe de Galicia, e Nemesio Gutiérrez, antigo director do Orfeón.

    O acompañamento ao órgano nos oficios do Xoves Santo correu a cargo de Nemesio e Andrés Gutiérrez e o Sábado de Gloria a cargo de Luís Varela Castiñeira, Prefecto de Música da Catedral.

    Os repertorios interpretados nestas tres solemnidades, dirixidos por Marcos Fernández Mosquera, foron os seguintes;

    Xoves Santo:

  • Alrededor de tu mesa. F. Palazón.
  • Kyrie en Ré Majeur. J. P. Lécot.
  • Gloria de Lourdes. J. P. Lécot.
  • El cáliz que bendecimos. Salmo.
  • Interleccional. J. Castiñeira.
  • Jesús, el Señor. J. Castiñeira.
  • Donde hay caridad y amor. J. Madurga.
  • Sacrificium Deo. Miserere. G. Donizetti.
  • Sanctus de Lourdes. J. P. Lécot.
  • Agnus Dei. Messe peuples de la terre. J. P. Lécot.
  • Eucaristía. Taizé / A. Fdez León.
  • In Monte Olivetti. J. Naujalis.
  • Pange lingua. Gregoriano.
  • Alabado sea el Santísimo. Popular.
  • Genitori - Tantum ergo. Gregoriano.
    Venres Santo:
  • Padre, a tus manos. Salmo.
  • Cristo por nosotros se sometió. F. Palazón.
  • Pasión según San Juan. J. Castiñeira.
  • Mirad el árbol de la Cruz. 
  • Adoramuste, Christe. Th. Dubois.
  • Comiendo del mismo pan. J. Madurga.
  • Tradiderunt me. T. L. de Victoria.
    Sábado Santo:
  • Gloria. Misa Alrededor de tu mesa. F. Palazón.
  • Alleluia. Messe de Saint Jean. M. Hagemann.
  • Jesu, dulcis memoria. S. B. del Claraval. Jesu, Rex admirabilis. G. P. da Palestrina.
  • Santo. Misa Alrededor de tu mesa. F. Palazón.
  • Cordero de Dios. Misa Alrededor de tu mesa. F. Palazón.
  • Yo soy el pan de vida. S. Toolan.
  • Anima Christi. M. Frisina.
    Ao remate dos oficios da Vixilia do Sábado de Gloria fomos convidados a un ágape na sancristía da Catedral, momento que aproveitamos para felicitarnos a Pascua.

    Acompañamos unhas imaxes do Orfeón Lucense nestas actuacións, a primeira delas tomada da web da Diócese de Lugo.










Domingo de Ramos 2025

     Despois do Pregón, o Domingo de Ramos é a primeira solemnidade da Semana Santa na que intervén o Orfeón. Tras a beizón dos ramos e palmas e a procesión da "Borriquita" deu inicio a misa solemne na Catedral presidida polo prelado da diócese, D. Alfonso Carrasco Rouco, concelebrada por varios coengos e auxiliados por diferentes membros  de distintos estamentos relixiosos.

    Nesta ocasión o repertorio interpretado polo Orfeón, baixo a dirección de Marcos Fernández Mosquera, foi o seguinte;

  • Dios mío, Dios mío. Salmo.
  • Cristo por nosotros. F. Palazón.
  • Domine labia mea. Miserere. Versetto 16. G. Donizetti.
  • Sanctus de Lourdes. J. P. Lécot.
  • Agnus Dei. Messe peuples de la Terre. J. P. Lécot.
  • Los niños hebreos. A. Alcalde.
  • Ave verum. W. A. Mozart.
    A continuación adxuntamos dúas imaxes tomadas da web da Diócese de Lugo alusivas a esta celebración.




    
    

domingo, 13 de abril de 2025

Concerto no Pregón de Semana Santa 2025

     O pasado mércores, 9 de abril, o Orfeón foi convidado a cantar como introdución ao Pregón da Semana Santa pronunciado pola mestra e escritora lucense Marica Campo e  que se celebrou na Igrexa da Nova desta cidade.

    O repertorio dirixido por Marcos Fernández Mosquera e interpretado polo Orfeón neste concerto foi o seguinte:

  • Jesu dulcis memoria (S. B. del Claraval) e Jesu! Rex admirabilis (G.P. da Palestrina).
  • Tradiderunt me. T. L. de Vitoria.
  • Miserere. G. Donizetti. Versettos 16, 18.
  • In Monte Olivetti. J. Naujalis.
  • Morgengesang. N.W. Gade
    Finalizado o breve recital Marica Campo pronunciou o Pregón no que fixo un percorrido polas vivencias da Semana Santa desde a súa infancia no Val do Mao ata Lugo, para ela un acontecemento, no que lle chamaban a atención os cofrades descalzos ou encadeados, a solta dun preso no cárcere, agora Vello Cárcere, ou a propia grandiosidade dos desfiles procesionais dirixidos por D. José Ferro.
    
    Reivindicou o dereito a expresar as súas crenzas relixiosas e puxo o acento na farsa que supón chorar a Cristo no Calvario e non conmoverse cos mortos de Gaza ou de Ucraína. A esa farsa ténse referido o escritor do Rexurdimento Curros Enríquez, quen a pesar de ser anticlerical era profundamente cristián; pois defendía que o sacrificio de Cristo fora "un dos sacrificios máis grandes dos que hai memoria" así como que "os Cristos de agora non son homes, son pobos" para cuxa supervivencia deberíamos ter, segundo a pregoeira, "pan e amor compartidos na paz e no coidado da terra que habitamos" xa que o único pack de supervivencia eficaz é o amor.

    Quedámonos con estas fermosas mensaxes que subscribimos e acompañamos dúas imaxes do acto tomadas de El Progreso 9/04/2025.