mércores, 16 de marzo de 2016

Semana Santa 2016


Un ano máis, o Orfeón Lucense cantará na Catedral de Lugo durante as celebracións máis importantes da Semana Santa. Así será o próximo Domingo de Ramos, durante a Santa Eucaristía que seguirá á procesión da Borriquiña polas rúas da cidade.
O Programa será o seguinte:
Misa de F. Palazón (Santo e Cordero de Dios
Salmo  Dios mio, Dios mío (LDS 106)
Christus factus est de Martín de Villanueva 
Comuñón:  Hágase tu voluntad (CLN 162)
           Oh, Víctima inmolada (A. Hoese - J.S. Bach)

xoves, 7 de xaneiro de 2016

Adhesión

El ORFEÓN LUCENSE, coro oficial de la Catedral de Lugo, formado por medio centenar de voces, se complace en formular su adhesión más entusiasta al proyecto de Excmo. Ayuntamiento de Lugo, MURAMIÑAE-DA MURALLA AO MIÑO para fomentar el acercamiento entre la ciudad amurallada y nuestra corriente fluvial, el "Padre de los ríos gallegos". 
Si alguna asignatura pendiente tiene la ciudad de Lugo es el acercamiento definitivo de la ciudad al río y del río a la ciudad, teniendo la ciudad como núcleo vital con más de 2.000 años de historia y el río como corriente nutricia que la ciudad debe acercar más y más, respetando su conformación e integrando todos sus elementos en el marco natural incomparable que nos depara. 
El ORFEÓN LUCENSE expresa su apoyo total a la iniciativa MURAMIÑAE-DA MURALLA AO MIÑO, en la seguridad de que será la impulsión definitiva de una hermandad sentida y vivida desde el principio de los tiempos.
 Lugo, 7 de enero de 2016.
 Por el Orfeón Lucense,
 Xulio Xiz, Presidente.

luns, 28 de decembro de 2015

Panxoliñas


Outro ano máis, e van seis, as panxoliñas interpretadas polas Corais de Lugo inundarán as rúas da cidade durante o Nadal, desde a Praza do Campo até a Rúa da Raíña, pasando polo fondo da Praza Maior, a Rúa San Marcos, a Praza de Santo Domingo, o Mercado de Quiroga Ballesteros ou as Rúas do Bispo Aguirre de San Pedro e do Progreso. Así, o Centro da Cidade será un ano máis o mellor escenario para gozarmos do bo facer duns Grupos Corais, en total once, que van colaborar para que estas datas sexan un pouco máis entrañables.

O martes,  29 de decembro, desde as 20.00 horas, cantará o Orfeón Lucense na Praza Maior, Praza do Campo e Raíña.

xoves, 10 de decembro de 2015

Apertura da Porta da Misericordia

O Orfeón Lucense participará o próximo domingo (III de Advento) nos actos da apertura da Porta da Misericordia da Catedral de Lugo. A cerimonia aparece descrita no número 263 do boletín de información diocesana A Nosa Voz da seguinte maneira:


A celebración será o día 13 de decembro e articúlase en cinco momentos:
1. A statio. Na igrexa dos Padres Franciscanos (Lugo) ten lugar ás 18:30h o saúdo e a monición inicial, a proclamación do Evanxeo e a lectura da parte inicial da Bula de convocación Misericordiae Vultus
2. A procesión, na que se dá gran relevancia ao libro dos Evanxeos: levado polo diácono, é signo de Cristo que camiña diante do seu pobo 
3. A apertura da Porta da Misericordia. A entrada na Catedral ten lugar a través da porta que na fachada principal dá acceso á capela de San Froilán. O Bispo detense e con el toda a procesión; a parada implica, ademais, a apertura da porta e a ostensión solemne do libro dos Evanxeos, palabra de misericordia, primeiro cara ao exterior, logo cara ao interior da Catedral e o canto da antífona «Eu son a porta». O Bispo, levando o libro dos Evanxeos, cos concelebrantes e os ministros diríxese procesionalmente cara ao altar maior. 
4. Memoria do Bautismo 
5. Celebración da Eucaristía

mércores, 9 de decembro de 2015

Concerto en S. Francisco Xavier


O Orfeón Lucense durante o concerto da campaña solidaria Polifonía por Kilos na igrexa de S. Francisco Xavier.
O repertorio interpretado foi o seguinte: La flor, Gabriel's oboe, Compañeira, Cando vexas, Nació nació pastores, Ya viene la vieja e Chiquirritín.

sábado, 5 de decembro de 2015

Cartel

Estamos preparando con moita ilusión o Concerto de Nadal que, como xa é tradición, terá lugar na Catedral de Lugo o próximo día 19 de decembro.
De momento, xa temos cartel; é obra de Sara Cruz, e é orixinal e moi fermoso. Pronto estará á vista de  todos en tantos e tantos escaparates da cidade, lembrando esta cita anual en que o Orfeón Lucense felicita as pascuas á cidade da que forma parte.

luns, 16 de novembro de 2015

Polifonía por kilos

Este ano todas as Corais do Concello de Lugo xuntámonos para unha boa causa, a de tratar de facer máis alegre e levadeiro para os máis necesitados o Nadal, e para iso daremos distintos Concertos gratuitos nas parroquias de Lugo.
Unicamente pedimos que nos regaledes un kilo ou paquete de alimentos non perecedeiros, que a propia Parroquia se encargará de repartir entre os máis necesitados.

Os Concertos programados son os seguintes: 
Día 22 de Novembro, Igrexa de S. Pedro, 12,30 h.: Orfeón Lucense, (Misa) e Solo Voces (Concerto).

Día 28 de Novembro, Igrexa da Milagrosa, 19,30 h.: Coral Xolda, (Misa) e Orfeón Xoán Montes, (Concerto).

Día 29 de Novembro, Sagrado Corazón, 12 h.: Coral Xeral Calde, (Misa) e Coral Amigos do Camiño, (Concerto).

Día 5 de Decembro, S. Antonio de Padua, 19 h.: Coro San Antonio, (Misa) e Coral Ecos do Miño Astelu (Concerto).

Día 6 de Decembro, S. Francisco Xavier, 12,30 h.:Amigos do Camiño (Misa) e Orfeón Lucense (Concerto).

 Día 12 de Decembro, S. Froilán, 20,30 h.: Coral Ecos do Miño Astelu (Misa) e Orfeón Xoán Montes (Concerto).

 Día 13 de Decembro,S. Lourenzo de Albeiros, 12,45 h.: Cantar Delas (Misa) e Conxunto Vocal Lugh, (Concerto).

 Día 19 de Decembro, Santiago A Nova-Fontiñas, 18,30 h.: Schola Gregoriana Lucensis, (Misa) e Coro de S. Antonio (Concerto)

domingo, 1 de novembro de 2015

Todos os santos

No cemiterio dos cóengos situado no Claustro da Catedral de Lugo está soterrado don José Castiñeira, fundador do Orfeón Lucense.
Vaia para el a nosa homenaxe e lembranza nestes días tan significativos.




venres, 9 de outubro de 2015

Misa medieval

O Orfeón Lucense cantará, como vén sendo tradicional, a misa medieval (en latín) que se celebrará o próximo luns, 12 de outubro, a partir das 11.30 horas, na capela de San Froilán da Catedral de Lugo.
O repertorio será o seguinte: 

ENTRADA: Da que Deus mamou (cantiga LXXVII das de Santa María, de Afonso X o Sabio)
Kyrie da Missa de Angelis (canto gregoriano)
EVANXEO:    Aleluia de Josquin des Prez (s. XVI)
OFERTORIO: Ave María, de Tomás Luis de Victoria (s.XVI)
Pater Noster (canto gregoriano)
Sanctus da Missa de Angelis (canto gregoriano)
COMUÑÓN:  Qué bonito niño (Cancioneiro da Colombina, fins do s. XV)

domingo, 4 de outubro de 2015

San Froilán 2015


Comezou o San Froilán.
Este ano, o Orfeón Lucense participa nas festas do Patrón cantando a misa solemne e a ofrenda a San Froilán na Catedral, presidida polo Sr. Bispo da diocese e con asistencia da Alcaldesa da cidade e a corporación municipal  (luns, 5 de outubro, 12 da mañá).
Tamén cantará, como é tradicional, na misa en latín do día 12 de Outubro, que nesta ocasión se celebrará na capela de San Froilán da Catedral a partir das 11,30. 

sábado, 5 de setembro de 2015

Queres formar parte do Orfeón Lucense?

Necesitamos voces, principalmente masculinas (tenor, baixo, barítono).
Se che gusta cantar, e estás interesado ou interesada en formar parte da nosa agrupación, ponte en contacto connosco no local de ensaio os martes, mércores e venres de 19'30 a 21'30h.

Estamos na Rúa do Cruce, 5-Baixo (xunto ao Pavillón de Deportes)


xoves, 23 de xullo de 2015

Falecemento de Gaspar Callejo



Nacido o 25/05/1919 en Palencia, onde foi organista do Seminario de Palencia, da parroquia de S. Andrés de Carrión de los Condes (Palencia).
Ordenouse sacerdote o 6 de xuño de 1943.
Estudou música en Madrid e Barcelona e desempeñou a función de Cóengo-Organista 1º da Catedral de Lugo. 
Compuxo dúas Misas a dúas voces, varias cancións relixiosas e folclóricas.
Faleceu o 21 de xullo. Hai un funeral de irmandade na Catedral o venres 24 ás 11h.


luns, 29 de xuño de 2015

domingo, 28 de xuño de 2015

Fotos do concerto

Fotos do concerto do venres pasado na igrexa da Milagrosa. O presidente do Orfeón, Xulio Xiz, presenta o acto. Dirixe, como sempre, Marcos Fernández.





xoves, 18 de xuño de 2015

Concerto na Milagrosa

O venres, 26 de xuño, celebraremos un concerto de fin de curso na igrexa da Milagrosa. Será a partir das 20.00, co seguinte repertorio de música sacra e profana:

Qui presso a Te, Signor (Mozart)
Christus factus est (Villanueva)
O salutaris hostia (Perosi) 

Gabriel's oboe (E. Morricone)
Swing low (harm. Josly)
Hallellujah (Leonard Cohen)
Bullerengue  (J.A. Rincón)

La flor (Torner)
Maite (Pablo Sorozábal)

Eu de Marín (Rogelio Groba)
Compañeira (har, Julio Domínguez)
Cando vexas (José Castiñeira) 
O voso galo comadre (popular) 

Cantando durante a Ofrenda do Antigo Reino

(Foto: A nosa voz, Galería completa, aquí)

sábado, 13 de xuño de 2015

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia

O próximo domingo, 17 de xuño, a partir das 12.00, terá lugar na SICB de Lugo a Ofrenda do Antigo Reino de Galicia ao Santísimo Sacramento; o Orfeón Lucense participará na solemnidade cantando o seguinte repertorio.

MISA: Misa Galega,  de José Castiñeira
ENTRADA.  Alégrese o ceo, de L. Olano. 
SALMO: Contade as matabillas do Señor, de A.S. Carneiro
ALELUIA: Alleluia, de I. García Ramos. 
OFERTORIO: Dulcis Christe, de Grancini. 
COMUÑÓN I: Yo soy el pan de vida, de S. Toole e A. Medina.
COMUÑÓN II: Quédate Señor connosco 
COMUÑÓN III: Ecce Panis, de J.A. Moreno Fuentes.
 PROCESIÓN-SAÍDA: Pange Lingua (gregoriano) e  Salve Santo Sacramento (Portas Ferro)
PROCESIÓN-RETORNO: Hostia Pura / Altísimo Señor, Tantum Ergo (gregoriano), e Cantemos al amor de los Amores, de Busca de Sagastizabal.

domingo, 7 de xuño de 2015

Kyrie

Fragmento do Kyrie da Missa Brevis de Haydn que o Orfeón Lucense cantou esta mañá na Praza de Santa María (vídeo publicado en El Progreso)

venres, 5 de xuño de 2015

Corpus Christi

O domingo, 7 de xuño, o Orfeón Lucense cantará o seguinte repertorio na solemnidade de Corpus Christi que se celebrará a partir das 11 horas na Praza de Santa María.

MISA: Missa Brevis  Sancti Joannis de Deo, de J. Haydn (Kyrie, Gloria, Sanctus, Agnus Dei)
ENTRADA. Ti es o pan do ceo, de X. Portas.
SALMO:  Alzaré la copa de la Salvación [LDS 183 (B-I)]
ALELUIA: Benedicat Vobis, de G.F. Händel
OFERTORIO I:  Hoc Hic Mysterium, de J. Molejón
COMUÑÓN I:  Que bien se yo la fonte, de S. Juan de la Cruz (letra) e F. Palazón (música)
COMUÑÓN II:  Tu por amor a los hombres (popular, música de Palazón)
COMUÑÓN III: O salutaris hostia, de Lorenzo Perosi. 
PROCESIÓN-SAÍDA:  Pange Lingua (gregoriano) e De rodillas Señor ante el Sagrario, de Peman-Aramburu.
PROCESIÓN-RETORNO:  Hostia Pura / Altísimo Señor, Tantum Ergo (gregoriano), e Cantemos al amor de los Amores, de Busca de Sagastizabal.