O tempo permitiu que puidéramos congregarnos na Praza de Santa María para celebrar o Corpus Christi.
Alí ás once da mañá, coa praza lastrada de sillas e paraugas brancos para guarecerse do calor, foron dándose cita fieis, nenos de primeira comuñón, músicos cos seus instrumentos e cantores, cadaquén nos seus lugares de emprazamento.
Despois dun ensaio breve para ensinar aos asistentes algunhas das melodías nas que irían participar, deu comezo a cerimonia presidida polo prelado da diócese, D. Alfonso Carrasco Rouco, e concelebrada por varios sacerdotes.
Situados na parte dereita da praza, mirando cara ao Pazo Episcopal, ubicouse o Coro do Hospital, o Orfeón Lucense dirixidos por Fernando Gómez Jácome e Abraham Sánchez Pujante, respectivamente e a Banda Filarmónica dirixida por Iván Martínez Sabio; que conxunta ou individualmente interpretaron o seguinte repertorio:
- Con Ledicia vimos. A. Fdez León.
- Señor, ten piedad. Misa Solemne. J. Castiñeira. Arr. U. Domínguez.
- Gloria. Misa Solemne. J. Castiñeira. Arr. U. Domínguez.
- El cáliz que bendecimos. Salmo.
- Alleluia. I. G. Ramos.
- Santo. Misa Solemne. J. Castiñeira. Arr. U. Domínguez.
- Cordero de Dios. Misa Solemne. J. Castiñeira. Arr. U. Domínguez.
- Pescador de hombres. B. Corona.
- Eucaristía. Taizé/ Fdez. León.
Rematada a misa saiu a procesión polas rúas máis céntricas do casco histórico acompañada pola Banda Filarmónica e co fondo dun intenso repenique das campás da Catedral.
Xa de volta na praza, tiveron lugar os últimos rezos e deuse por finalizada a celebración.
Na imaxe unha instantánea deste acto.

Ningún comentario:
Publicar un comentario