Este ano tamén participamos na campaña Polifonía por kilos, organizada pola Asociación de Amigos do Camiño, dando un pequeno concerto ao finalizar a misa vespertina do sábado 20 de decembro na parroquia de San Antonio de Padua desta cidade.
Trátase dunha serie de concertos que ofrecen voluntariamente os diferentes coros de Lugo despois da misa que se celebra nas parroquias da capital coa finalidade de aportar alimentos ou diñeiro en metálico que poidan servir de axuda a quen o necesite.
Nesta ocasión correspondeunos actuar despois do Coro de Amigos do Camiño, dirixido por Esperanza Iglesias, que interviu nas diferentes partes da misa.
O Orfeón, dirixido por Sara Nebra, interpretou o seguinte repertorio:
- Nosa Señora. Panxoliña popular galega.
- The First Noel. Tradicional inglesa. Harm. John Stainer.
- Con un sombreiro de palla. Tradicional galega.
- Gaudete. Piae Cantiones 1582.
- Transeamus usque Bethlehem. Hubert Cuypers.
Na imaxe unha vista do interior da igrexa de San Antonio.

Ningún comentario:
Publicar un comentario