luns, 3 de novembro de 2014

Homenaxe ao Fundador do Orfeón

No altar do Bo Xesús da Catedral tivo lugar o pasado venres, como estaba previsto, a homenaxe ao fundador do Orfeón Lucense, o sacerdote e músico D. José Castiñeira Pardo, falecido hai exactamente 25 anos.
O acto consistiu nunha presentación de imaxes do homenaxeado e unha disertación a cargo de Xulio Xiz, presidente do Orfeón, que ofreceu aos asistentes unha aproximación á figura do fundador, aspectos ás veces pouco coñecidos da súa orixe, formación académica e musical, e traxectoria persoal, que definiron a D. José Castiñeira coma unha das personalidades culturais máis relevantes do pasado século na nosa cidade.
Durante a homenaxe, o Orfeón Lucense, dirixido por Marcos Fernández e acompañado ao órgano por Nemesio Gutiérrez, interpretou as seguintes pezas:
Cantiga de berce (X.L. Rivas-Félix Otero. Arr. Lupe Enríquez)
Cruz fidelis  (Venancio Fortunato) 
Qui presso a Te (atribuída a W.A. Mozart)
Gloria (da Misa Pascual de J. Castiñeira)
O salutaris hostia (L. Perosi) 
Ecce panis (J.A. Moreno Fuentes)  
Cando vexas (J. Castiñeira) 
Año de Deus (da Misa Galega de J. Castiñeira)
Reina del Cielo (J. Castiñeira) 
Compañeira  (X.L. Rivas-Félix Otero. Arr. Xulio Domínguez) 
Canticorum iubilo (G.F. Händel)


Ningún comentario:

Publicar un comentario