sábado, 4 de decembro de 2021

Concerto en Pontedeume

  A Coral Polifónica de Chantada e o Orfeón Lucense foron invitados pola Coral Polifónica Eumesa para celebrar o Concerto de Santa Icía.

 O concerto tivo lugar na Igrexa Parroquial Monumental de Santiago de Pontedeume. Un amplo e fermoso templo no que se mesturan o neoclásico, o barroco e o gótico tardío e que alberga no seu interior o sepulcro de Fernando de Andrade entre outros elementos de gran valor artístico. Causounos unha moi grata impresión ver o marco no que iamos cantar, despois dunha viaxe na que o bo tempo non acompañou.

   Orfeón Lucense, Coral Polifónica de Chantada e Coral Polifónica Eumesa dirixidas por Marcos Fernández Mosquera, Marcos Fernández Varela e Xosé Paz Fernández, respectivamente, interpretaron os seus programas tal como figuran no díptico que se adxunta máis abaixo.

   Ao final do acto a coral eumesa entregou unha placa conmemorativa a unha das súas coralistas que cumpría 25 anos na formación e sendos agasallos ás agrupacións invitadas. Rematou a xornada cun ágape de confraternidade entre todos os membros.

    A continuación enlazamos o audio dunha das nosas pezas do concerto: La flor ( E. M. Torner). Pica na imaxe superior para escoitalo.








Ningún comentario:

Publicar un comentario