martes, 14 de xuño de 2022

Concerto dentro do Festival de Órgano

  Por primeira vez o Orfeón Lucense foi convidado por Giulio Mercati a participar no Festival Internacional de Órgano do Corpus Christi. Tivemos a honra de ser acompañados por Misty Schaffert, organista de talla internacional que soubo realzar coa súa sutileza e bo facer as nosas interpretacións.

 O numeroso público congregado na catedral puido desfrutar dun magnífico e variado repertorio para órgano desde o século XVII ata a actualidade e dunha selección de pezas para coro e órgano e coro a capella desde o século XV ata os nosos días.

 Desde o primeiro momento a empatía entre a organista e o coro deu como resultado unha experiencia única, emocionante e enriquecedora que ninguén de nós esquecerá.

  O Orfeón Lucense estivo dirixido por Marcos Fernández Mosquera, a excepción da última composición na que o fixo Silvia Nadela Villarino, actuando como solista na segunda peza Sara Pérez Cruz. O programa completo pode verse neste enlace.

  Eis unha imaxe do concerto. Premendo nela pode escoitarse o audio dunha das pezas interpretadas polo Orfeón: Geistliches lied (Johanes Brahms).




                                 Fonte: Catedral





   


Ningún comentario:

Publicar un comentario