martes, 7 de xuño de 2022

Concertos no Camiño

   Con motivo do Ano Santo Compostelán a Diócese de Lugo organiza cinco ciclos de música sacra co fin de salientar a beleza arquitectónica, notable en si mesma, dos templos máis senlleiros da peregrinación na diócese, engadíndolle a espiritualidade e o potencial artístico da música.

  Neste programa detállanse todos os concertos que compoñen os cinco ciclos organizados:

    - Festival Internacional de Música de órgano do Corpus Christi.

    - Música no Camiño Primitivo.

    - Viae lucensis.

    - Noite coral lucense.

    - Ó son de Santa María.

   Ditos ciclos forman parte da iniciativa internacional A Música do Peregrino, unha rede de dez festivais que, ademais dos cinco xa citados, celébranse en Suiza e Italia, baixo a mesma dirección artística de Giulio Mercati e coa idea común do Camiño.

  Esta é unha magnífica forma de potenciar o Camiño, a Música Sacra, a Arquitectura e a espiritualidade ligadas a el. Iniciativa que hai que agradecer á Diócese de Lugo personificada no seu prelado, monseñor Carrasco Rouco, quen sempre mostrou unha grande sensibilidade respecto da Música e agradecemento a quen a interpreta. No caso do Orfeón Lucense faise isto patente expresando o seu afecto e admiración en cada unha das nosas actuacións, tanto en concertos como acompañando os oficios relixiosas.

    Asimesmo, vaia a nosa gratitude para o coengo Prefecto de Música da Catedral, D. Luís Varela Castiñeira, polo seu labor como promotor da música coral na nosa cidade así como para Giulio Mercati, director artístico destes ciclos de concertos e responsable dos eventos musicais da Diócese de Lugo por reunir aquí a figuras senlleiras internacionais que doutra maneira non teríamos ocasión de escoitar en directo.



                                                    Giulio Mercati

                                          Foto tomada de La Voz de Galicia


Ningún comentario:

Publicar un comentario