O pasado luns, 16 de xuño, tivemos a honra de actuar no segundo concerto do Festival de Órgano do Corpus Christi, protagonizado por Stanislav Surin, organista da Catedral de Bratislava.
Preparamos con especial adicación e meticulosidade esta actuación pola complexidade vocal dalgunhas das obras interpretadas e polo privilexio que supón ser acompañados por un organista de talla internacional como é o caso do mestre Surin.
Tras os exercicios previos e cunha numerosa asistencia de público, ás 21:00 situámonos no coro da Catedral coa emoción propia dun estreo, dispostos a ser conducidos por Marcos Fernández Mosquera, director habitual do Orfeón Lucense.
O programa, variado e atractivo, estivo composto por obras vocais e instrumentais de compositores pertencentes aos séculos XVI ao XXI, cunha pequena homenaxe a Giovanni Pierluigi da Palestrina no cincocentos aniversario do seu nacemento.
O repertorio interpretado pola nosa agrupación coral foi o seguinte:
- Jesu, Rex admirabilis. G. P. da Palestrina.
- Ave Maria. T. L. de Victoria.
- Quaerite primun regnum. W. A. Mozart.
- Ave verum corpus. W. A. Mozart.
- Miserere. G. Donizatti:
Domine labia mea.
Sacrificium Deo.
Tunc acceptabis.
- Nunc dimittis. C. Villiers Stanford.
Dirección: Lupe Enríquez.
- Ave Maria. S. Surin.
Soprano: Sara Pérez Cruz.
- Sicut lilium inter spinas. M. Raczynski.
- Cantate Domino. A. Gretchaninov.
Rematado o recital, organista e coro desprazámonos ata o altar do Bo Xesús para agradecer os aplausos do público que seguiu o concerto desde dito lugar.
A continuación pode verse o programa completo deste acto.
Ningún comentario:
Publicar un comentario