sábado, 18 de xullo de 2026

Misa de Nosa Señora do Carme 2026

     Como cada 16 de xullo dos últimos anos, fomos convidados a cantar a misa solemne do Carme. 

    Por estaren sen rematar as obras na capela situada na Rúa do Carme, perto da Porta Miñá, celebrouse unha vez máis a festividade na igrexa de San Pedro. Estivo presidida por D. Nicolás Susena Presas acompañado doutros presbíteros e acólitos, e contou coa asistencia de diversas autoridades civís e eclesiásticas, directivos da Confraría do Carme, un bo número de confrades femininas ataviadas coa mantilla branca e numerosos fieis.

    O Orfeón estivo dirixido pola súa titular Sara Nebra e desfrutou dun convidado de honra entre os cantores, o organista, musicólogo, compositor, director e profesor italiano Giulio Mercati, director artístico do Festival Internacional de Música de Órgano da Diócese de Lugo e amigo da nosa agrupación.

    O repertorio interpretado foi o seguinte:

  • Himno a la Virgen del Carmen. M. Letamendía.
  • Misa de Lécot. Kyrie, Gloria, Sanctus, Agnus Dei. Jean Paul Lécot.
  • Aleluia. Isauro García Ramos.
  • Deus do Universo. Luís de Olano.
  • Ave María. Tomás Luís de Victoria.
  • Anima Christi. Marco Frisina.
  • Salve. 
    Finalizada a misa, saiu a imaxe da Virxe do Carme en procesión polas rúas do casco histórico, seguida das autoridades asistentes e os numerosos fieis que enchían o templo. Así deu remate a celebración desta solemnidade.

    Acompañamos a imaxe da Virxe do Carme nunha celebración reptrospectiva.










Ningún comentario:

Publicar un comentario