...E tras un curso intenso no que non faltaron boas emocións e novidades, chega a hora de facer unha pausa.
Voltamos en setembro con máis actividade.
Ata pronto!!!
...E tras un curso intenso no que non faltaron boas emocións e novidades, chega a hora de facer unha pausa.
Voltamos en setembro con máis actividade.
Ata pronto!!!
Este venres o Orfeón Lucense asistiu á celebración da festividade da patroa de Lugo, a Virxe dos Ollos Grandes.
A cerimonia solemne celebrouse na Catedral de Santa María e estivo presidida polo bispo da diócese, D. Alfonso Carrasco Rouco, acompañado de distintos cargos do estamento eclesiástico. Entre os asistentes estiveron diferentes autoridades, a corporación municipal e numeroso público que enchía en boa parte a sé.
O Orfeón estivo dirixido pola súa titular, Sara Pérez Cruz, acompañado ao órgano por Nemesio Gutiérrez e o seu fillo Andrés Gutiérrez e interpretou o seguinte repertorio:
O sábado, día 2 de agosto, o Orfeón Lucense tivo a honra de acompañar á nosa directora, Sara Nebra, nun día moi especial para ela porque casaba.
Para os coristas foi unha xornada emocionante, porque aparecemos por sorpresa para cantarlle aos noivos e convidados á saída da cerimonia este pequeno repertorio, dirixido por Lupe Enríquez:
- Oboe: Miguel Alonso Prada.
- Pandeireta: Silvia Nadela.
- Pao de choiva: Carmen Arias.
- Violín: Manuel Fernández Gayol.
Ao finalizar o recital desexámoslle a maior FELICIDADE á parella e coa invitación a un aperitivo pola súa parte, despedimos este día sinalado pola emoción, tanto para eles como para o noso coro.
Este sábado, 5 de xullo, tivo lugar un dos eventos esperados polas agrupacións corais que nel veñen participando desde hai anos nestas datas. É a Noite Coral Lucense que xa acada este ano a súa sétima edición.
Trátase dun itinerario musical que percorre os principais templos do centro histórico levando a música sacra á súa expresión máis elevada nun marco artístico relevante como é o das igrexas da nosa cidade, para acabar cunha interpretación final conxunta de todos os participantes na Catedral de Sta. María.
Comezou esta vez na Igrexa de S. Pedro coa actuación do Orfeón Lucense dirixido por Marcos Fernández Mosquera, cantando o seguinte repertorio:
O pasado 23 de xuño a Xunta recoñeceu mediante decreto a Ofrenda do Antigo Reino de Galicia como Ben de Interese Cultural do patrimonio inmaterial, noticia que nos aleda profundamente pola posta en valor deste histórico evento que conta con máis de tres séculos de tradición.
Foi no século XVII, no reinado de Filipe III, cando se iniciou o primeiro trámite desta tradición, pero é desde o ano 1925 cando os alcaldes das sete cidades que conforman o Antigo Reino de Galicia (A Coruña, Lugo, Ourense, Santiago de Compostela, Mondoñedo, Betanzos e Tui) fan por turno rotatorio unha ofrenda o domingo seguinte ao Corpus durante a celebración dunha misa solemne na Catedral de Santa María.
A Ofrenda tén unha longa historia, xa tratada noutro post deste blog, que enlazamos aquí. Na actualidade é simbólica e consiste nun cheque que o oferente fai entregar ao cabildo catedralicio despois do evanxeo.
Este ano correspondeulle ofrendar á cidade de Betanzos, representada pola súa alcaldesa María Barral Varela, que expresou con vehemencia e enerxía as súas inquedanzas e peticións ao Santísimo no nome das sete capitais do Reino. Considera unha honra "dar voz a unha Galicia inclusiva, diversa, plural e aberta a todos os idearios" na que os seus homes e mulleres saen para esforzarse e traballar por conquerir un futuro mellor e para os que pide forza e ilusión para continuar e vencer as dificultades.
Pediu pola paz no mundo, pola conservación da terra que habitamos, polas mulleres que sofren violencia, terror, medo e humillación, para as que implorou protección e o fin do seu suplicio e desigualdade.
Lembrou a Paula Alvarellos, a alcaldesa falecida inesperadamente neste ano, á que puxo como exemplo de servizo e compromiso coa súa xente. Finalizou facendo alusión á necesidade de que as administracións traballen xuntas en beneficio dos cidadáns, rebaixando a tensión e deixando a un lado a confrontación.
Respondeulle o Arcebispo de Santiago de Compostela, D. Francisco Prieto, quen invitou a reavivar a esperanza fronte á violencia, as guerras, as desigualdades e a emigración; a denunciar as circunstancias que van contra a dignidade do home e a recoñecer a Cristo no rostro do irmán, xa que a "Caridade é acompañar, abrir portas, ofrecer posibilidades que permitan vivir con xustiza e dignidade"
Nesta ocasión o Orfeón estivo dirixido por Marcos Fernández Mosquera e acompañado ao órgano por Nemesio Gutiérrez e Andrés Gutiérrez e xuntos interpretaron o seguinte repertorio:
O pasado domingo, día 22 de xuño, celebrouse na Catedral de Santa María a solemnidade do Corpus Christi.
Como vén sendo habitual nos últimos anos esta cerimonia, ademais da relevancia relioxiosa propia da data, adquire unha especial notoriedade e vistosidade, pois o Orfeón Lucense dirixido por Marcos Fernández Mosquera, comparte o acompañamento musical da misa coa Banda Filarmónica, dirixida por Iván Martínez Sabio; cos órganos catedralicios, con D. Luís Varela Castiñeira como organista e Mestre de Capela da Catedral e coa agrupación folklórica Os Xílgaros e o seu gaiteiro Óscar Pérez.
A celebración deu comezo ás 11:00 cunha interpretación de dito gaiteiro que acompañou a entrada das autoridades eclesiásticas no altar maior, tras a cal se iniciaron os solemnes oficios presididos polo bispo da diócese, D. Alfonso Carrasco Rouco e conducidos por D. David Varela.
O prelado na homilía, despois de exhortar aos fieis á reafirmación na fe e no amor, salientou a necesidade de contrapoñer a Paz ao ambiente de guerra e egoísmo imperante na actualidade; Paz, segundo dixo, á que podemos contribuir cada un de nós individualmente comezando na nosa contorna.
O repertorio interpretado polo Orfeón nesta ocasión foi o seguinte:
A Semana Santa culmina coa celebración do Domingo de Pascua. A cerimonia, presidida polo prelado da diócese, estivo precedida pola procesión do Santo Encontro de Xesús coa Virxe María, tras a cal deu comezo a misa.
O Orfeón, dirixido por Marcos Fernández Mosquera e acompañado ao órgano por Nemesio Gutiérrez e o seu fillo Andrés Gutiérrez, interpretou o seguinte repertorio:
Os días centrais da Semana Santa, Xoves, Venres e Sábado, adquiren un atractivo especial tanto para os asistentes como para o Orfeón, pois ao significado relixioso engádeselle a vistosidade das procesións e dos cantos e ritos propios da celebración.
Todos os actos estiveron presididos polo bispo da sé, Monseñor Carrasco Rouco, quen concelebrou cos coengos e auxiliares habituais en todas as solemnidades.
Contamos no altar coa colaboración nesta Semana dun querido amigo da nosa coral, Carlos Rodríguez Otero, que habitualmente reside no Reino Unido, pero do que desfrutamos cada vez que vén. Del reproducimos no enlace unha entrevista realizada por María José Campo López-Barcia, directora de Comunicación da Diócese de Lugo, na que explica a súa traxectoria como músico e a súa querencia pola Catedral, polo Orfeón e por esta cidade.
Ademais na celebración do Venres Santo contamos coa presenza como cantores de dúas persoas moi estimadas vencelladas ó coro: Silvia Nadela Villarino, que por mor do seu traballo reside lonxe de Galicia, e Nemesio Gutiérrez, antigo director do Orfeón.
O acompañamento ao órgano nos oficios do Xoves Santo correu a cargo de Nemesio e Andrés Gutiérrez e o Sábado de Gloria a cargo de Luís Varela Castiñeira, Prefecto de Música da Catedral.
Os repertorios interpretados nestas tres solemnidades, dirixidos por Marcos Fernández Mosquera, foron os seguintes;
Xoves Santo:
Despois do Pregón, o Domingo de Ramos é a primeira solemnidade da Semana Santa na que intervén o Orfeón. Tras a beizón dos ramos e palmas e a procesión da "Borriquita" deu inicio a misa solemne na Catedral presidida polo prelado da diócese, D. Alfonso Carrasco Rouco, concelebrada por varios coengos e auxiliados por diferentes membros de distintos estamentos relixiosos.
Nesta ocasión o repertorio interpretado polo Orfeón, baixo a dirección de Marcos Fernández Mosquera, foi o seguinte;
O pasado mércores, 9 de abril, o Orfeón foi convidado a cantar como introdución ao Pregón da Semana Santa pronunciado pola mestra e escritora lucense Marica Campo e que se celebrou na Igrexa da Nova desta cidade.
O repertorio dirixido por Marcos Fernández Mosquera e interpretado polo Orfeón neste concerto foi o seguinte:
O pasado domingo, 16 de marzo, o Orfeón tivo a honra de acompañar cos seus cantos unha misa na parroquia de San Francisco Javier na que se instituiu como lector e acólito ao noso compañeiro Luis David Ocón Ruiz, xunto con Abraham Emmanuel Ávila Pérez e a Diego Durán Cano, este último ordenado diácono. Deles, os dous primeiros pertencen ao Seminario Diocesano e Misioneiro Alma Redemptoris Mater e o terceiro ao Seminario Diocesano de Lugo.
A cerimonia foi oficiada polo bispo da diócese, D. Alfonso Carrasco Rouco, e concelebrada por numerosos sacerdotes auxiliados por membros pertencentes a distintos estamentos eclesiásticos que arrouparon aos neófitos a ditas ordes.
O repertorio interpretado pola nosa agrupación coral, dirixida por Marcos Fernández Mosquera, foi o seguinte:
O pasado venres, día 7 de marzo, reunímonos no Salón de Actos da Delegación da Xunta de Galicia o Coro de Amigos do Camiño de Santiago en Lugo, dirixido por Esperanza Iglesias, e o Orfeón Lucense, dirixido por Marcos Fernández Mosquera, para lembrar e homenaxear cos nosos cantos ao falecido membro de ambos coros e Xefe da Sección de Patrimonio Monumental, Manuel Gulín Rodríguez.
Lembramos a Gulín como un home cunha voz de baixo ben timbrada, calado, amante da Música e do Canto, das viaxes, da fotografía, afeccionado á pintura, defensor do Arte e da Cultura en xeral. cun sentido do humor moi característico que poñía de manifesto principalmente nas xuntanzas informais e que nos deixou hai perto de ano e medio.
Con asistencia de autoridades locais, de compañeiros, familiares e amigos, deu comezo o concerto cunha breve introdución do noso Presidente, Xulio Xiz, que fixo unha semblanza do finado ao que o unía unha longa amizade.
De seguido comezou o concerto coa actuación do Coro de Amigos do Camiño que interpretou catro composicións e outras tantas a nosa agrupación. Estas últimas foron as seguintes: