venres, 26 de outubro de 2012

Nun libro de Galinova


O Orfeón Lucense, no libro de música de 1º de Eso da Editorial Galinova 



Unha fotografía do Orfeon Lucense co seu Director, Xesús Mato, obtida na escalinata do Pazo Bispal de Lugo, figura entre as ilustracións do libro de MÚSICA, publicado por Galinova Editorial para o primeiro ciclo da ESO.


Das agrupacións corais de Galicia aparecen fotografías, ademais da do
Orfeón Lucense, a da Coral Polifónica El Eco (A Coruña), o Real Coro Toxos
e Frores do Ferrol e a Coral de Ruada de Ourense.

Polo que á provincia de Lugo se refire tamén figura a Banda Municipal de
Chantada, a portada de “Galicia canta ao neno” de Fuxan os Ventos e
cadanseu retrato de Xoán Montes e Florencio, o cego dos Vilares.
O libro, promovido polo equipo didáctico desta editorial coruñesa, editado
en galego e centrado na música desde unha perspectiva galega, enmárcase no
“Proxecto Século XXI”.

X. X. (Orfeón Lucense), 2012-10-24

(en Galicia Dixital)