xoves, 6 de novembro de 2014

Aniversario


O sábado próximo, día 8 de novembro, e a partir das 13 horas, terá lugar na Catedral un oficio relixioso en conmemoración do vixésimo quinto aniversario do falecemento de D. José Castiñeira Pardo, fundador e primeiro director do Orfeón Lucense.
Ademais da súa Misa Galega, o Orfeón interpretará outras pezas relixiosas de José Castiñeira, quedando o repertorio como segue:

Entrada................Aledémonos (J. Castiñeira) 
Misa Galega: Señor e Gloria (J. Castiñeira) 
Evanxeo...............A palabra do Señor (J. Castiñeira) 
Ofertorio..............Con la hostia inmaculada (J. Castiñeira)
Misa Galega: Santo (J. Castiñeira) 
Misa Galega: Año de Deus (J. Castiñeira) 
Comuñón..............Más cerca, oh Dios, de Ti (Sarah Flowers Adams)
Final......................Reina del Cielo (J. Castiñeira)


luns, 3 de novembro de 2014

Homenaxe ao Fundador do Orfeón

No altar do Bo Xesús da Catedral tivo lugar o pasado venres, como estaba previsto, a homenaxe ao fundador do Orfeón Lucense, o sacerdote e músico D. José Castiñeira Pardo, falecido hai exactamente 25 anos.
O acto consistiu nunha presentación de imaxes do homenaxeado e unha disertación a cargo de Xulio Xiz, presidente do Orfeón, que ofreceu aos asistentes unha aproximación á figura do fundador, aspectos ás veces pouco coñecidos da súa orixe, formación académica e musical, e traxectoria persoal, que definiron a D. José Castiñeira coma unha das personalidades culturais máis relevantes do pasado século na nosa cidade.
Durante a homenaxe, o Orfeón Lucense, dirixido por Marcos Fernández e acompañado ao órgano por Nemesio Gutiérrez, interpretou as seguintes pezas:
Cantiga de berce (X.L. Rivas-Félix Otero. Arr. Lupe Enríquez)
Cruz fidelis  (Venancio Fortunato) 
Qui presso a Te (atribuída a W.A. Mozart)
Gloria (da Misa Pascual de J. Castiñeira)
O salutaris hostia (L. Perosi) 
Ecce panis (J.A. Moreno Fuentes)  
Cando vexas (J. Castiñeira) 
Año de Deus (da Misa Galega de J. Castiñeira)
Reina del Cielo (J. Castiñeira) 
Compañeira  (X.L. Rivas-Félix Otero. Arr. Xulio Domínguez) 
Canticorum iubilo (G.F. Händel)