Amosando publicacións coa etiqueta Circulo das Artes. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Circulo das Artes. Amosar todas as publicacións

xoves, 30 de marzo de 2023

Pregón da Semana Santa 2023

  Comeza a Semana Santa Lucense co Pregón no Círculo das Artes, este ano pronunciado por Miguel Ángel González Arias, Xeneral de Brigada e Xefe de Zona da Garda Civil da Comunidade Autónoma de Galicia.

   O Orfeón Lucense, dirixido por Marcos Fernández Mosquera  e acompañado ao órgano por Nacho Samena, tivo a honra de aportar a parte musical que iniciou o solemne acto interpretando un selecto repertorio de música relixiosa propio do momento que vivimos:

    - Pueri haebraeorum. Tomás Luis de Victoria.

    - Christus factus est. Martín de Villanueva. 

    - Cristo al morir tendea. Fra Marc Antoni da San Germano.

    - Stabat Mater. Zoltan Kodaly.

    - Ave Verum. Jean Paul Lécot.

    - Anima Christi. Marco Frisina.


Na imaxe unha instantánea previa a este concerto.






venres, 8 de abril de 2022

Pregón de Semana Santa 2022

  Despois do descanso obrigado pola pandemia a cidade pretende retomar na medida do posible o ritmo de vida habitual. Así a Semana Santa, como viña sendo costume, iníciase co Pregón no Círculo das Artes, este ano a cargo de Ramón Basanta, Presidente da Xunta de Cofradías.

    O Orfeón foi invitado a actuar para abrir o acto e, dirixido por Marcos Fernández Mosquera, interpretou para os asistentes o seguinte repertorio:

    - Christus factus est. M. Villanueva.

    - Cristo al morir tendea. Marc' Antonio da San Germano.

    - Jesus bleivet meine freude. J. S. Bach.

    - Ave verum corpus. W. A. Mozart.

    - Adoramus te, Christe. T. Dubois.


    Enlazamos a continuación unha imaxe do concerto



venres, 5 de abril de 2019

Semana Santa 2019: Pregón

Estamos a punto de entrar na Semana Santa. O Orfeón, como todos os anos, intervirá nos diferentes actos que están programados. O primeiro deles será o Pregón de Semana Santa que este ano será pronunciado por Federico Fernández de Buján, Doutor en Dereito Romano e membro da Real Academia de Doutores de España.
O acto terá lugar no Círculo das Artes o mércores 10 de abril ás 20:30 h. Eis o cartel e o programa do concerto: