Amosando publicacións coa etiqueta Nadal. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Nadal. Amosar todas as publicacións

sábado, 6 de decembro de 2025

Actuación no acendido do alumeado da Deputación

    Este ano fomos convidados a actuar con motivo do acendido do alumeado navideño da Deputación. Así que o día 4 de decembro dispuxémonos a cantar o noso primeiro recital de Nadal.

  Comezaron o acto Os Bolechas no salón de actos do Pazo de San Marcos presentando o seu libro Unha viaxe por Lugo. Unha provincia natural ante o seu público infantil ao que agasallaron cun exemplar.

    A continuación o Orfeón, nunha carpa situada diante do edificio, ofreceu a primeira parte do seu repertorio, tras a cal o presidente da Deputación acendeu o alumeado que adorna o edificio nestas datas, acto ao que seguiu a interpretación da segunda parte do noso recital.

    O programa ofrecido nesta ocasión, baixo a dirección de Sara Nebra, foi o seguinte:

  • En una choza. M. Praetorius. (*)
  • Nosa Señora. Tradicional de Galicia.
  • The First Noel. Trad. inglés. Arr. John Stainer. (*)
  • No pendello. Tradicional de Galicia.
  • Blue Christmas. Billy Hayes / Jay Johnson. Arr. J. L. Blasco. (*)
  • Puer natus in Bethlehem. Lucas Lossius. Harm. J. S. Bach.
  • Noche de Dios. F. X. Gruber. Arr. José Castiñeira. (*)
  • Gaudete. Piae Cantiones. (*)
  • Noite boa. José Castiñeira.
  • Linda Noite. Popular do Algarve.
  • Transeamus usque Bethlehem. Hubert Cuypers.
  • Con un sombreiro de palla. Tradicional de Galicia. (*)

     Instrumentistas (*):
                   Frauta travesa: Abraham Sánchez Pujante
                   Clarinete, adufe e cunchas: Guadalupe Enríquez Parga.

    Hai que salientar que, dada a climatoloxía, foi meritorio que houbera alguén escoitándonos nunha actuación no exterior, pois o frío e as constantes precipitacións con vento asociado foron as notas do día.


    Para rematar a xornada fomos agasallados cunha invitación no interior do edificio, que agradecemos.

    Enlazamos imaxes tomadas do Servizo de Audiovisuais da Deputación alusivas á actuación do Orfeón Lucense diante do Pazo de San Marcos neste día.







        

        

        

    venres, 31 de decembro de 2021

    O Orfeón anima as rúas no Nadal

       Tal como estaba previsto, os días 27 e 30 de decembro saímos ás rúas da cidade para animar e acompañar con panxoliñas a vida dos lucenses.

       Percorremos os fermosos recantos do recinto histórico: Rúa de San Pedro, Rúa da Raíña, Praza Maior e Praza do Campo. Lugares con engado que coas luces e os cantos de Nadal adquiren un calor e ambiente diferente.

        Agradecemos sempre a todos os que se paran a escoitarnos a súa xentileza e  atención nestes días de ir e vir, de encontros con amigos e de paseos e xogos infantís.

       O repertorio interpretado polo Orfeón nestes días foi o seguinte:

           - En una choza. M. Praetorius.

           - Linda Noite. Popular do Algarve.

           - Noiteboa. X. Castiñeira.

           - Ya viene la vieja. Trad. español. Harm.: A. Parker e R. Shaw.

           - Nosa Señora. Recollida popular.

           - Na Noite máis fermosa. Adap.: V. R. Abeijón.

           - Adeste fideles. J. Reading.

           - Noche de Dios. F. X. Gruber. Harm.: X. Castiñeira.


    Animación na rúa. Nadal 2021

       O Concello de Lugo patrocina a actividade cultural de Animación nas rúas da cidade durante os días de Nadal. A nosa formación coral participará aportando interpretacións das panxoliñas máis populares do noso repertorio coa finalidade de atraer a atención dos viandantes e facer máis belos se cabe os recantos, fermosos en si mesmos, do centro histórico de Lugo

        As distintas agrupacións vocais lucenses amenizarán a vida dos seus conveciños que o desexen nos días e horas que figuran no seguinte calendario:




    venres, 10 de decembro de 2021

    Axenda Nadal 2021

    Así se presenta o noso Nadal 2021. Non convén perder ningunha das citas. Non queda tempo para moito máis!!!

    Enlazamos o texto agarimoso de felicitación do noso Presidente, Xulio Xiz e o cartaz elaborado con esmero pola nosa compañeira Sara Pérez Cruz.

                  O Orfeón Lucense – Coro da Catedral de Lugo- celebra este Nadal cos máis  fermosos cantos desta época tan especial, dos máis diversos tempos e orixes, co denominador común de ledicia e festa polo Nacemento do Señor. 
    Coas nosas cancións desexamos a todos os que nos escoiten unhas felices festas e un mellor ano 2022, agardando nel saúde e paz para todos.
    Xulio Xiz

    Cartaz de Nadal 2021
    Autora: Sara Pérez Cruz

    sábado, 4 de xaneiro de 2020

    Nadal 2019 na rúa

    Esta agrupación coral participou, como vén sendo habitual, na animación das rúas lucenses neste nadal interpretando os seus cantos. Foi durante os días 2 e 3 do presente mes de xaneiro.

    Ofrecemos unha selección de panxoliñas de diferentes culturas e cantos tradicionais aos ouvintes, a quen agradecemos a súa presenza, a súa participación e o agarimo de sempre.

    As pezas interpretadas nestes recitais foron as seguintes:

    - Linda noite. Popular do Algarve.
    - Na noite máis fermosa. Popular bretón. Arr. V. R. Abeijón.
    - Gabriel, el Ángel. Tradicional vasca. Arr. E. Pettman.
    - Drop, drop slow tears. O. Gibbons.
    - Canto de berce para unha princesa negra. A. R. Sabanés. Arr. D. Antolí i Plaza.
    - Noite de Deus. F. X. Gruber. Arr. X. Castiñeira.
    - Noite boa. X. Castiñeira.
    - La vieja. Tradicional española. Arr. A. Parker e R. Shaw.
    - Ó rama, ó que linda rama. Popular portuguesa. Arr. A. Martins.
    - O voso galo comadre. M. Groba.
    - Cando vexas. Popular galega. Arr. X. Castiñeira.



             Cantando na Praza Maior





    mércores, 11 de decembro de 2019

    Polifonía por kilos

    Un ano máis o Orfeón Lucense participará na iniciativa solidaria Polifonía por kilos obsequiando con música aos ouvintes  a cambio de que aporten alimentos que serán entregados desinteresadamente a quen máis os necesite.

    Este ano correspóndenos actuar na igrexa de San Froilán acompañando a misa maior do domingo, día 15, e dando un pequeno concerto a continuación. O repertorio será o seguinte:

    Misa:
    - Rorate caeli. Gregoriano.
    - Señor ten piedad. X. Castiñeira.
    - Aleluya. I. García Ramos.
    - Deus do universo. A. Olano
    - Zum Sanctus. F. Schubert.
    - Cordero de Dios. A. Taulé.
    - Gabriel, el Ángel. Tradicional vasca.

    Concerto:
    - Drop, drop slow tears. O. Giibbons.
    - Canto de berce para unha princesa negra
    - Linda noite. Popular Algarve.
    - Ya viene la vieja. Tradicional española.
    - Glück zum neuen Jahr. L. Van Beethoven



    domingo, 30 de decembro de 2018

    Nadal na rúa 2018

    Participamos na actividade Nadal pola provincia, organizada pola Deputación de Lugo, animando a rúa cos nosos cantos o 28 de decembro na Porta do Bispo Aguirre, na Praza Maior e na Praza de Santa María. Aquí as imaxes:





    domingo, 9 de decembro de 2018

    Concerto de Nadal do Orfeón Lucense

    O próximo 22 de decembro, sábado, ás 20,30 h., o Orfeón Lucense ofrecerá o seu tradicional Concerto de Nadal, na igrexa de Santiago-A Nova, ao que invita a todos os lucenses.

    O Orfeón, Coro oficial da Catedral de Lugo, que estará dirixido polo seu titular, Marcos Fernández Mosquera, ofrecerá un recital con panxoliñas do folclore galego e de todo o mundo, no que a agrupación estará acompañada por Carlos Rodríguez, violinista galego residente en Bristol (Reino Unido), colaborador do Orfeón nestes últimos anos, que viaxa á capital lucense para disfrutar das vacacións de Nadal.
    Dúas actuacións máis ofrecerá o Orfeón aos  lucenses antes do remate do ano, xa que o próximo 27 de decembro, dentro da campaña “CANTOS DE NADAL 2018” que promove a Deputación Provincial de Lugo,  cantará a misa vespertina (19,30h.) e dará un recital de cantos de Nadal na igrexa parroquial de A Milagrosa, e o 28, ás 20,00h. cantará panxoliñas polo centro da cidade.

    sábado, 2 de decembro de 2017

    Concerto de Nadal

    Todos os anos, coma unha tradición, o Orfeón Lucense ofrece un concerto durante o Nadal co desexo de agradecer aos lucenses a fidelidade e o afecto que recibimos deles, ao longo do ano, cada vez que cantamos.
    Este Nadal non será unha excepción: A véspera da Noiteboa, cantaremos outra vez para que revivan en todos os corazóns as cancións de sempre xunto a pezas completamente novas no repertorio do Orfeón, e mesmo algunha, composta por José Castiñeira, o noso fundador, que non se volveu cantar en décadas e que agora volve brillar, coma un tesouro.
    E non cantaremos sós: cantará connosco o Coro de Nenos da Parroquia de Santiago a Nova, e contaremos co talento de Nacho Samena ao piano e Aquilino Jacob á guitarra.
    Hoxe presentamos o cartel, que xa está na imprenta, e que pronto veredes por toda a cidade para lembrarvos que vos esperamos, como cada ano, para vos felicitar o Nadal.


    luns, 28 de decembro de 2015

    Panxoliñas


    Outro ano máis, e van seis, as panxoliñas interpretadas polas Corais de Lugo inundarán as rúas da cidade durante o Nadal, desde a Praza do Campo até a Rúa da Raíña, pasando polo fondo da Praza Maior, a Rúa San Marcos, a Praza de Santo Domingo, o Mercado de Quiroga Ballesteros ou as Rúas do Bispo Aguirre de San Pedro e do Progreso. Así, o Centro da Cidade será un ano máis o mellor escenario para gozarmos do bo facer duns Grupos Corais, en total once, que van colaborar para que estas datas sexan un pouco máis entrañables.

    O martes,  29 de decembro, desde as 20.00 horas, cantará o Orfeón Lucense na Praza Maior, Praza do Campo e Raíña.

    sábado, 5 de decembro de 2015

    Cartel

    Estamos preparando con moita ilusión o Concerto de Nadal que, como xa é tradición, terá lugar na Catedral de Lugo o próximo día 19 de decembro.
    De momento, xa temos cartel; é obra de Sara Cruz, e é orixinal e moi fermoso. Pronto estará á vista de  todos en tantos e tantos escaparates da cidade, lembrando esta cita anual en que o Orfeón Lucense felicita as pascuas á cidade da que forma parte.

    luns, 9 de febreiro de 2015

    Concerto de Nadal: os vídeos

    Tiñamos a lembranza, tiñamos as fotos pero faltaban os rexistros visuais e sonoros.
    Aínda que con algún retraso, os vídeos do concerto de Nadal que ofreceu o Orfeón Lucense na Catedral están xa na rede, e todo grazas ao bo facer de Santiago Rodríguez. 

    sábado, 3 de xaneiro de 2015

    Concerto ASTELU de Corais


    O Orfeón Lucense participou no I Concerto ASTELU de Corais que tivo lugar na igrexa de San Pedro, xunto ás seguintes agrupacións: Coral San Pedro de Soto del Barco (Asturias), Ecos do Miño (Lugo) e Coral Polifónica de Chantada.
    As pezas que interpretamos foron: Qué bonito niño (anónimo do Cancionero de la Colombina), El tío Pascual (letra de sor Luisa Granero e música de Vila de Forns), Nació nació pastores (de Amadeo Vives), Campana sobre campana e, conxuntamente coas demais agrupacións, Noite de paz (Franz Gruber).

    sábado, 27 de decembro de 2014

    Via Pulchritudinis: Concerto de Nadal

    En homenaxe e lembranza da nosa compañeira María del Carmen Pollán, falecida en xullo de 2014



    Sara Pérez Cruz interpreta como solista o Canto de berce, de R. Groba




    Carlos Rodríguez ao violín e Fernando Ares interpretando o Cant dells ocells, de Pau Casals




    O violinista Carlos Rodríguez interpretando Partita nº2 Allemanda, de J.S. Bach




    Interpretación de The first Noel (John Steiner)  con Carlos Rodríguez ao piano


    Silvia Nadela e Marcos Fernández: What child is this (anónimo, 1871)

    Silvia Nadela interpreta como solista Cantique de Noël, de Adolphe Adam

    Noite de paz, de F. Gruber, con Sissi López López como solista




    Palabras de clausura e agradecemento do noso director, Marcos Fernández