xoves, 24 de novembro de 2022

Concerto de Santa Icía

  Por primeira vez catro coros de Lugo, coa colaboración dos organistas Giulio Mercati e Nicolás Varela e a soprano Lidia Basterretxea, ofrecemos un concerto na Catedral con motivo da festividade de Santa Cecilia.

   Concentus Lucensis, Coro do Hospital, Sólo Voces e Orfeón Lucense dirixidos por Giulio Mercati, Fernando Gómez Jácome e Marcos Fernández Mosquera interpretaron un repertorio coral dos séculos XV ao XVIII na capela do Bo Xesús segundo se pode apreciar no programa do acto que enlazamos a continuación.





   


Misa de Santa Icía

   Como vén sendo habitual o 22 de novembro todos os coros de Lugo honran a padroa da Música e dos músicos cunha misa na Catedral.

    Presidiu a celebración o coengo Prefecto de Música da seo, Luís Varela Castiñeira e tivemos a honra de contar coa colaboración da soprano Lidia Basterretxea e o organista Giulio Mercati que actuaron en distintos momentos.

    Nesta ocasión concurrimos na celebración:

    - Cantar Delas

    - Conxunto Vocal Lugh

    - Coral Amigos do Camiño

    - Coral Ecos do Miño

    - Coro do Hospital de Lugo

    - Grupo Vocal Sólo Voces

    - Orfeón Lucense

    - Orfeón Xoán Montes

    - Schola Gregoriana Lucensis


    Cada agrupación interviu entonando un canto durante unha parte da liturxia. Ao Orfeón correspondeulle abrir a solemnidade co Canticorum Iubilo de G. F. Haendel.

   Finalizou a solemnidade coa actuación de Giulio Mercati ao órgano interpretando unha composición de J. S. Bach.