domingo, 30 de decembro de 2012

Concerto de panxoliñas

Marcos Fernández dirixindo o Orfeón Lucense
O sábado, 22 de decembro, tivo lugar no altar do Bo Xesús da Catedral de Lugo un concerto de Nadal coa participación dos orfeóns Lucense e Xoán Montes, de acordo co seguinte programa:

Orfeón Xoán Montes (dirixido por Miguel Ángel Mouriz Lamas)

Puer natus (Antiga lauda natalicia).
Que ocurre en Judá - Sebastián Valero.
No portal naceu (arranxos de Enrique Alvarellos).
O sol da primavera - José Torres Creo.
Puer natus est (Antiphona ad introitum VII)
Neno que naces tan pobre - Enrique Alvarellos.
Bailan los pastores (anónimo s. XVII)
A maitines - Valdivielso/J. Cantó.


Orfeón Lucense (baixo a dirección de Marcos Fernández)

Dadme albricias (Cancioneiro de Upsala, s. XVII)
Canto de berce - Rogelio Groba.
Nosa Señora (Recompilatorio Galicia canta ao Neno)
El cant dels ocells (arr. Pau Casals) Solista: Silvia Nadela.
Panis angelicus - Cesar Frank. Organista: Nemesio Gutiérrez. Solistas: Silvia Nadela/ Marcos Fernández.
Señor oye mi voz - Antonio Cuevas.
Noche de Paz - Franz Gruber. Solista: Santiago Díaz de Freijo.
Campana sobre campana (arr. José L. Blasco).
Adeste fideles.



O Orfeón Lucense durante a presentación polo seu Presidente, Xulio Xiz



xoves, 27 de decembro de 2012

El cant dels ocells

O fermoso vilancico catalán que popularizara Pau Casals, interpretado polo Orfeón Lucense no concerto de panxoliñas da Catedral. A solista é Silvia Nadela Villarino.

Noche de paz/Noite de paz

O clásico vilancico tal como soou no concerto de Nadal na Catedral de Lugo, baixo a dirección de Marcos Fernández; solista, Santiago Díaz de Freijo.
(Montaxe de Silvia Nadela)

Nosa Señora fai medias

xoves, 20 de decembro de 2012

Os Cantos de Nadal volven hoxe ao centro de Lugo

Os Cantos de Nadal volven hoxe para animar as rúas de Lugo. O programa de concertos de Nadal posto en marcha hai tres anos pola área de cultura da Deputación, en colaboración coas corais de Lugo, chega á súa terceira edición e este ano contará coa participación do conxunto volcal Lugh, o coro Ecos do Miño, a coral Amigos do Camiño de Santiago, o coro Novo Amencer, o coro Cantar Delas, a coral Polifónica do Xeral de Calde, o Orfeón Xoán Montes, a Schola Gregoriana Lucense, a Asociación Cultural Coro de San Antonio, a coral Polifónica Xolda e o Orfeón Lucense serán os grupos encargados de actuar nesta edición.
Os cantos do Nadal interpretados polas corais de Lugo poderanse ouvir nas rúas de lugo hoxe e mañá, así como os días 27 e 28, desde a Praza do Campo ata a Rúa da Raíña, ou a Praza maior.

sábado, 8 de decembro de 2012

Misa da Inmaculada

Como outros anos, o Orfeón cantou na misa solemne en honra da Inmaculada Concepción que se celebrou na Catedral de Lugo e presidiu o bispo da diócese, D. Alfonso Carrasco Rouco.

Programa:
Que hermosa sois
Misa, de F. Palazón
O salutaris hostia, de Lorenzo Perosi.
Benedicat vobis, de Händel.
Más cerca, oh Dios, de Ti, de  Sarah Flowers Adams (versións en español e galego)


xoves, 29 de novembro de 2012

XXV Aniversario da Escola Oficial de Idiomas


Dirixe Marcos Fernández; salón de actos do Conservatorio de Música. 


Programa:

O salutaris hostia (Lorenzo Perosi)
Dadme albricias (villancico s. XVI)
Canto de berce (R. Groba)
Eu de Marín ausenteime
Maite (Pablo Sorozábal)
Va pensiero (Verdi)
Swing low, sweet charriot
Noche de paz
Benedicat vobis.

xoves, 22 de novembro de 2012

Cumpreanos do Padre Mato

Na Nova e coincidindo co día de Santa Cecilia, o Orfeón participou nunha homenaxe ao seu director, Xesús Mato, polo seu 80º aniversario, cantando na celebración da misa e ofrecendo un breve concerto posterior.

(Foto: La Voz de Galicia)
Programa:
(No coro)
Canticorum jubilo
Misa de Palazón: Santo e Señor ten piedad
Misa de Castiñeira: Año de Deus
O salutaris hostia, de Lorenzo Perosi.
Mas cerca oh Dios de Ti
(No altar)
Va pensiero, de Verdi.
Swing low
Canto de berce
Benedicat vobis, de Händel

mércores, 14 de novembro de 2012

venres, 26 de outubro de 2012

Nun libro de Galinova


O Orfeón Lucense, no libro de música de 1º de Eso da Editorial Galinova 



Unha fotografía do Orfeon Lucense co seu Director, Xesús Mato, obtida na escalinata do Pazo Bispal de Lugo, figura entre as ilustracións do libro de MÚSICA, publicado por Galinova Editorial para o primeiro ciclo da ESO.


Das agrupacións corais de Galicia aparecen fotografías, ademais da do
Orfeón Lucense, a da Coral Polifónica El Eco (A Coruña), o Real Coro Toxos
e Frores do Ferrol e a Coral de Ruada de Ourense.

Polo que á provincia de Lugo se refire tamén figura a Banda Municipal de
Chantada, a portada de “Galicia canta ao neno” de Fuxan os Ventos e
cadanseu retrato de Xoán Montes e Florencio, o cego dos Vilares.
O libro, promovido polo equipo didáctico desta editorial coruñesa, editado
en galego e centrado na música desde unha perspectiva galega, enmárcase no
“Proxecto Século XXI”.

X. X. (Orfeón Lucense), 2012-10-24

(en Galicia Dixital)

xoves, 27 de setembro de 2012

Pasamento de Enrique Aguiar (Igrexa de San Pedro)

Familia e Amigos de Enrique Aguiar: O Orfeón Lucense vén de cantar e vai seguir cantando na honra de Enrique, un dos seus compoñentes máis veteranos, e un dos que participaba connosco con maior fervor.
Estou, estamos seguros, de que Enrique nontiña moi claro onde remataba a súa familia e onde comezaban os seus amigos. E nós tampouco, porque Enrique era da familia. No decurso dos anos, os compoñentes deste colectivo van entrando nel. E algúns vanse porque as circunstancias o esixen, e outros quedan toda a vida. Enrique era dos de toda a vida. Amaba o canto con todas as súas forzas. E amaba o Orfeón como só se quere á familia, e á propia vida.
Tenme contado que na súa longa vida de traballo viaxeiro programábase para volver a Lugo a tempo dos ensaios do orfeón. E onte a súa familia confiábame que ten cortado as vacacións, aprazado xuntanzas familiares, para cumprir co que consideraba un deber: cantar no Orfeón.
Nesta súa enfermidade ten asistido como espectador a diversos concertos, e todos llo agradecíamos porque sabíamos da súa devoción, e el sabía que contaba co agarimo de todos nós, gañado momento a momento en máis de tres décadas como compañeiro entusiasta.
E este Corpus, no que o Orfeón -como coro da Catedral- cantou nas solemnidades relixiosas, Enrique subiu as empinadas escaleiras do coro da Catedral, e, situándose xunto a nós, púxose a cantar. Non importaba que a súa voz non soase, impedida polas eivas da enfermidade: el era parte imprescindible do Orfeón, e cantaba con el.
E agora correspóndenos o difícil labor de despedir a Enrique, que deixará de estar fisicamente connosco. Pero sabemos que sempre estará aquí... Dunha banda, porque a súa filla María José forma parte vital da nosa agrupación, co entusiasmo de seu pai. Pero de xeito especial porque a xente como Enrique, entusiasta, alegre, compañeira, pode irse co corpo, que o corpo é feble e cansa, pero quédase coa alma, inmortal, viva sempre, que se reflicte en todos os actos da vida, e en Enrique era manifestación permanente de bonhomía, de participación, de ser e de estar, de trascender.
En ocasións coma esta, eu creo que o Orfeón canta mellor ca nunca, porque tamén lle sae da alma. E o que cantamos é para todos vós, pero especialmente para Enrique, que seguro nos acompaña co canto, no sentimento. A Enrique gustáballe especialmente que Marcos, o noso director adxunto -o primeiro director, Xesús Mato, vai oficiar a misa- cantase a Ave María de Schubert. Porque hoxe cantamos para Enrique as súas cancións, as que deixou pedidas, como o Sweet low, que tamén soará. Hoxe cantamos con Enrique, para Enrique. Porque niso somos tremendamente ricos. Cada un dos compoñentes que se vai déixanos marcados, co seu carácter, co seu entusiasmo, coa súa participación. Enriquécenos.
Enrique era do Orfeón; o Orfeón é de Enrique. Cando cantemos, canta Enrique Aguiar. E todos estamos convencidos de que, agora mesmo, cando aplaudamos, aplaudimos tamén a Enrique, e el correspóndenos   -coma sempre- co seu sorriso de home de ben, familiar, amistoso, de todos nós, noso.
Por Enrique Aguiar, compañeiro e amigo!

domingo, 9 de setembro de 2012

O Cebreiro

O curso abriuse para o Orfeón Lucense no Cebreiro. Dirixidos por Marcos Fernández, cantamos na celebración da Misa do Milagre para a multitude de leoneses e galegos que enchían o campo da festa.





sábado, 23 de xuño de 2012

Arde Lucus 2012

Invitado polo Concello de Lugo, o Orfeón non quixo faltar á festa en que os lugueses e luguesas celebran as súas orixes romanas.
Na Praza do Cantiño, escoltado pola lexión VI e baixo a dirección de Xesús Mato, o Orfeón ofreceu, en palabras do seu presidente, Xulio Xiz, un breve percorrido pola historia da música, con diferentes cancións en latín e galego. Previamente, Ramón García realizou unha breve representación moi aplaudida polos asistentes.



 

domingo, 8 de abril de 2012

Domingo de Pascua

Programa:

Resucitó, de K. Argüello.
Misa Pascual de J. Castiñeira: Señor ten piedad e Gloria.
Aleluia de Josquin des Prez.
Misa Pascual: Cordero de Dios.

Comuñón: Ecce Panis, de J.A. Moreno Fuentes.
Ti é-lo Pan do Ceo.
Reina del Cielo, de J. Castiñeira.

domingo, 1 de abril de 2012

Domingo de Ramos

Debido ás obras de restauración do Altar Maior da Catedral, a Misa de Ramos celebrouse na capela do Bo   Xesús, e o Orfeón cantou desde o triforio.

Programa:
Cantos da Misa a partir do Ofertorio (órgano suave a cargo de D. José Molejón)
Ofertorio: Ave verum, de Mozart.
Santo e Año de Deus, da Misa galega de José Castiñeira.
Comuñón:
Locus iste, de A. Bruckner (a capela).
Más cerca, oh Dios, de Ti.
Canticorum jubilo.