domingo, 31 de marzo de 2019

Grazas, Coro do Liceo de Ourense

Agradecemos á directora, membros do Coro do Liceo e en especial á súa directiva a cálida acollida que nos dispensaron o pasado día 30 nas súas magníficas instalacións. Esperamos volver a ter pronto a ocasión de compartir outra xornada agradable, tanto no eido musical como no persoal. 
Para lembrar esta data recibimos este agarimoso agasallo:





xoves, 21 de marzo de 2019

Concerto no Liceo de Ourense

Estamos preparando desde hai un tempo con ilusión o concerto que daremos xunto coa Coral do Liceo en Ourense. Será o vindeiro sábado, 30 de marzo, ás 19:30. Aquí o cartaz.