Amosando publicacións coa etiqueta Prensa. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Prensa. Amosar todas as publicacións

venres, 8 de xuño de 2018

Titulares

El sacerdote lucense Xesús Mato, entre los distinguidos con las Medallas Castelao


Los carteros rurales y el sacerdote Xesús Mato, Medallas Castelao 2018 

en ABC (07.06.18)

O sacerdote Xesús Mato distinguido coa Medalla Castelao

As Medallas Castelao serán entregadas ós seus beneficiarios o día 28 de xuño
en Xornal de Lemos

Isabel Aguirre, María José Alonso, Jesús Domínguez, Xesús Mato e o colectivo de carteiros rurais, medallas Castelao 2018

na Radio Televisión de Galicia

Os carteiros rurais e un sacerdote, entre os distinguidos coas Medallas Castelao

Medallas Castelao para Xesús Mato, Isabel Aguirre, María José Alonso, Jesús Domínguez y carteros rurales

Estas distinciones galardonan a los gallegos cuya actividad, en cualquier faceta, merezca el reconocimiento de la comunidad


Medallas Castelao a Isabel Aguirre, el sacerdote Xesús Mato y los carteros rurales

en Opinión Coruña

Consello.- El sacerdote Xesús Mato y los carteros rurales, entre los distinguidos con las Medallas Castelao




MEDALLA CASTELAO PARA UN GALLEGO, SACERDOTE EJEMPLAR: DON JESUS MATO MATO. LAS DISTINCIONES PARA LOS MEJORES


sábado, 5 de maio de 2018

Medallas Castelao: Preto de 1.800 adhesións para Xesús Mato


A finais da pasada semana tíñanse remitido á Xunta de Galicia 1.778 adhesións recibidas no Concello de Paradela apoiando a petición de que se conceda a MEDALLA CASTELAO ao crego e musicólogo nado naquel concello Xesús Mato Mato.
Destas adhesións, 1.431 son individuais, e 147 de entidades, asociacións, institucións ou empresas. Entre as últimas adhesións colectivas recibidas hai empresas (Maderas Besteiro, Gráficas Lucenses, Editorial Galaxia…); Centros educativos (Instituto Lucus Augusti, Politécnico, Colexio Ramón Piñeiro, Colexio Fingoi, Escola Aulos…); Parroquias (San Francisco Javier, Alta, Veral, Mera….); Corais (Orfeón Xoán Montes, Ecos do Miño; Rosalía de Castro, Sorozábal e Pleamar, de Bizcaia; Coral do Concello de Sarria…), Asociacións (Círculo das Artes de Lugo, La Unión de Sarria, Casa de Galicia de Santurtzi, Rosalía de Castro de Barakaldo, Centro Galego de Llodio, Asociación Senior de Telefónica ou Voluntarios da Cruz Vermella de Sarria…), Concellos (O Corgo, Páramo…); Asociacións de veciños (Nova Abella, Pena, Guillar, Galegos, Vicinte ou San Mamede dos Ánxeles…); así como de Paradela a Asociación de Mulleres Rurais, S.D. Paradela, ou Montes en Man Común.
En Galicia 24 horas (5.05.2018)

sábado, 28 de abril de 2018

luns, 23 de abril de 2018

"Xesús Mato, medalla Castelao", por Xulio Xiz

O Orfeón Lucense, querendo que se recoñecese publicamente o labor do seu Director emérito, Xesús Mato, pediulle ao seu concello natal de Paradela, que o ten declarado Fillo Predilecto, que solicitase da Xunta de Galicia que lle fose concedida unha das Medallas Castelao deste ano.
O pleno do Concello de Paradela, acordou por unanimidade pedirlle á Xunta esa medalla para Xesús Mato, e desde entón non pararon de chegar ao Concello escritos de apoio de particulares e institucións, sendo xa varios centos as adhesións recibidas. 
O nome de Xesús Mato está xa na nosa historia, pola súa limpa e fonda traxectoria en diversos eidos da vida de Galicia. 
Como musicólogo, investigador e espallador da nosa música, creou coros xuvenís ao comezo dos anos setenta, e deses grupos naceu –el foi o promotor- o mítico grupo Fuxan os ventos, que en 1972 gañou un festival da canción en Mondoñedo (con letra e música de Mato), e conseguíu que os galegos amásemos a nosa música e que as cancions en galego invadisen Galicia. Mato é a alma mater de “Galicia canta ao neno”, que percorreu Galicia cun cento de actuacións de cantos do Nadal no rural onde foran gardados con agarimo durante séculos. E inspirou a aparición do Grupo A Quenlla, sendo o pai musical de persoeiros como Mini e Mero, que tanto dignificaron a canción popular deste país. Foi tamén Director do Orfeón Lucense.
Como xornalista, foi Delegado de Medios da Diocese e redactor e asesor de Radio Popular. Como activista social, foi abandeirado de Auxilia Lugo, a entidade que fixo visibles aos minusválidos da capital e provincia, e que catro décadas despois segue a ter una actividade que sabemos imprescindible.
 Por fin, como crego, na súa primeira parroquia de Lalín impulsou a construción de vivendas para xente necesitada, e despois dunha intensa etapa lucense, retirouse á montaña lucense onde serviu media ducia de parroquias difíciles, ailladas, durante un cuarto de século.
Agora, con 85 anos, vive en Portomarín, dedicado á súa familia, aos amigos, e oficiando a diario a Misa do Peregrino. A Medalla Castelao honrarase, e honrará a memoria de quen toma o nome, se a recibe Xesús Mato.

Artigo de Xulio Xiz en Galicia Dixital (23.04.2018) 

venres, 23 de marzo de 2018

Candidatura

Así titula El Progreso a noticia na súa edición impresa de hoxe, indicando que a corporación aprobou por unanimidade apoiar a candidatura do cura para a distinción; a anécdota vén da errata do subtítulo, cando o xornal, fiel ao seu costume, atribúe a orixe da petición non ao Orfeón Lucense, como corresponde, senón aos nosos compañeiros do Orfeón Xoán Montes. 
Na edición dixital o erro aparece xa corrixido.


venres, 28 de abril de 2017

Lido onte, xoves, por Onda Cero

  


Hoxe vou contar unha pequena historia, que ten relación con Lugo e os lucenses, dun xeito espiritual, entrañable, humano.
         Houbo unha lucense, Marta Blanco Rubio, que viviu en Lugo moitos anos, e en 1985 foi vivir a Don Benito, en Badajoz. No 1995, entrou a formar parte da Agrupacion Coral don Benito, pola súa querencia pola música, e foi compoñente desta agrupación ata a súa morte o pasado 15 de decembro.
         Marta tíñalles falado tanto aos seus compañeiros da Coral da cidade de Lugo, que os componentes desta Agrupación quixeron vir cantar a Lugo en homenaxe á compañeira desaparecida, e para traer á nosa cidade unha mensaxe de amizade musical e de relación humana da que Marta fixo gala durante toda a súa vida.
         Marta era filla da Carlos Blanco Martinez de Velasco, que foi fundador do Rocho Musical que durante moitos anos funcionou no Círculo das Artes, así como tamén promotor da Filarmónica Lucense. Xa de pequena, actuou en Lugo co Rocho musical. E logo foi durante vinteun anos embaixadora lucense en Don Benito, formando parte da súa Agrupación Coral. Morreu aos 77 anos; e 25 días despois morreu o seu home, José Miguel Plantón Meilán,  tamén lucense, e que tamén formaba parte do Rocho musical.
         Para esta homenaxe na nosa cidade, o Coro de Don Benito púxose en contacto co Orfeón Lucense, para que o acompañase como anfitrión nunha actuación que o conxunto lucense lle está organizando para este sábado, ás 8,30 do serán, na igrexa de A Nova. A esta homenaxe musical acudirán familiares de Marta Blanco, que viven en Lugo e na Coruña, e poden facelo tamén todos os lucenses que o desexen. E para rematar a súa estadía en Lugo, a Agrupación Coral de Don Benito, o domingo, cantará a misa da unha da tarde na Catedral lucense.
         Esta é a historia: Desde don Benito en Badajoz, a súa coral, ven a Lugo, esta fin de semana, para –en homenaxe póstuma- cantar na honra dunha lucense– Marta Blanco Rubio- que, ademáis de compañeira, fíxose amiga, e contaxiolles o seu amor, a súa devoción, pola sua cidade de Lugo, e queren transmitirnos aos lucenses a mensaxe fraterna, musical e humana que a nosa veciña lles deixou.
                                                        (Xulio Xiz, Presidente do Orfeón Lucense)

Enlace ao artigo en Galiciadigital, aquí

mércores, 8 de marzo de 2017

Pregón

Este ano, o Orfeón Lucense foi invitado a actuar durante o pregón da Semana Santa, acto que terá lugar o próximo 31 de marzo na igrexa parroquial de Santiago a Nova.


venres, 3 de xuño de 2016

Vésperas

Lugo celebra o sábado 4 de xuño ás 20h na Catedral as Vésperas solemnes da Oitava de Corpus Christi e o domingo a Ofrenda do Antigo Reino de Galicia ao Santísimo, que nesta ocasión será realizada polo alcalde de Ourense Jesús Vázquez.
A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibirá ás autoridades participantes, que se desprazarán, en comitiva, ata a Catedral de Santa María, onde ás 12:00 horas comezará a celebración da solemnidade da Oitava de Corpus, presidida polo bispo de Ourense, Mons. Leonardo Lemos Montanet.
A intervención musical corre a cargo do Orfeón Lucense.
As confrarías de Semana Santa acudirán, cos seus estandartes e bandeiras, á Eucaristía e á posterior procesión. Antes, ás 11:30 horas repartirán bolsas con pétalos na porta da igrexa dos Franciscanos a quen desexen colaborar coa choiva de pétalos ao paso do Santísimo Sacramento polas rúas.
en A nosa voz (3.06.2016)

luns, 23 de maio de 2016

Na prensa

A prensa de hoxe recolle o concerto da onte no Círculo das Artes. El Progreso, fiel ao seu estilo, inclúe unha errata: actuaron onte a Banda Municipal e o Orfeón Lucense (non o Orfeón de Ourense). Sobran comentarios.



xoves, 19 de maio de 2016

O Orfeón con Mans Unidas

O vindeiro domingo día 22 de maio de 2016, ás oito da tarde, no Salón Rexio do Círculo das Artes de Lugo, celebrarase un Concerto benéfico. 

Actuarán a Banda Municipal de Lugo, dirixida por Rosendo Ivorra Jover, e o Orfeón Lucense, dirixido por Marcos Manuel Fernández Mosquera.

 As entradas poden adquirirse no local de Mans Unidas situado na rúa da Cruz, 1 B, 1º de 11 a 13 horas, teléfono 982 25 55 67; ou no propio Círculo das Artes desde unha hora antes do concerto.

Todo o diñeiro recaudado cos 5 euros de donativo que custa cada unha, será destinado aos dous proxectos que a Delegación de Mans Unidas Lugo financia este ano en Honduras e Zambia

xoves, 10 de decembro de 2015

Apertura da Porta da Misericordia

O Orfeón Lucense participará o próximo domingo (III de Advento) nos actos da apertura da Porta da Misericordia da Catedral de Lugo. A cerimonia aparece descrita no número 263 do boletín de información diocesana A Nosa Voz da seguinte maneira:


A celebración será o día 13 de decembro e articúlase en cinco momentos:
1. A statio. Na igrexa dos Padres Franciscanos (Lugo) ten lugar ás 18:30h o saúdo e a monición inicial, a proclamación do Evanxeo e a lectura da parte inicial da Bula de convocación Misericordiae Vultus
2. A procesión, na que se dá gran relevancia ao libro dos Evanxeos: levado polo diácono, é signo de Cristo que camiña diante do seu pobo 
3. A apertura da Porta da Misericordia. A entrada na Catedral ten lugar a través da porta que na fachada principal dá acceso á capela de San Froilán. O Bispo detense e con el toda a procesión; a parada implica, ademais, a apertura da porta e a ostensión solemne do libro dos Evanxeos, palabra de misericordia, primeiro cara ao exterior, logo cara ao interior da Catedral e o canto da antífona «Eu son a porta». O Bispo, levando o libro dos Evanxeos, cos concelebrantes e os ministros diríxese procesionalmente cara ao altar maior. 
4. Memoria do Bautismo 
5. Celebración da Eucaristía

xoves, 23 de xullo de 2015

Falecemento de Gaspar Callejo



Nacido o 25/05/1919 en Palencia, onde foi organista do Seminario de Palencia, da parroquia de S. Andrés de Carrión de los Condes (Palencia).
Ordenouse sacerdote o 6 de xuño de 1943.
Estudou música en Madrid e Barcelona e desempeñou a función de Cóengo-Organista 1º da Catedral de Lugo. 
Compuxo dúas Misas a dúas voces, varias cancións relixiosas e folclóricas.
Faleceu o 21 de xullo. Hai un funeral de irmandade na Catedral o venres 24 ás 11h.