martes, 26 de decembro de 2017

Con Xulio Xiz, Presidente do Orfeón


Acto de entrega da Medalla de Ouro do Concello de Vilalba a Xulio Xiz, xornalista e gran dinamizador da cultura nado neste Concello. Por toda unha vida adicada a colaborar e organizar miles de actos e homenaxes, presentador e mantedor de diversos eventos, e membro do xurado do Certame Literario do Excmo. Concello de Vilalba desde a súa orixe 
Polos seus destacados méritos e polos relevantes servizos prestados ao noso pobo, o Concello de Vilalba fará acto de entrega desta distinción a Xulio Xiz, o venres 29 de decembro ás 20:30h no auditorio municipal Carmen Estévez de Vilalba. Acto aberto a todo o público.
Web do Concello de Vilalba.

luns, 25 de decembro de 2017

Feliz Nadal

E así foi: no serán do sábado, 23 de decembro, cantamos para felicitar o Nadal dos lucenses na igrexa da Nova. Esta é unha foto desa noite especial.


E así o contou a prensa:


sábado, 2 de decembro de 2017

Concerto de Nadal

Todos os anos, coma unha tradición, o Orfeón Lucense ofrece un concerto durante o Nadal co desexo de agradecer aos lucenses a fidelidade e o afecto que recibimos deles, ao longo do ano, cada vez que cantamos.
Este Nadal non será unha excepción: A véspera da Noiteboa, cantaremos outra vez para que revivan en todos os corazóns as cancións de sempre xunto a pezas completamente novas no repertorio do Orfeón, e mesmo algunha, composta por José Castiñeira, o noso fundador, que non se volveu cantar en décadas e que agora volve brillar, coma un tesouro.
E non cantaremos sós: cantará connosco o Coro de Nenos da Parroquia de Santiago a Nova, e contaremos co talento de Nacho Samena ao piano e Aquilino Jacob á guitarra.
Hoxe presentamos o cartel, que xa está na imprenta, e que pronto veredes por toda a cidade para lembrarvos que vos esperamos, como cada ano, para vos felicitar o Nadal.