luns, 19 de decembro de 2011

En Betanzos

O pasado 18 de decembro, o Orfeón Lucense actuou na Aula de Cultura Liceo durante a VI Mostra de Corais 2011 e 43º Festival de Nadal que organizou a Coral Polifónica de Betanzos. Ademais desta, participaba tamén a Coral Polifónica Estradense.
Após a actuación das tres agrupacións tivo lugar un intercambio de obsequios e, tras a visita ao excelente belén móbil instalado na Casa da Cultura, unha cea de confraternidade verdadeiramente cordial.