Amosando publicacións coa etiqueta Outras agrupacións. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Outras agrupacións. Amosar todas as publicacións

martes, 9 de xullo de 2024

VI Noite Coral Lucense

  Ao caer a noitiña do domingo, 7 de xullo, soaron as primeiras notas da presente edición da Noite Coral na igrexa de San Pedro a cargo do Orfeón Lucense.

 A nosa agrupación dirixida polo seu titular, Marcos Fernández Mosquera, interpretou o seguinte repertorio:

   - Allein Gott in der Höh sei EhrFelix Mendelssohn Bartoldy

         Frauta: Abraham Sánchez Pujante

         Clarinete: Lupe Enríquez Parga

   - MorgengesangNiels Wilhelm Gade

   - Heliseb väljadel. Urmas Sisask

         Soprano: Sara Nebra

   - O Magnum Mysterium. Evan Ramos

   - Tollite hostias. Camille Saint-Saëns

   Nesta edición tívose en conta o tempo necesario para os desprazamentos aos distintos lugares de celebración dos concertos, polo que rematado este primeiro, trasladámonos con tranquilidade á segunda escea da noite, a Igrexa de San Froilán,  na que o Grupo Vocal Sólo Voces, dirixido por Fernando G. Jácomeinterpretou estas composicións:

   - I´m gonna sing. André van Ryckeghem

   - Omni die dic Mariae. Grzegorz Gerwazy Gorczyzk

   - Crux Fidelis. Juan A. Moreno Fuentes

   - Ubi caritas. Ola Gjeilo

   - Cantate Domino. Karl Jenkins

   Na igrexa de Santiago da Nova agardábanos un grupo vido da comunidade valenciana, do que é responsable Abraham Sánchez Pujante, director do Departamento de Música Litúrxica da Diócese de Lugo. É Carminis Habitus, unha moi agradable revelación musical para todos os seareiros da Noite Coral. As súas interpretacións, en ocasións cun selo especial, foron as seguintes:

   - Jesu, Rex Admirabilis.  Giovanni Pierluigi da Palestrina

   - Ave Regina Coelorum. Antonio Lotti

   - Ave Maris StellaCarlo Rossini

   - Northern Lights. Ola Gjeilo

   - Jubilate Deo. Wolfgang Amadeus Mozart

   No Círculo das Artes actuou o Concentus Lucensis, dirixido por Giulio Mercati, que interpretou unha única pero extensa obra:

   -  Singet dem Hernn ein neues Lied. Johann Sebastian Bach

   Finalmente, aos coros anteriores uniuse o Gruppo Vocale San Bernardo e todos, acompañados polo Concentus Instrumentalis Lucensis e dirixidos por Giulio Mercati, puxemos un solemne broche á velada musical cunha fermosa peza dun dos últimos compositores da Escola Napolitana do Barroco:

   - Magnificat en Sib maior de Francesco Durante 

   Unha vez máis, foi un gran pracer compartir con todas as voces amigas, chegadas de distintos puntos da xeografía, este fermosísimo tempo de lecer e desfrute no mellor dos enclaves artísticos da cidade. Desde este momento agardamos con ilusión a próxima cita.

   Na imaxe unha instantánea do concerto do Orfeón na igrexa de San Pedro.








domingo, 30 de xuño de 2024

Preparando a VI Noite Coral

   Falta unha semana para que por sexta vez os lugares máis emblemáticos do casco histórico vibren cos cantos dos coros de Lugo.

  A VI Noite Coral Lucense está en preparación desde hai un tempo e será o domingo, día 7 de xullo, cando se poña en escea. 

  Por este orde, Orfeón Lucense, Sólo Voces, Carminis Habitus e Concentus Lucensis  actuarán na Igrexa de San Pedro, San Froilán, Santiago a Nova e Círculo das Artes; respectivamente. A eles unirase o Gruppo Vocale San Bernardo para interpretar na Catedral o Magnificat en Sib Maior de Francesco Durante (1684-1755) acompañados polo Concentus Instrumentalis Lucensis. 

   Merece a pena adicar esta velada a escoitar todo o circuito de concertos sucesivos que comezará ás 20:30 na Igrexa de San Pedro e finalizará na Sé de Santa María.

   Agardamos a vosa presenza! 

   Pica aquí aquí para ver o programa completo.





   


mércores, 18 de maio de 2022

Letras Galegas 2022

  Despois do parón cultural provocado pola pandemia, reanudamos, por fin, un dos actos senlleiros da nosa literatura. No eido da música, cunha xuntanza de todos os coros de Lugo na Praza Maior para honrar as Letras Galegas cantando fermosas pezas na nosa lingua.

 Cada unha das agrupacións corais interpretou dúas pezas no temprete e para finalizar todos xuntos cantamos outras dúas composicións nas escaleiras do fondo da Praza, tal como figura no programa do acto.

 Foi unha estupenda tarde de confraternización na que cantores e asistentes desfrutamos ata o final da música coral en galego. 

 Eventos así deben repetirse con este motivo e con outros porque fomentan a boa relación que xa existe entre as distintas agrupacións á vez que contribúen a que sintamos e respiremos conxuntamente  a Música todos os que somos amantes dela.

 As dúas pezas interpretadas polo Orfeón Lucense foron dirixidas por Marcos Manuel Fernández Mosquera e Silvia Nadela Villarino, respectivamente:

     - Canto de berce para unha princesa negra. A. R. Sabanés.

     - Ao pasar por Camariñas. Trad. galega. Arr.: Julio Domínguez.


  Na imaxe un momento da actuación conxunta de todos os coros no fondo da Praza Maior:



domingo, 11 de xullo de 2021

III Noite Coral

   Vén sendo tradición que nos primeiros días do mes de xullo as voces da cidade de Lugo fagan un circuito de concertos por distintas igrexas do centro como remate do Festival Internacional de Órgano do Corpus Christi. 

  Nesta ocasión Orfeón Lucense, Sólo Voces e Coro do Hospital actuaron nas igrexas de San Froilán, A Nova e Franciscanos respectivamente, para un público reducido por mor da pandemia, pero fiel a este evento que xa suma a súa terceira edición.

   O repertorio interpretado polo Orfeón foi o seguinte:

- Jesu, Rex Admirabilis. G. P. da Palestrina.

- Alma Redemptoris Mater. G. P. da Palestrina.

- Drop, drop, slow tears. Orlando Gibbons.

- Dulcis Christe. Michelangelo Grancini.

- Ave Verum. W. A. Mozart.

- Non Nobis, Domine. Reuben Burrows.

   Finalizou a Noite no claustro da catedral, artísticamente iluminado, coa actuación do Concentus Lucensis entonando polifonía renacentista a sete voces mixtas.

   Enlazamos a continuación un momento da actuación do Orfeón. Ave Verum. W. A. Mozart.

   


sábado, 10 de xullo de 2021

Chegou a Noite Coral

   Hoxe é o Día. Hoxe é a Noite, a III Noite Coral. As Voces da Cidade ofrecerán concertos sucesivos en distintas igrexas, conformando este evento musical que xa vén sendo tradición.

   Orfeón Lucense, Sólo Voces e Coro do Hospital cantarán en San Froilán, Igrexa da Nova e Franciscanos respectiva e sucesivamente a partires das 21 horas. Poñerá punto final a actuación do Concentus Lucensis na Catedral ás 21 horas. Eis o cartel:




luns, 14 de xuño de 2021

Ofrenda do Antigo Reino de Galicia 2021

 Correspondeulle este ano presentar a Ofrenda á cidade de A Coruña, representada nesta ocasión polo concellal de Turismo, Juan Ignacio Borrego, en representación da alcaldesa de dita cidade.

O Orfeón Lucense actuou dirixido por Marcos Fernández Mosquera e acompañado ó órgano por Xabier de Acosta, interpretando o seguinte repertorio:

- Con ledicia vimos. A. Fdez León.

- Señor ten piedade. Misa Galega. X. Castiñeira.

- Contade as marabillas. A. S. Carneiro.

- Aleluia. X. R. Estévez.

- O pan do ceo. X. Portas Ferro.

- Hoc Hic Mysterium. J. Molejón.

- Pange lingua. Gregoriano.

- Tantum Ergo/ Genitori. Gregoriano.

- Cantemos al Amor. J. I. B. de Sagastizábal.


Ademais do Orfeón actuaron na celebración a agrupación tradicional Os Xílgaros interpretando marchas procesinais e Óscar Pérez que ofreceu xunto co organista Xabier de Acosta unha  solemne versión da Marcha do Antigo Reino de Galicia.

Enlazamos a continuación o vídeo do acto, tomado da canle de Youtube da Diócese de Lugo.