Amosando publicacións coa etiqueta Igrexa de San Froilán. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Igrexa de San Froilán. Amosar todas as publicacións

domingo, 11 de xullo de 2021

III Noite Coral

   Vén sendo tradición que nos primeiros días do mes de xullo as voces da cidade de Lugo fagan un circuito de concertos por distintas igrexas do centro como remate do Festival Internacional de Órgano do Corpus Christi. 

  Nesta ocasión Orfeón Lucense, Sólo Voces e Coro do Hospital actuaron nas igrexas de San Froilán, A Nova e Franciscanos respectivamente, para un público reducido por mor da pandemia, pero fiel a este evento que xa suma a súa terceira edición.

   O repertorio interpretado polo Orfeón foi o seguinte:

- Jesu, Rex Admirabilis. G. P. da Palestrina.

- Alma Redemptoris Mater. G. P. da Palestrina.

- Drop, drop, slow tears. Orlando Gibbons.

- Dulcis Christe. Michelangelo Grancini.

- Ave Verum. W. A. Mozart.

- Non Nobis, Domine. Reuben Burrows.

   Finalizou a Noite no claustro da catedral, artísticamente iluminado, coa actuación do Concentus Lucensis entonando polifonía renacentista a sete voces mixtas.

   Enlazamos a continuación un momento da actuación do Orfeón. Ave Verum. W. A. Mozart.

   


sábado, 10 de xullo de 2021

Chegou a Noite Coral

   Hoxe é o Día. Hoxe é a Noite, a III Noite Coral. As Voces da Cidade ofrecerán concertos sucesivos en distintas igrexas, conformando este evento musical que xa vén sendo tradición.

   Orfeón Lucense, Sólo Voces e Coro do Hospital cantarán en San Froilán, Igrexa da Nova e Franciscanos respectiva e sucesivamente a partires das 21 horas. Poñerá punto final a actuación do Concentus Lucensis na Catedral ás 21 horas. Eis o cartel:




mércores, 11 de decembro de 2019

Polifonía por kilos

Un ano máis o Orfeón Lucense participará na iniciativa solidaria Polifonía por kilos obsequiando con música aos ouvintes  a cambio de que aporten alimentos que serán entregados desinteresadamente a quen máis os necesite.

Este ano correspóndenos actuar na igrexa de San Froilán acompañando a misa maior do domingo, día 15, e dando un pequeno concerto a continuación. O repertorio será o seguinte:

Misa:
- Rorate caeli. Gregoriano.
- Señor ten piedad. X. Castiñeira.
- Aleluya. I. García Ramos.
- Deus do universo. A. Olano
- Zum Sanctus. F. Schubert.
- Cordero de Dios. A. Taulé.
- Gabriel, el Ángel. Tradicional vasca.

Concerto:
- Drop, drop slow tears. O. Giibbons.
- Canto de berce para unha princesa negra
- Linda noite. Popular Algarve.
Ya viene la vieja. Tradicional española.
- Glück zum neuen Jahr. L. Van Beethoven