domingo, 21 de xaneiro de 2024

Non descansamos

   Despois da intensidade do Nadal paramos uns días para recargar enerxía, pero xa estamos a traballar de novo nos nosos próximos proxectos: A Semana Santa, o Corpus, a participación no Festival de Órgano e a actuación na VI Noite Coral.

   Sempre é un obxectivo primordial para o Orfeón preparar un extenso e idóneo repertorio co propósito de dar máis brillantez, se cabe, aos actos centrais da Semana Santa e o Corpus, cantando obras propias deste tempo litúrxico.

   Finalizados estes actos, participaremos no Festival de Órgano acompañados por un renomeado organista e con ese fin estamos preparando varias pezas que estrearemos.  

   Como remate do curso, actuaremos na VI Noite Coral, unha interesante  velada musical de concertos nos templos da cidade que rematará coa interpretación conxunta dunha obra polifónica de música sacra a cargo dos coros participantes

   Seguimos, que hai moito que facer...