Amosando publicacións coa etiqueta Actuacións 2019. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Actuacións 2019. Amosar todas as publicacións

luns, 30 de decembro de 2019

Nadal 2019 (VII)

Unha composición moderna interpretada a dúo:

Perhaps love.
Música: John Denver.
Solistas: Marcos Manuel Fernández Mosquera e Francisco Javier Schofield.
Piano: Nacho Samena.







xoves, 26 de decembro de 2019

Nadal 2019 (II)

Hoxe compartimos aquí outra actuación do último concerto de Nadal:

Green finch and linnet bird (do musical Sweetney Tood)
Música: Stephen Sondheim
Solista: Sara Pérez Cruz
Piano: Nacho Samena




luns, 23 de decembro de 2019

Inauguración do belén da Catedral

Esta tarde estivemos ante o belén da Catedral de Santa María realizado pola Asociación de Antigos Alumnos da Escola de Artes Aplicadas.

O Excmo. Sr. Bispo de Lugo inaugurou esta instalación e dirixiu unhas palabras de agradecemento a dita asociación e ao Orfeón Lucense pola colaboración que presta sempre para dar brillantez aos actos que se celebran nesta basílica. Rematou felicitando o Nadal a todos os presentes.

O repertorio interpretado foi o seguinte:

Gabriel, el Ángel. Tradicional vasca. Arr. Edgar Pettman.
- Drop, drop slow tears. O. Gibbson.
- Noite de Deus. F.X. Gruber. Arr. X. Castiñeira.



                            Belén da Catedral de Santa María. 2019

luns, 16 de decembro de 2019

Clausura da Novena da Virxe da Esperanza

O mércores, día 18 deste mes, cumpriremos co noso compromiso habitual na igrexa parroquial da Nova, actuando na clausura solemne da novena da Virxe da Esperanza. 


O Orfeón interpretará o seguinte repertorio:

- Rorate caeli. Himno do Advento. Gregoriano.
- Oh, Señor, que te alaben los pueblos. Salmo.
- Aleluya. I. García Ramos.
- Ave María. T. L. De Victoria.
- Sanctus. F. Schubert.
- Cordero de Dios. A. Taulé.
- Alma Redemptoris Mater. G. P. da Palestrina.


Finalizaremos con dous vilancicos:

- Gabriel, el Ángel. Trad. vasca. Arr. Edgar Pettman.
- Ya viene la vieja. Trad. española. Arr. A. Parker e R. Shaw.




mércores, 11 de decembro de 2019

Polifonía por kilos

Un ano máis o Orfeón Lucense participará na iniciativa solidaria Polifonía por kilos obsequiando con música aos ouvintes  a cambio de que aporten alimentos que serán entregados desinteresadamente a quen máis os necesite.

Este ano correspóndenos actuar na igrexa de San Froilán acompañando a misa maior do domingo, día 15, e dando un pequeno concerto a continuación. O repertorio será o seguinte:

Misa:
- Rorate caeli. Gregoriano.
- Señor ten piedad. X. Castiñeira.
- Aleluya. I. García Ramos.
- Deus do universo. A. Olano
- Zum Sanctus. F. Schubert.
- Cordero de Dios. A. Taulé.
- Gabriel, el Ángel. Tradicional vasca.

Concerto:
- Drop, drop slow tears. O. Giibbons.
- Canto de berce para unha princesa negra
- Linda noite. Popular Algarve.
Ya viene la vieja. Tradicional española.
- Glück zum neuen Jahr. L. Van Beethoven



domingo, 8 de decembro de 2019

Preparando o noso Nadal

Outra vez é Nadal. O Orfeón está preparando desde hai tempo un dos concertos agardados con máis ilusión. 

Cantaremos un variado repertorio composto por pezas clásicas, de música tradicional e moderna de distinta procedencia, interpretadas por solistas ou de forma coral, coas que queremos obsequiar, felicitar  e mesmo sorprender aos nosos ouvintes.

Será o sábado, 21 de decembro na igrexa da Nova.

Eis o fermosísimo cartel artístico que elaborou a nosa compañeira Sara Pérez Cruz para anunciar o evento.

Quedan todos e todas convidados!!!



sábado, 7 de decembro de 2019

Misa da Inmaculada Concepción

Este domingo celebramos a festividade da Inmaculada Concepción. A nosa formación musical acompañará a misa solemne na Catedral co seguinte repertorio:

- Qué hermosa sois! L. Iruarrízaga
- Kyrie/Gloria. F. Palazón
- Aleluya. I. G. Ramos
- Ave María. T.L. de Victoria
- Santo. T. Aragüés
- Cordero de Dios. A. Taulé
- Hija del pueblo, María. A. Taulé
- Alma Redemptoris. G. P. da Palestrina
- Salve Regina. Gregoriano


xoves, 21 de novembro de 2019

Santa Icía

O vindeiro venres, 22 de novembro, celebraremos a festividade de Santa Icía, patroa da Música e dos músicos, cunha misa na Catedral de Santa María na que participarán os diferentes coros de Lugo. 

Cantar Delas, Conxunto Vocal Lugh, Coral Amigos do Camiño, Coral Ecos do Miño, Coral do Hospital Xeral Calde, Coral Xolda, Coro de Fingoi, Grupo Vocal Solo Voces, Orfeón Lucense, Orfeón Xoán Montes e a Schola Gregoriana Lucensis intervirán nos distintos momentos da misa.

Ao Orfeón Lucense correspóndelle nesta ocasión entonar o salmo Contade as marabillas , harmonizado por Isauro García Ramos. 


venres, 11 de outubro de 2019

Misa en latín

Como todos os anos, o día 12 de outubro celebrarase na catedral unha misa dentro dos actos relacionados co Mercado medieval que organiza a Asociación de Antigos Alumnos da Escola de Artes Aplicadas Ramón Falcón.
As pezas que interpretará o Orfeón Lucense son as seguintes:


- Jesu, Rex Admirabilis. G. P. da Palestrina
- Aleluia. Gregoriano
- O salutaris. L. Perosi
- Zum Sanctus. F. Schubert
- Ave María. T. L. Victoria
- Canticorum Iubilo. G. F. Haendel


venres, 4 de outubro de 2019

Misa de San Froilán

O Orfeón Lucense estará presente na Misa do patrón da nosa cidade. O repertorio a interpretar nesta ocasión será o seguinte:

- Procesional de entrada. J. Molejón
- Kyrie. Misa Galega. X. Castiñeira
- Gloria. Misa Galega. X. Castiñeira.
- Contade as marabillas. M. Carneiro
- Aleluya. Isauro G. Ramos
- O pan do ceo. Isauro G. Ramos
- Jesu, Rex admirabilis. G. P. da Palestrina
- Himno a san Froilán. J. Molejón

Feliz Día de San Froilán!!!


domingo, 29 de setembro de 2019

Con Xesús Mato

Este sábado, 28 de setembro, Día dos avós en Paradela, acompañamos ó noso director emérito, Xesús Mato, nun emotivo acto que se celebrou no Mercado de dita vila.
Tras a intervención do alcalde, José Manuel Mato, de Marisol Bravos, da presentación a cargo do noso presidente, Xulio Xiz, e da intervención da Banda de Paradela, celebrouse unha misa, seguida dun pequeno concerto do Orfeón Lucense e un xantar de confraternidade.
Ó remate do mesmo o alcalde pronunciou unhas palabras versando a xuntanza e honrou ao noso director emérito, Xesús Mato. El agradeceu as mostras de cariño e o apoio á súa candidatura á Medalla Castelao que lle foi concedida o pasado ano. Por último a Banda puxo final á reunión.

O Orfeón estivo presente en todo momento aportando a súa música co cariño e admiración de sempre ao noso director emérito e amigo.

Pezas interpretadas na misa:
- Alrededor de tu mesa. F. Palazón
- Halleluja. L. Cohen
- Santo. Misa galega. Xosé Castiñeira
- Quédate, Señor, connosco. A. Viró
- Hija del pueblo, María. A. Taulé

Pezas do pequeno concerto:
- Compañeira. X. L. Rivas Cruz
- O voso galo. Tradicional


venres, 20 de setembro de 2019

Aniversario

O vindeiro domingo, 22 de setembro, celebrarase unha misa na catedral por cumprirse o primeiro aniversario de que a Xunta de Galicia proclamara a Semana Santa Lucense como festa de interese turístico galego. 
O Orfeón congratúlase e espera que o recoñecemento sexa pronto a nivel nacional.

O repertorio que interpretará nesta ocasión é o seguinte:
- Entrada: Alrededor de tu mesa. F. Palazón
- Señor ten piedad, Gloria, Cordero de Dios. F. Palazón
- Salmo: Alabad al Señor que alza al pobre. Elizalde
- Aleluya. I, García Ramos
- Comuñón: Pan de vida nueva. M. Frisina
                   Jesu!, Rex admirabilis. G.P. da Palestrina.












venres, 6 de setembro de 2019

Voltamos!!!






Seis de setembro. O día chegou. 
Voltamos!!! 
Emoción polo reencontro. Novas forzas. A punto para o comezo do seguinte percorrido musical.
Outros retos, outros lugares que se engaden aos xa habituais. Outras persoas...
Benvidos aos novos compoñentes e que as musas e o tesón nos acompañen

venres, 16 de agosto de 2019

Misa da Nosa Señora dos Ollos Grandes

Un alto no tempo de lecer para cantar a misa da Patroa de Lugo, Nosa Señora dos Ollos Grandes. Nesta ocasión o Orfeón interpretou o seguinte repertorio:

    -  Himno a la Virgen de los Ojos Grandes. Julián Ortiz Peña.
    - Misa Pascual. Xosé Castiñeira (Señor ten piedad, Gloria, Santo, Cordero de Dios).
    - Aleluya. Isauro García Ramos.
    - Salmo: De pie a tu derecha está.
    - Ave María. Tomas Luis de Victoria.
    - Hija del pueblo, María. Alberto Taulé.
    - O salutaris. Lorenzo Perosi.
    - Salve Regina. Gregoriano.

Pronto volvemos!!!



                                Foto tomada de El Progreso. 16/08/2019

luns, 8 de xullo de 2019

Noite policoral

Ás 21:00 comezaba a II Noite Coral.
Despois da actuación de Solo voces, Coral do Hospital Xeral Calde e Gruppo Vocale San Bernardo (Saronno, Italia) & Mascoulisse Quartet,  foi o turno do Orfeón que interpretou o seguinte repertorio:

- Cristo al morir tendea. Marc'Antonio da San Germano
- Stabat Mater. Zoltan Kodaly
- Pater noster. Esteban Tozzi
- I see the power of God. Larry Sue

Finalmente todos os coros e solistas entonaron no Bon Xesús, baixo a dirección de Giulio Mercati, a seguinte selección de pezas renacentistas a 12 voces:
- Sapientiam omnium. Jacob Handl
- Superflumina babylonis. Luca Marenzio
- Tota pulchra es, amica mea. Hyeronimus Praetorius.

Inserimos o vídeo da interpretación conxunta desta última composición.




venres, 5 de xullo de 2019

Mañá, II Noite Coral

Como colofón ao Curso de Música Litúrxica Lucense, mañá terá lugar a II Noite Coral. Como xa se dixo no post anterior, é un circuito de concertos interpretados polas voces da nosa cidade que se desenvolverá no seguinte orde:


CONCERTO I: 
Capela de San Roque, 21.00-21.20 h. Grupo Vocal Solo Voces. Dirixido por Fernando G. Jácome
CONCERTO II: 
Igrexa Parroquial de Santiago a Nova, 21.30-21.50 h. Coral do Hospital Xeral Calde. Dirixido por Fernando G. Jácome.
CONCERTO III: 
Igrexa Parroquial de San Froilán, 22.00-22.20 h. Gruppo Vocale San Bernardo (Saronno, Italia) & Mascoulisse Quartet. Dirixido por Giulio Mercati.
CONCERTO IV: 
Igrexa Parroquial de San Pedro, 22.30-22.50 h. Orfeón Lucense. Dirixido por Marcos Manuel Fernández Mosquera
CONCERTO FINAL: Catedral de Lugo, 23.00-23.30 h. Participan todos os grupos anteriores e ademais, Mattia Marelli (órgano). Dirixido por Giulio Mercati.
Esta actividade, fermosa tanto en si mesma como polo feito de reunir aos cantores de diversas procedencias, está organizada polo Centro Eucarístico Lucense, que tén o mérito de facerse visible por iniciativas tan encomiables como a que teremos ocasión de presenciar mañá.
 Quedan todos convidados.




mércores, 3 de xullo de 2019

Preparando a II Noite Coral

Despois do éxito acadado na edición anterior, o vindeiro sábado, 6 de xullo, terá lugar a II Noite Coral
Trátase dun circuito de concertos de diferentes coros da nosa cidade que entonarán música sacra en varios templos de forma sucesiva para facilitar a asistencia a todos eles.
Para rematar, todos os participantes ofrecerán un concerto conxunto no claustro da catedral interpretando polifonía renacentista a 12 voces, dirixidos por Giulio Mercati.
Recomendamos a todos non perder esta fermosa iniciativa.

Adxuntamos o cartel.
   


    

sábado, 29 de xuño de 2019

Ofrenda do Reino de Galicia ao Santísimo. 350 aniversario

   Este ano, especial por ser o 350 aniversario do inicio da Ofrenda do Reino de Galicia ao Santísimo, terá lugar unha Solemne Concelebración Eucarística presidida polo Bbispo de Tui-Vigo, Mons. Luis Quinteiro Fiuza, que recibirá a Ofrenda, e o delegado oferente será o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro. 

O Orfeón participa interpretando o seguinte repertorio:

 - Misa Galega.(Señor ten piedade, Gloria, Santo e Año de Deus) Xosé Castiñeira
 - Con ledicia vimos. Antón Fernández León
 - Contade as marabillas. A.S. Carneiro
 - Aleluya. I. García Ramos
 - Ven, Señor, ás nosas almas. Luís Olano
 - Quédate, Señor,  connosco. Manuel Feixoó
 - Pange lingua. Gregoriano
 - Altísimo Señor
 - Tantum ergo
 - Cantemos al Amor de los amores





venres, 28 de xuño de 2019

Vésperas da Ofrenda ao Santísimo

   Hoxe comezan os actos de celebración da Ofrenda do Antigo Reino de Galicia ao Santísimo da que se cumpren 350 anos.
  Despois da Summa Poética, recital poético-eucarístico que terá lugar no claustro da catedral ás 18:30, acompañado por un grupo de jazz, celebraranse as Solemnes Vésperas da Ofrenda ao Santísimo
   O Orfeón estará presente coa súa aportación musical. Este é o repertorio que interpretaremos:

- Solemnes Vésperas:
        - Ecce panis. J. A. Moreno Fuentes
        -  Salmos
        -  Magnificat (Proclama mi alma). Xosé Castiñeira
        -  Pater noster. Gregoriano
        - O salutaris. L. Perosi

- Misa:
        - Gloria. Misa Alrededor de tu mesa. F. Palazón
        - Aleluya. J.R. Estévez
        - Santo. T. Aragües
        - Cordero de Dios. A. Taulé
        - Pan de vida nueva. M. Frisina
        - Non nobis Domine. A. Burrows
        - Cantemos al Amor. I. Busca de Sagastizábal


     

sábado, 18 de maio de 2019

Día das Letras Galegas no Vello Cárcere

   O Vello Cárcere acolleu neste Día das Letras Galegas a nove coros de Lugo que cos seus cantos honraron a nosa literatura: Coral Lugh, Coral Xolda, Coro do Hospital, Coral Ecos Do Miño, Cantar Delas, Coral Amigos do Camiño,  Orfeón Xoán Montes, Solo Voces e Orfeón Lucense que interpretaron dúas pezas galegas de forma individual. 
   A continuación todas as mulleres entonaron O pensar do labrego, todos os homes, Lonxe da terriña; ambas baladas de Xoán Montes e finalmente todos os asistentes pecharon o acto coa interpretación do Himno Galego.
   Inserimos aquí unha das composicións que interpretou o Orfeón Lucense: O meu amor mariñeiro.