Amosando publicacións coa etiqueta Sara Pérez Cruz. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Sara Pérez Cruz. Amosar todas as publicacións

martes, 8 de xullo de 2025

VII Noite Coral Lucense

    Este sábado, 5 de xullo, tivo lugar un dos eventos esperados polas agrupacións corais que nel veñen participando desde hai anos nestas datas. É a Noite Coral Lucense que xa acada este ano a súa sétima edición.

    Trátase dun itinerario musical que percorre os principais templos do centro histórico levando a música sacra á súa expresión máis elevada nun marco artístico relevante como é o das igrexas da nosa cidade, para acabar cunha interpretación final conxunta de todos os participantes na Catedral de Sta. María.

    Comezou esta vez na Igrexa de S. Pedro coa actuación do Orfeón Lucense dirixido por Marcos Fernández Mosquera, co seguinte repertorio:

  • Jesu, Rex admirabilis. G. P. da Palestrina. Jesu dulcis memoria. Gregoriano.
  • Miserere. G. Donizetti. 
    • Versetto 16. Domine labia mea
    • Versetto 18. Sacrificium Deo
    • Versetto 20. Tunc acceptabis
  • Nunc dimittis. Sir Ch. Villiers Stanford.
        Contrabaixo: Miguel Ángel Marín Calderón       
        Harmonio: Andrés Gutiérrez Fernández
        Dirección: Lupe Enríquez Parga   
  • Sicut lilium inter spinas. M. Raczynski.
  • Cantate Domino. A. Gretchaninoff.
    A esta actuación seguiron a do Gruppo Vocale San Bernardo na Igrexa de San Froilán, de Carminis Habitus na Igrexa da Nova, e de Solo Voces na Igrexa dos Franciscanos; das que se adxuntan os programas na imaxe que enlazamos máis abaixo. Finalmemte confluíron todos os coros na Catedral de Santa María para entoar o Gloria en Re M. de Antonio Vivaldi acompañados do Concentus Instrumentalis Lucensis baixo a dirección de Giulio Mercati.

  Numerosos seareiros da Noite Coral completaron o circuito de recitais nesta velada, moitos dos cales xa nos son caras familiares; sendo a asistencia especialmente numerosa no concerto final, ao que tamén acudiron as autoridades eclesiásticas.

  Foi verdadeiramete emocionante participar neste acontecemento musical que enche de son e arte a noite lucense e na que se dan cita algunhas das  mellores voces da cidade apoiadas por cantantes e instrumentistas profesionais.

  É de agradecer a Luís Varela Castiñeira, que tomou a iniciativa desta actividade; a Abraham Sánchez Pujante, e a Giulio Mercati, director artístico do Festival Internacional de Órgano e da Noite Coral, toda a actividade que vén desenvolvéndose desde hai uns anos na contorna da Catedral para poñer en valor a Música Sacra, os instrumentos valiosos que albergan os nosos templos e os templos en si mesmos; feitos que contribúen a elevar o nivel cultural desta cidade.

  Este concerto marca para o Orfeón Lucense un cambio na súa dirección. O ata agora director titular, Marcos Fernández Mosquera, cesa como tal a petición propia por motivos persoais e toma o relevo Sara Pérez Cruz, Sara Nebra, soprano que está na nosa agrupación desde o tempo en que existía a Escolanía anexa ao Orfeón. Formarán parte do seu equipo Abraham Sánchez Pujante, Director do Departamento de Música Litúrxica da Diócese e Lupe Enríquez Parga.

  É de xustiza agradecer a Marcos Fernández Mosquera a súa adicación ao coro durante máis de trinta anos, primeiro como cantor e nos doce últimos como director. Nesta etapa de crecemento transmitiunos a súa paixón e gusto pola música vocal, tanto profana como sacra, elevando as interpretacións do Orfeón a un moi bo nivel para un coro non profesional. Alegrámonos de seguir contando con el como cantor e como compañeiro ao tempo que lle desexamos felicidade e desfrute nesta nova andadura. 

  Acompañamos o programa completo que se interpretou nesta VII edición da Noite Coral.




mércores, 18 de xuño de 2025

Actuación en el Festival Internacional de Órgano del Corpus Christi 2025

    O pasado luns, 16 de xuño, tivemos a honra de actuar no segundo concerto do Festival de Órgano do Corpus Christi, protagonizado por Stanislav Surin, organista da Catedral de Bratislava.

 Preparamos con especial adicación e meticulosidade esta actuación pola  complexidade vocal dalgunhas das obras interpretadas e polo privilexio que supón ser acompañados por un organista de talla internacional como é o caso do mestre Surin.

   Tras os exercicios previos e cunha numerosa asistencia de público, ás 21:00 situámonos no coro da Catedral coa emoción  propia dun estreo, dispostos a ser conducidos por Marcos Fernández Mosquera, director habitual do Orfeón Lucense.

  O programa, variado e atractivo, estivo composto por obras vocais e instrumentais de compositores pertencentes aos séculos XVI ao XXI, cunha pequena homenaxe a Giovanni Pierluigi da Palestrina no  cincocentos aniversario do seu nacemento.

    O repertorio interpretado pola nosa agrupación coral foi o seguinte:

    - Jesu, Rex admirabilis. G. P. da Palestrina.

    - Ave Maria. T. L. de Victoria.

    - Quaerite primun regnum. W. A. Mozart.

    - Ave verum corpus. W. A. Mozart.

    - Miserere. G. Donizatti:
            Domine labia mea.
            Sacrificium Deo.
            Tunc acceptabis.

    - Nunc dimittis. C. Villiers Stanford. 
       Dirección: Lupe Enríquez.

    - Ave Maria. S. Surin.
       Soprano: Sara Pérez Cruz.

    - Sicut lilium inter spinas. M. Raczynski.

    - Cantate Domino. A. Gretchaninov.

    Rematado o recital, organista e coro desprazámonos ata o altar do Bo Xesús para agradecer os aplausos do público que seguiu o concerto desde dito lugar.

    A continuación pode verse o programa completo deste acto. 




    



        



    

    

luns, 2 de xaneiro de 2023

Concerto de Nadal 2022 (III)

   Francisco Guerrero é xunto con Tomás Luís de Victoria e Cristobal de Morales un dos compositores senlleiros do Renacemento español cuxa extensa obra relixiosa e profana tivo proxección en Europa e nos países pertencentes á coroa española da época.

  Deste autor é Niño Dios d'amor herido, fermosísima peza a catro voces pertencente á colección Canciones y villanescas espirituales que un cuarteto de cantores do Orfeón ofreceu de maneira especialmente harmónica e equilibrada neste concerto de Nadal.

   A continuación inserimos o audio:

    Intérpretes:

       Sara Pérez Cruz, soprano.

       Beatriz Enríquez Parga, contralto.

       Carlos Rodríguez Otero, tenor.

       Marcos Fernández Mosquera, baixo.

   

martes, 13 de decembro de 2022

Nadal 2022

   Pasada a festividade da Inmaculada, comeza para o Orfeón o tempo de Nadal.
Este ano son numerosas e variadas as actuacións previstas. Entre o 18 e o 30 de decembro levaremos os cantos de Nadal a diferentes lugares, como se especifica no fermoso cartaz elaborado pola nosa compañeira Sara Pérez Cruz. Noraboa por este estupendo traballo, Sara!!!




                
                                                  Cartaz de Nadal
                                             Autora:  Sara Pérez Cruz

martes, 14 de xuño de 2022

Concerto dentro do Festival de Órgano

  Por primeira vez o Orfeón Lucense foi convidado por Giulio Mercati a participar no Festival Internacional de Órgano do Corpus Christi. Tivemos a honra de ser acompañados por Misty Schaffert, organista de talla internacional que soubo realzar coa súa sutileza e bo facer as nosas interpretacións.

 O numeroso público congregado na catedral puido desfrutar dun magnífico e variado repertorio para órgano desde o século XVII ata a actualidade e dunha selección de pezas para coro e órgano e coro a capella desde o século XV ata os nosos días.

 Desde o primeiro momento a empatía entre a organista e o coro deu como resultado unha experiencia única, emocionante e enriquecedora que ninguén de nós esquecerá.

  O Orfeón Lucense estivo dirixido por Marcos Fernández Mosquera, a excepción da última composición na que o fixo Silvia Nadela Villarino, actuando como solista na segunda peza Sara Pérez Cruz. O programa completo pode verse neste enlace.

  Eis unha imaxe do concerto. Premendo nela pode escoitarse o audio dunha das pezas interpretadas polo Orfeón: Geistliches lied (Johanes Brahms).




                                 Fonte: Catedral





   


luns, 27 de decembro de 2021

Concerto de Nadal 2021

   A cita habitual que tén o Orfeón Lucense con todos os seus seareiros celebrouse este ano na Catedral. Nun día que invitaba pouco a saír da casa foron numerosas as persoas que acudiron a escoitar o noso Concerto de Nadal.

  Estivo dirixido por Marcos Fernández Mosquera, o seu titular, quen artellou un repertorio moi atractivo para os ouvintes. Foi o seguinte:

    - Qué bonito niño chiquito. Cancioneiro da Colombina. Anónimo s. XV.

    - Dadme albricias. Cancioneiro de Upsala. Anónimo s. XVII. 

             Solista: Sara Pérez Cruz.

    - Drop, drop slow tears. O. Gibbons.

    - En una choza. M. Praetorius.

    - Linda Noite. Popular do Algarve.

    - Noiteboa. X. Castiñeira.

    - Ya viene la vieja. Trad. español. Harm.: A. Parker e R. Shaw.

    - Nosa Señora. 

    - Na Noite máis fermosa. Adap.: V. R. Abeijón.

    - Campana sobre campana. Popular de Andalucía. Harm.: J. L. Blasco.

    - Adeste fideles. J. Reading.

    - Los Reyes Magos. A. Ramírez e F. Luna. 

             Solistas: Dayana Pérez Brandón (charango).

                          Manuel Alejandro Varela González (guitarra).

                          Guadalupe Enríquez Parga (tamboril).