Amosando publicacións coa etiqueta Deputación. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Deputación. Amosar todas as publicacións

sábado, 6 de decembro de 2025

Actuación no acendido do alumeado da Deputación

    Este ano fomos convidados a actuar con motivo do acendido do alumeado navideño da Deputación. Así que o día 4 de decembro dispuxémonos a cantar o noso primeiro recital de Nadal.

  Comezaron o acto Os Bolechas no salón de actos do Pazo de San Marcos presentando o seu libro Unha viaxe por Lugo. Unha provincia natural ante o seu público infantil ao que agasallaron cun exemplar.

    A continuación o Orfeón, nunha carpa situada diante do edificio, ofreceu a primeira parte do seu repertorio, tras a cal o presidente da Deputación acendeu o alumeado que adorna o edificio nestas datas, acto ao que seguiu a interpretación da segunda parte do noso recital.

    O programa ofrecido nesta ocasión, baixo a dirección de Sara Nebra, foi o seguinte:

  • En una choza. M. Praetorius. (*)
  • Nosa Señora. Tradicional de Galicia.
  • The First Noel. Trad. inglés. Arr. John Stainer. (*)
  • No pendello. Tradicional de Galicia.
  • Blue Christmas. Billy Hayes / Jay Johnson. Arr. J. L. Blasco. (*)
  • Puer natus in Bethlehem. Lucas Lossius. Harm. J. S. Bach.
  • Noche de Dios. F. X. Gruber. Arr. José Castiñeira. (*)
  • Gaudete. Piae Cantiones. (*)
  • Noite boa. José Castiñeira.
  • Linda Noite. Popular do Algarve.
  • Transeamus usque Bethlehem. Hubert Cuypers.
  • Con un sombreiro de palla. Tradicional de Galicia. (*)

     Instrumentistas (*):
                   Frauta travesa: Abraham Sánchez Pujante
                   Clarinete, adufe e cunchas: Guadalupe Enríquez Parga.

    Hai que salientar que, dada a climatoloxía, foi meritorio que houbera alguén escoitándonos nunha actuación no exterior, pois o frío e as constantes precipitacións con vento asociado foron as notas do día.


    Para rematar a xornada fomos agasallados cunha invitación no interior do edificio, que agradecemos.

    Enlazamos imaxes tomadas do Servizo de Audiovisuais da Deputación alusivas á actuación do Orfeón Lucense diante do Pazo de San Marcos neste día.







        

        

        

    domingo, 30 de decembro de 2018

    Nadal na rúa 2018

    Participamos na actividade Nadal pola provincia, organizada pola Deputación de Lugo, animando a rúa cos nosos cantos o 28 de decembro na Porta do Bispo Aguirre, na Praza Maior e na Praza de Santa María. Aquí as imaxes:





    luns, 28 de decembro de 2015

    Panxoliñas


    Outro ano máis, e van seis, as panxoliñas interpretadas polas Corais de Lugo inundarán as rúas da cidade durante o Nadal, desde a Praza do Campo até a Rúa da Raíña, pasando polo fondo da Praza Maior, a Rúa San Marcos, a Praza de Santo Domingo, o Mercado de Quiroga Ballesteros ou as Rúas do Bispo Aguirre de San Pedro e do Progreso. Así, o Centro da Cidade será un ano máis o mellor escenario para gozarmos do bo facer duns Grupos Corais, en total once, que van colaborar para que estas datas sexan un pouco máis entrañables.

    O martes,  29 de decembro, desde as 20.00 horas, cantará o Orfeón Lucense na Praza Maior, Praza do Campo e Raíña.