Outro ano máis, e van seis, as panxoliñas interpretadas polas Corais de Lugo inundarán as rúas da cidade durante o Nadal, desde a Praza do Campo até a Rúa da Raíña, pasando polo fondo da Praza Maior, a Rúa San Marcos, a Praza de Santo Domingo, o Mercado de Quiroga Ballesteros ou as Rúas do Bispo Aguirre de San Pedro e do Progreso. Así, o Centro da Cidade será un ano máis o mellor escenario para gozarmos do bo facer duns Grupos Corais, en total once, que van colaborar para que estas datas sexan un pouco máis entrañables.
O martes, 29 de decembro, desde as 20.00 horas, cantará o Orfeón Lucense na Praza Maior, Praza do Campo e Raíña.
Ningún comentario:
Publicar un comentario