Estamos preparando con moita ilusión o Concerto de Nadal que, como xa é tradición, terá lugar na Catedral de Lugo o próximo día 19 de decembro.
De momento, xa temos cartel; é obra de Sara Cruz, e é orixinal e moi fermoso. Pronto estará á vista de todos en tantos e tantos escaparates da cidade, lembrando esta cita anual en que o Orfeón Lucense felicita as pascuas á cidade da que forma parte.
Ningún comentario:
Publicar un comentario