martes, 31 de maio de 2016

luns, 30 de maio de 2016

Corpus Christi



O domingo, 29 de maio, día do Corpus Christi, o Orfeón Lucense, o grupo Solo Voces e a  Banda Filarmónica cantaron na celebración na Catedral de Lugo a Missa Brevis de Jacob de Haan.

luns, 23 de maio de 2016

Na prensa

A prensa de hoxe recolle o concerto da onte no Círculo das Artes. El Progreso, fiel ao seu estilo, inclúe unha errata: actuaron onte a Banda Municipal e o Orfeón Lucense (non o Orfeón de Ourense). Sobran comentarios.



domingo, 22 de maio de 2016

Fotos do concerto

Palabras de presentación de Xulio Xiz,  Presidente do Orfeón lucense

O Orfeón Lucense e, en primeiro termo, a Banda Municipal de Lugo

xoves, 19 de maio de 2016

O Orfeón con Mans Unidas

O vindeiro domingo día 22 de maio de 2016, ás oito da tarde, no Salón Rexio do Círculo das Artes de Lugo, celebrarase un Concerto benéfico. 

Actuarán a Banda Municipal de Lugo, dirixida por Rosendo Ivorra Jover, e o Orfeón Lucense, dirixido por Marcos Manuel Fernández Mosquera.

 As entradas poden adquirirse no local de Mans Unidas situado na rúa da Cruz, 1 B, 1º de 11 a 13 horas, teléfono 982 25 55 67; ou no propio Círculo das Artes desde unha hora antes do concerto.

Todo o diñeiro recaudado cos 5 euros de donativo que custa cada unha, será destinado aos dous proxectos que a Delegación de Mans Unidas Lugo financia este ano en Honduras e Zambia