Amosando publicacións coa etiqueta Belén da Catedral. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Belén da Catedral. Amosar todas as publicacións

martes, 23 de decembro de 2025

Concerto de Nadal, misa e beizón do belén da Catedral 2025

    O Orfeón sempre prepara con moita ilusión e especial agarimo o concerto de Nadal, tanto polo seu contido, especialmente próximo ao público, como por compracer aos nosos seareiros que cada ano acoden nestas datas para escoitar este recital. 

    Este ano a actuación tivo lugar o domingo, 21 de decembro, na capela do Bo Xesús da Catedral de Santa María dirixida pola súa titular, Sara Nebra, interpretando un conxunto de panxoliñas populares e cultas que conformaron o seguinte repertorio:

  • Nosa Señora. Tradicional de Galicia.
  • No pendello. Tradicional de Galicia.      
  • Puer natus in Bethlehem. Anónimo S. XV. Harm. J. S. Bach.
        Solistas:
                     Abraham Sánchez Pujante
                     Beatriz Enríquez Parga
                     David Ocón Ruiz
                     Guadalupe Enríquez Parga
                     Marcos M. Fernández Mosquera
                     Sara Nebra
                     Silvia Nadela Villarino
  • Noite boa. José Castiñeira
  • Transeamus usque Bethlehem. Hubert Cuypers.
  • Con un sombreiro de palla. Tradicional de Galicia. (*)
        Solista
                   Marcos M. Fernández Mosquera

        Instrumentistas (*):
                   Frauta travesa: Abraham Sánchez Pujante
                   Frauta de pico: David Ocón Ruiz
                   Adufe: Sara Nebra
                   Clarinete, adufe, darbuka e cunchas: Guadalupe Enríquez Parga.

    Fixo a nosa presentación D. Luís Varela Castiñeira, coengo da catedral e sobriño do noso refundador D. José Castiñeira Pardo, tras a cal deu comezo o concerto coa asistencia de distintas autoridades eclesiásticas e de numeroso público, aos que agradecemos sempre a súa fidelidade.


    Este ano preferiuse adiantar a actuación a unha hora máis temperá;  por unha parte, para dar tempo ao culto da sé e non rematar demasiado tarde dado o rigor do clima nestes días, e por outra parte, para que o coro puidera intervir na misa posterior ao recital e na beizón do belén que a catedral adoita instalar nestas datas.

    Rematado o concerto acompañamos cos nosos cantos unha misa presidida polo bispo da diócese, D. Alfonso Carrasco Rouco, coa dirección coral de Sara Nebra e o acompañamento ao órgano de Nemesio Gutiérrez na que interpretamos o seguinte repertorio:

  • Ven, Señor ás nosas almas. Luís de Olano.
  • Kyrie en Ré Majeur. Jean Paul Lécot.
  • Aleluia. Isauro García Ramos.
  • Ave Verum. Jean Paul Lécot.
  • Sanctus de Lourdes. Jean Paul Lécot.
  • Agnus Dei de la Messe Peuples de la Terre. Gioachino Rossini. Adapt.: Jean Paul Lécot.
  • Anima Christi. Marco Frisina.
  • La Virgen sueña caminos. Carmelo Erdozáin.

    Finalizada a misa, o prelado, acompañado de varios cargos eclesiásticos, procedeu á beizón do nacemento instalado este ano na nave dereita da catedral, tras o cal o Orfeón interpretou tres panxoliñas:

  • Niño Dios d´amor herido. Francisco Guerrero.
  • En el portalín de piedra. Víctor Manuel San José.
  • Transeamus usque Bethlehem. Hubert Cuypers.

    Finalizou esta intensa xornada para o Orfeón coa gratitude e a felicitación  por parte do señor bispo polo traballo realizado pola nosa formación coral, xesto que sempre agradecemos,  e o desexo dun MOI FELIZ NADAL para todos os presentes.

    Nas imaxes dous momentos da actuación do Orfeón e unha vista do nacemento da Catedral.






    

    

    

    



    

    

    


venres, 20 de decembro de 2024

Dobre actuación

    No mes de Nadal adoitamos ter múltiples compromisos, ata o punto de ter máis dunha actuación no mesmo día. Ese foi o caso do día 19 de decembro, no que tivemos que intervir na Biblioteca Nodal e na inauguración do belén da catedral.

    Na Biblioteca Nodal o repertorio interpretado polo Orfeón Lucense foi o seguinte:


    - Drop, drop, slow tears. O. Gibbons.
    
    - Ecce novum gaudium. 17th century Scottish song books.

    - Es ist ein´Ross´entsprungen. M. Praetorius.

    - Eu hei-de m´ir ao presépio. M. de Sampaio Ribeiro.

    - Natal de Elvas. M. de Sampaio Ribeiro.

    - Na noite máis fermosa. J. E, _Spitman. Adap. V. R. Abeijón.

    - Noiteboa. J. Castiñeira.

    - African Noël. Trad. africano. Arr. V. C. Johnson.

    - Señor, oye mi voz. A. Cuevas Castillo.

    - Ya viene la vieja. Trad. España. Harm.: A. Parker / R. Shaw.

    - Dime, Niño, de quién eres. Popular.    

    - Noche de Dios. F. X. Gruber. Arr.: J. Castiñeira.


    Acto seguido a agrupación trasladouse á catedral para cantar na inauguración do belén que se instala alí habitualmente unha breve selección de panxoliñas.

    Na imaxe o Orfeón nesta actuación ó pé do belén da catedral.









domingo, 12 de decembro de 2021

Inauguración do Belén da Catedral

   Este Nadal a catedral estrea un novo belén. Tén novas figuras e múltiples elementos que compoñen un fermoso conxunto ubicado na Capela da Virxe do Pilar.

   O prelado da diócese, Monseñor Carrasco Rouco, bendeciu a instalación e de seguido o Orfeón ofreceu un pequeno recital de panxoliñas. Este foi o repertorio:

       - En una choza. M. Praetorius.
       - Na Noite máis fermosa. V. R. Abeijón.
       - Noche de Paz. F. X. Gruber.
    
    Monseñor Carrasco Rouco e Marcos Fernández Mosquera, director do Orfeón,  felicitaron o Nadal aos presentes, quedando así inaugurado o Nadal 2021 na Catedral lucense.


     Imaxe central do Belén