Amosando publicacións coa etiqueta Pandemia. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Pandemia. Amosar todas as publicacións

domingo, 11 de xullo de 2021

III Noite Coral

   Vén sendo tradición que nos primeiros días do mes de xullo as voces da cidade de Lugo fagan un circuito de concertos por distintas igrexas do centro como remate do Festival Internacional de Órgano do Corpus Christi. 

  Nesta ocasión Orfeón Lucense, Sólo Voces e Coro do Hospital actuaron nas igrexas de San Froilán, A Nova e Franciscanos respectivamente, para un público reducido por mor da pandemia, pero fiel a este evento que xa suma a súa terceira edición.

   O repertorio interpretado polo Orfeón foi o seguinte:

- Jesu, Rex Admirabilis. G. P. da Palestrina.

- Alma Redemptoris Mater. G. P. da Palestrina.

- Drop, drop, slow tears. Orlando Gibbons.

- Dulcis Christe. Michelangelo Grancini.

- Ave Verum. W. A. Mozart.

- Non Nobis, Domine. Reuben Burrows.

   Finalizou a Noite no claustro da catedral, artísticamente iluminado, coa actuación do Concentus Lucensis entonando polifonía renacentista a sete voces mixtas.

   Enlazamos a continuación un momento da actuación do Orfeón. Ave Verum. W. A. Mozart.

   


domingo, 3 de xaneiro de 2021

Concerto de Nadal 2020

Con aforo limitado e programa e coro reducidos celebramos no altar do Bon Xesús o Concerto de Nadal 2020.

Un total de nove pezas conformaron o recital:

- En una choza oscura. Michael Praetorius. Adap. Xosé Castiñeira.
- Gabriel, el Ángel. Edgard Pettman. Adap. Carlos Rodríguez.
- Linda Noite. Popular portuguesa.
- The First Noel. Harm. John Stainer.
- Canto de berce para unha Princesa Negra. Antoni Rodríguez Sabanés.
- La vieja. Harm. Alicia Parker e Robert Shaw.
- Noite boa. Xosé Castiñeira Pardo.
- Chiquirriquitín. Harm. Oriol Martí.
- Nació, nació, pastores. Amadeo Vives.

Interpretadas fóra de programa:

- Benedicat bovis. George Frideric Haendel.
- Noche de Dios. Franz Gruber. Adap. Xosé Castiñeira.


Nesta ocasión o concerto estivo codirixido por Marcos Fernández Mosquera, director habitual do Orfeón; Silvia Nadela e Lupe Enríquez, compoñentes do coro e Luís Varela Castiñeira, Mestre de Capela da Catedral. Sobre os seus nomes enlazamos os vídeos correspondentes

Despois dun largo tempo sen apenas ensaios e concertos debido á pandemia, esta actuación tivo especial importancia para os membro da nosa formación coral desde o punto de vista afectivo, pois constituiu un punto de encontro desexado por todos.

Aquí unha imaxe do acto: 





xoves, 31 de decembro de 2020

Un programa atractivo

O vindeiro sábado, 2 de xaneiro, estrearemos o ano 2021 musicalmente ofrecendo un Concerto de Nadal reducido, pero non por iso menos atractivo.

O aforo estará limitado en cumprimento da normativa vixente. Non estaremos todos os que somos, pero daremos o mellor de nós mesmos, como acostuma a facer o Orfeón.

O recital constará de nove panxoliñas de diferentes estilos e procedencias. Das clásicas ás tradicionais, das españolas ás estranxeiras, en diferentes idiomas orixinais ou adaptados, tal como figura no programa que se adxunta máis abaixo.

Esperamos compracer aos nosos seguidores, a quen desexamos un 2021 abondoso en SAÚDE e FELICIDADE. 




venres, 25 de decembro de 2020

Ensaiando para o Concerto de Nadal 2020

En tempos de pandemia convén manter o ánimo. Nada como a música que nos une para loitar contra o pesimismo e o illamento. Por iso o Orfeón prepara un concerto de Nadal ben diferente ao doutros anos, tanto pola súa duración como pola asistencia prevista, limitada pola normativa vixente.

Estamos ensaiando con ilusión para ofrecer o día 2 de xaneiro ás 18:30 no altar do Bon Xesús da Catedral un recital breve pero fermoso no que poñeremos todo o que o Orfeón acostuma a dar aos seus seguidores, nunha versión máis reducida, pero se cabe máis íntima e próxima.

Aquí enlazamos o cartaz anunciador publicado pola Catedral.



mércores, 9 de decembro de 2020

Misa da Inmaculada 2020

Con aforo reducido tanto en número de coristas como en asistentes e observando as distancias que marca a normativa vixente, o Orfeón participou na Misa da Inmaculada Concepción deste ano 2020.

Presidida polo prelado da diócese, a parte musical estivo organizada polo Mestre de Capela da catedral e a dirección coral correu a cargo do noso director habitual.

O repertorio foi o seguinte:

- ¡Qué hermosa sois!

- Señor ten piedad. Misa Alrededor de tu Mesa. F. Palazón.

- Gloria. Misa Alrededor de tu Mesa. F. Palazón.

- Aleluya. I. G. Ramos

- Santo. Misa Alrededor de tu Mesa. F. Palazón.

- Cordero de Dios. Misa Alrededor de tu Mesa. F. Palazón.

- Hija del pueblo. A. Taulé.

- Alma Redemptoris. G. P. da Palestrina.

- Salve Regina. Gregoriano.



                                 Inmaculada Concepción. Esteban Murillo

martes, 24 de novembro de 2020

Funeral por Dª Visitación Rouco Varela

O Orfeón Lucense participou na Misa de funeral que se celebrou esta tarde na Catedral polo eterno descanso de Dª Visitación Rouco Varela, nai do Excmo. e Rvdmo. Sr. D. Alfonso Carrasco Rouco, bispo de Lugo.

A cerimonia estivo presidida polo prelado da diócese e concelebrada por diferentes autoridades eclesiásticas procedentes de distintos puntos da península, ademais do cabildo catedralicio. 

Actuou como organista o Mestre da Capela da catedral, D. Luís Varela Castiñeira, e o director habitual do Orfeón, D. Marcos Fernández Mosquera. 

O repertorio elixido para esta  liturxia foi o seguinte:

- No he de morir, viviré. Cesáreo Gabaraín.

- Señor ten piedad. Misa Alrededor de tu Mesa. F. Palazón

- Interleccional. X.  Castiñeira

- Santo. Misa Pascual. X. Castiñeira

- Cordero de Dios. Misa Pascual. X. Castiñeira

- Jesu Rex admirabilis. G. P. da Palestrina





domingo, 21 de xuño de 2020

Ofrenda do antigo Reino de Galicia ao Santísimo

   Coas debidas precaucións no aspecto social e sanitario celebrouse este ano a solemnidade da Ofrenda do Antigo Reino de Galicia na Catedral de Santa María.
  Presidiu a celebración o prelado da diócese, D. Alfonso Carrrasco Rouco, e correspondeulle facer a ofrenda á alcaldesa de Lugo, Dª Lara Méndez López.
   O Orfeón non actuou esta vez como coro habitual da catedral, senón que, dadas as circunstancias especiais que vimos vivindo, invitou a cantar nesta solemnidade a quen quixera facelo a título individual desde a capela do Bon Xesús. Nesta ocasión a dirección estivo a cargo dunha das codirectoras do Orfeón, Silvia Nadela Villarino, momento especial para ela por ser a súa primeira intervención como directora en solitario.
 Acompañou ó órgano o coengo mestre de capela da catedral, D. Luís Varela Castiñeira e á frauta travesa D. Xabier López.
   O repertorio interpretado foi o seguinte:

   - Con ledicia vimos. A. Fernández León.
   - Señor ten piedade de nós. Misa Galega. X. Castiñeira.
   - Gloria. Misa Galega. X. Castiñeira.
   - Contade as marabillas do Señor. M. Carneiro.
   - Aleluya. I. García Ramos.
   - Ubi caritas. Ola Gjeilo.
   - O pan do ceo. X. Portas Ferro e I. García Ramos.
   - Eu creo en ti, Señor. L. Mason.
   - Pange lingua. Gegoriano.

Inserimos a continuación o vídeo da celebración, tomado da canle de Youtube da Diócese de Lugo.



venres, 19 de xuño de 2020

Funeral polas vítimas da covid-19

   Con asistencia numerosa e presidida polo prelado da diócese celebrouse o funeral por todas as vítimas da pandemia na Catedral de Santa María.
   O Orfeón non interviu como tal senón que invitou a quen voluntariamente quixera cantar a título individual, actuando como codirectoras Sara Pérez Cruz e Silvia Nadela Villarino, por este orde na primeira e segunda parte da misa, respectivamente.
   Acompañou ó órgano o mestre de capela da basílica, Luís Varela Castiñeira.
   As pezas interpretadas foron as seguintes:
   
   - La muerte no es el final. C. Gabaraín.
   - Señor ten piedad. Misa Alrededor de tu mesa. F. Palazón.
   - El Señor es mi pastor. F. Palazón.
   - Alleluia. Gregoriano.
   - Jesu, Rex, admirabilis. G. P. da Palestrina.
   - Santo. T. Aragües.
   - Cordero de Dios. A. Taulé.
   - Yo soy el pan de vida. S. Toolan.
   - Pange lingua. Gregoriano.
   - Altísimo Señor. Popular.
   - Tantum Ergo. Gregoriano.
   - Cantemos al Amor. J. I. B. De Sagastizábal.

Inserimos o vídeo da celebración, tomado da canle de Youtube da Diócese de Lugo.





venres, 12 de xuño de 2020

Ensaio distanciado

O próximo domingo, 14 de xuño, cantaremos a Misa do Corpus Christi na Catedral. Como vén sendo habitual nos últimos anos, acompañaranos o Coro do Hospital. Para preparar a actuación celébranse ensaios conxuntos no claustro da basílica, que en tempos de pandemia han de respectar as distancias establecidas entre os coristas.
Acompañamos unha imaxe que ilustra a singularidade da situación.



venres, 13 de marzo de 2020

Quedamos na casa!!!

Ante a pandemia causante de que o goberno decretara o estado de alarma, o Orfeón Lucense acata as normas dictadas polas autoridades e suspende todas as actuacións, ensaios e actos de toda natureza.

A Música segue uníndonos!!