Amosando publicacións coa etiqueta D. Manuel Castro Gay. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta D. Manuel Castro Gay. Amosar todas as publicacións

luns, 14 de outubro de 2024

Misa en Latín 2024

    Cada 12 de outubro a Asociación de Antigos alumnos da Escola de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos Ramón Falcón de Lugo organiza, dentro do programa das festas patronais de San Froilán, un mercado medieval con diversas actividades, entre as que se encontra a celebración dunha misa en Latín.

   Dita asociación convida desde hai anos ao Orfeón Lucense para que acompañe a Misa en latín. Este ano foi celebrada por D. Manuel Castro Gay, un dos poucos sacerdotes que se prestan para esta celebración especial, asistido por membros  de dita asociación e contou cun bo número de fieis, entre os que se podían ver alguns caracterizados con vestimentas medievais.

   A misa tivo lugar na capela de San Froilán da Catedral, ao fondo da cal se situou a nosa coral co director titular para interpretar este repertorio:

   - Adoramuste, Christe. T. Dubois.

   - Kyrie. Misa de Angelis. Gregoriano.

   - Alléluia dit irlandais. F. O. Carroll / L. Deiss.

   - Jesu, Rex admirabilis. G. P. da Palestrina.

   - Sanctus. Misa de Angelis. Gregoriano.

   - Agnus Dei. Messe Peuples de la Terre. G. Rossini / J. P. Lécot.

   - Anima Christi. M. Frisina.

   - Canticorum Iubilo. G. F. Haendel.

   Esta celebración sempre atrae a fieis curiosos que desexan escoitar como era a liturxia dominical antes do 1965, ano no que o papa Pablo VI pronunciou por primeira vez unha misa en italiano, idioma ao que paulatinamente se foron engadindo o resto das linguas do mundo así como o feito de celebrárense cara aos fieis.

   Na imaxe un momento previo ao inicio da misa.




   

venres, 14 de outubro de 2022

Misa en latín

   A asociación de antigos alumnos da Escola de Artes Aplicadas Ramón Falcón de Lugo contou unha vez máis co Orfeón para cantar a Misa en latín que organiza todos os anos coincidindo co mercado medieval do 12 de outubro.

   A celebración estivo oficiada por D. Manuel Castro Gay na capela de San Froilán da catedral coa asistencia de numerosos fieis.

  A nosa agrupación cantou na parte posterior da capela dirixida por Marcos Fernández Mosquera e o repertorio foi o seguinte:

   - Canticorum Iubilo. G. F. Haendel.

   - Kyrie. Misa de Angelis. Gregoriano.

   - Alleluia. Gregoriano.

   - O salutaris. L. Perosi.

   - Sanctus. Misa de Angelis. Gregoriano.

   - Agnus Dei. J. P. Lécot.

   - Ave María. T. L. de Victoria.

   - Benedicat vobis. G. F. Haendel.