Cada 12 de outubro a Asociación de Antigos alumnos da Escola de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos Ramón Falcón de Lugo organiza, dentro do programa das festas patronais de San Froilán, un mercado medieval con diversas actividades, entre as que se encontra a celebración dunha misa en Latín.
Dita asociación convida desde hai anos ao Orfeón Lucense para que acompañe a Misa en latín. Este ano foi celebrada por D. Manuel Castro Gay, un dos poucos sacerdotes que se prestan para esta celebración especial, asistido por membros de dita asociación e contou cun bo número de fieis, entre os que se podían ver alguns caracterizados con vestimentas medievais.
A misa tivo lugar na capela de San Froilán da Catedral, ao fondo da cal se situou a nosa coral co director titular para interpretar este repertorio:
- Adoramuste, Christe. T. Dubois.
- Kyrie. Misa de Angelis. Gregoriano.
- Alléluia dit irlandais. F. O. Carroll / L. Deiss.
- Jesu, Rex admirabilis. G. P. da Palestrina.
- Sanctus. Misa de Angelis. Gregoriano.
- Agnus Dei. Messe Peuples de la Terre. G. Rossini / J. P. Lécot.
- Anima Christi. M. Frisina.
- Canticorum Iubilo. G. F. Haendel.
Esta celebración sempre atrae a fieis curiosos que desexan escoitar como era a liturxia dominical antes do 1965, ano no que o papa Pablo VI pronunciou por primeira vez unha misa en italiano, idioma ao que paulatinamente se foron engadindo o resto das linguas do mundo así como o feito de celebrárense cara aos fieis.
Na imaxe un momento previo ao inicio da misa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario