mércores, 2 de outubro de 2024

Misa e concerto en Paradela

   O día 28 de setembro o Orfeón Lucense desprazouse  a Paradela para asistir  á celebración do Día dos avós e ó mesmo tempo homenaxear ó que foi director da nosa agrupación, D. Xesús Mato.

   O acto tivo lugar no Centro Multiusos da localidade e despois da apertura do mesmo polo noso presidente, Xulio Xiz Ramil, interviron Marisol Bravos, expresidenta de Auxilia; Montserrat Mulet, alcaldesa de Paradela; Xosé Luís Rivas Cruz, Mini e Eva Mato, sobriña de D. Xesús. Todos eles lembraron a figura irrepetible do finado destacando a súa bonhomía e o seu legado.

   A continnuación celebrouse unha misa na que a nosa coral, dirixida por Marcos Fernández Mosquera, interpretou o seguinte repertorio:

   - Aledémonos. J. Castiñeira.
   - Aleluia. I. G. Ramos.
   - Deus do universo. L. Olano.
   - Zum Sanctus. F. Schubert.
   - O pan do ceo. X. Portas Ferro / I. G. Ramos.
   - Más cerca, oh Dios. L. Mason.

   Rematouse a actuación cun pequeno concerto no que soaron estas pezas:
   
   - Compañeira. Trad. galega. Harm. J. Domínguez.
   - O meu amor mariñeiroX. L. Rivas Cruz / B. Blanco.
   - O voso galo comadre. Popular.

   Finalizou a xornada cun xantar de confraternidade. 
   Na imaxe un momento da actuación no Centro Multiusos de Paradela



                          


   

   

   

   

Ningún comentario:

Publicar un comentario